Content-Length: 132763 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Hiar

Hiar - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Hiar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hiar, segundo a mitoloxía galega, é un dos fillos de Brigo, o primeiro poboador de Galicia.

Benito Vicetto publica en 1860 o folleto Victor Basben, que contén o texto mitolóxico fundacional no que instaura a logofilia e as personificacións e creación de mitos a partir de topónimos. Nela refírese a Hiar como a filla do patriarca dos Trevas: «A muller do patriarca dos Trevas pariu ao fin no cume da montaña, e deu a luz a unha nena. O patriarca dos Trevas caeu de xeonllos, elevando ao ceo os seus ollos e os seus brazos. -Hiar! Hiar!, berraron as fadas ao redor del, que quería dicir na linguaxe primitiva 'Luz! Luz!'. E a luz brillou no alto dos ceos... Era a pupila de Deus, que se asomaba, no azul do inconmensurable, para ver a Hiar. Cando naceu Hiar, as fadas bailaron ao redor dela, ao compás das harmonías do mar no areal do Eume, e da brisa que axitaba as negras copas dos piñeiros. Cando naceu Hiar, víronse descender mil aves de cores sobre a súa fronte, axitar as súas ás e cantar ao redor dela. Cando naceu Hiar, víronse xurdir mil flores sobre a alfombra dos prados e guindar torrentes de perfumes nos seus cálices abrasados. Cando naceu Hiar, a néboa disipouse, retrocedendo cara ás chairas do océano, na afundida liña do horizonte».[1]

O mesmo autor, na súa Historia de Galicia, di que «outro dos fillos de Brigo que máis se particularizou nos tempos primitivos foi Hiar, que reunía as condicións de cazador infatigable e de animoso pescador». Segundo este autor, ademais de ser un home de mar, como o seu irmán Artai, Hiar tamén era un home dos bosques e da caza. «Nos días plácidos e tranquilos, nos días en que o mar bordaba cos encaixes da súa branca espuma os rochedos da nosa costa, Hiar rivalizaba con Artai en dirixir aos seus fillos polos areais, para procurarse saborosos peixes e exquisitos mariscos. Pola contra, nos días de bruma, nos días de treboada, Hiar volvía as costas ao mar e lanzábase aos bosques co seu caxato e os seus lebreiros, adestrando aos seus fillos nos perigos da caza. A Providencia parecía protexelo nas súas arriscadas expedicións, pois o salvaba milagrosamente as máis das veces, cando internándose nas escuras espesuras das montañas, atopábase cos seus fillos rodeados de innumerables feras. Así como Artai ocupaba cos seus ártabros desde a ría de Betanzos ata o Cabo Fisterra, así Hiar estendeu a brigantina desde o Cabo Fisterra cara á Ría de Vigo».[2]

  1. Vicetto, Benito (1860). Victor Basben: páginas de la vida íntima. Establecimiento tipográfico de Castor Miguez. 
  2. Vicetto, Benito (1865). Historia de Galicia. Tomo I. Nicasio Taxonera. 








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Hiar

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy