Content-Length: 161783 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Feitos_dos_Ap%C3%B3stolos

Feitos dos Apóstolos - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Feitos dos Apóstolos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pentecoste (Feitos, capítulo 2) representado nun tapiz da segunda metade do século XVIII conservado en Museum Europäischer Kulturen (Berlín)

O libro dos Feitos dos Apóstolos narra a vida do grupo dos primeiros discípulos de Cristo e a súa expansión por Oriente Medio e o Mediterráneo.

Autor e data

[editar | editar a fonte]

O autor do libro é San Lucas, autor tamén do Evanxeo que leva o seu nome. De feito o libro foi concibido como unha segunda parte do evanxeo.

A data de elaboración sería un pouco posterior á do evanxeo, polo que se pode situar sobre o ano 80 ou algo posterior.

Estrutura

[editar | editar a fonte]

Feitos segue o mesmo esquema que xa utilizara o autor no evanxeo. Estrutura o libro como un camiño que vai desde Xerusalén a Roma, da capital do pobo escolleito á capital do mundo. Para simbolizar que o evanxeo, que xa fora anunciado aos xudeus, chega agora a toda a humanidade.

Miniatura do libro Les Grandes Heures du duc de Berry (1407-1409) cos santos Pedro e Pablo bautizando.

O libro céntrase na actividade de só dous apóstolos Pedro e Paulo. Con referencias case anecdóticas a outros:

  • Os capítulos adicados aos "sete diáconos", co martirio de Estevo, que serve ao autor para introducir a personaxe de San Paulo, ou a conversión do ministro de Candaces polo diácono Filipe
  • O martirio de Santiago o Maior (o de Compostela).

A primeira parte do libro céntrase na figura de Pedro e nos primeiros pasos da igrexa en Xerusalén: o inicio da predicación, a relación co xudaísmo, péchase coas primeiras persecucións e a conversión de Saulo, que en diante se coñecerá como Paulo.

Na segunda parte o protagonista e Paulo de Tarso, o libro relata a súa actividade como predicador ambulante e fundador de comunidades cristiás. Nárranse as súas catro viaxes, primeiro en Asia Menor, despois Grecia e, por último, ata Roma. O libro remata coa predicación de Paulo nesa cidade.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Feitos_dos_Ap%C3%B3stolos

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy