Porviso
O porviso ou proviso[1] é un ser da mitoloxía galega, un trasno ou un demo, que aparece de noite adoptando forma de animal, e impídelle alentar á xente mentres dorme.
Características
[editar | editar a fonte]Considérase ás veces un ser rexoubeiro que enreda e procura meterlle medo á xente,[2][3] porén, este ser xeralmente aparece polas noites, impedíndolle á xente alentar mentres dorme.[2][4][5] Represéntase cun rabo longo,[4] adopta a forma de distintos animais e é moi peludo.[5][6] Para escorrentalo hai que persignarse;[3][7] a "flor da auga", que se forma a noite de san Xoán e se recolle pola mañanciña, serve para arredar o porviso, ó igual que todos os demos.[2][8]
Rafael Dieste en A fiestra valdeira (1927) nomea o porviso como diaño;[9] Xosé Miranda considerao como un demo[10] e Xesús Alonso Montero denomínao demo ou demoño.[11]
“ | Xeralmente adoita aparecerse cando se está durmindo. Ti déitaste e esquéceste de persignarte; entón o Porviso ven e pónseche enriba do peito. Ti despertas porque case non podes alentar e notas un peso moi grande. Se queres gritar, non podes, porque a voz marchouche [...] Se botas a man ó peito, podes atopar un gato moi peludo ou un carneiro. O carneiro ten uns cornos grandísimos e moi revirichados e unhas las moi longas [...] a min aparecéuseme en forma de carneiro, e eu tentábao coas mans e só oía a respiración, moi forte, do bicho. Entón o que fixen, que é o que se debe facer, foi persignarme. Nada máis acabar, oín un ruído coma dun brinco, mirei para o chan, e o carneiro [...] desapareceu.[6] | ” |
O porviso na cultura popular
[editar | editar a fonte]Teatro
[editar | editar a fonte]Rafael Dieste menciona o porviso na súa obra de teatro A fiestra valdeira, onde se compara un dos personaxes con este ser.
Literatura infantil
[editar | editar a fonte]O libro O Porviso do patín, escrito por Rocío Pérez Castro e ilustrado por Lidia Brea Pedreira, é un conto infantil.
- Pérez Castro, Rocío (2015). O Porviso do patín. Ilustracións: Brea Pedreira, Lidia. Vigo: Bailarete. ISBN 978-84-941160-4-9.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ R. C. C. 1971, p. 380, "á beira do mar, na fala dos mariñeiros, dise porviso; pero ao nos afastar da ribeira, ouvimos aos labradores proviso".
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Micromitos 037: O Porviso". Galicia encantada. 21-10-2020. Consultado o 26-11-2024.
- ↑ 3,0 3,1 García Rodríguez 1971, p. 355.
- ↑ 4,0 4,1 Reigosa, Antonio (2020). "Guía de campo da Galicia Encantada: Dos seres míticos e dos lugares que habitan". Ilustracións: Noemí López. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9121-646-9.
- ↑ 5,0 5,1 Miranda 2005, p. 37.
- ↑ 6,0 6,1 García Rodríguez 1971, p. 356.
- ↑ Miranda 2005, p. 38.
- ↑ Rey, Nati (22-06-2018). "A flor da auga na mañanciña de San Xoán". Biosbardia. Consultado o 26-11-2024.
- ↑ R. C. C. 1971, p. 380.
- ↑ Miranda 2005, p. 36.
- ↑ Alonso Montero, Xesús (2008). "Lingüística da cautela e da expresividade: sinónimos galegos de ꞌdemoꞌ, ꞌmorrerꞌ (ꞌmorteꞌ), ꞌporcoꞌ, ꞌsacerdoteꞌ e ꞌsapoꞌ". Madrygal: 14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte] O Porviso (2012). Obradoiro "Animando a tradición oral con plastilina" (Biblioteca pública municipal de Rois). Illa Bufarda, dentro do programa da Xunta de Galicia Letras Vivas. |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de porviso |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- García Rodríguez, María do Carme (1971). "O Porviso". Grial (Vigo: Galaxia) (33): 355–357. ISSN 0017-4181.
- R. C. C. (1971). "Proviço e proviso". Grial (Vigo: Galaxia) (33): 380. ISSN 0017-4181.
- Miranda, Xosé (2005). "Casos de posesión diabólica en Galicia. A figura do demo" (PDF). A figura do demo na literatura de tradición oral. Actas da I Xornada de Literatura oral. Escrita Contemporánea (AELG). pp. 36–38. Depósito legal: VG-1293-2005.