Content-Length: 164800 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Gran_Premio_de_Italia_de_1978

Gran Premio de Italia de 1978 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Gran Premio de Italia de 1978

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Italia de 1978
TipoGran Premio de Italia Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1978 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento40 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto de Monza (Monza) 45°37′14″N 9°17′22″L / 45.620555555556, 9.2894444444444 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude5,793 km Editar o valor en Wikidata
PaísItalia Editar o valor en Wikidata
Data10 de setembro de 1978 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoNiki Lauda Editar o valor en Wikidata
Pole positionMario Andretti Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaMario Andretti Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de Italia de 1978 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no Autodromo Nazionale Monza o 10 de setembro de 1978. Foi a décimo cuarta proba da tempada de 1978, o 47º Gran Premio de Italia e o 44º que se celebrou en Monza. Viuse empanado pola morte de Ronnie Peterson logo dun accidente no inicio da carreira.

A falta de tres carreiras, Mario Andretti (Lotus-Ford) lideraba o Campionato do Mundo de Pilotos con 12 puntos sobre o seu compañeiro de equipo Ronnie Peterson. Niki Lauda (Brabham- Alfa Romeo), en terceiro lugar, estaba 28 puntos por detrás de Andretti, e, con só 9 puntos por vitoria, non podería adiantarlle.

Andretti logrou a pole position xunto a Gilles Villeneuve ( Ferrari), con Jean-Pierre Jabouille ( Renault) no terceiro lugar, Lauda no cuarto e Peterson quinto.

Resumo da carreira e morte de Ronnie Peterson

[editar | editar a fonte]

O comisario de saída de carreira foi demasiado rápido, e acendeu as luces vermellas antes de que pararan todos os coches que facían cola na grella, polo que os coches desde o centro da grella cara a atrás practicamente fixeron unha saída lanzada. O resultado foi un efecto de embude dos coches cando se achegaron á chicane, primeiro foi Gilles Villeneuve, seguido de Niki Lauda, Mario Andretti, Jean-Pierre Jabouille, John Watson, Alan Jones, Jacques Laffite, Jody Scheckter e Riccardo Patrese, que superara a James Hunt polo lado dereito, Hunt instintivamente virou á esquerda e golpeou a roda traseira dereita do Lotus 78 de Peterson, ocasionando un accidente no que se viron envoltos outros oito pilotos Vittorio Brambilla, Hans-Joachim Stuck, Patrick Depailler, Didier Pironi, Derek Daly, Clay Regazzoni, Brett Lunger e Carlos Reutemann. O Lotus de Peterson foise contra as proteccións do lado dereito e incendiouse. Estaba atrapado, pero Hunt, Regazzoni e Depailler lograron liberalo dos restos só con queimaduras menores. Foi liberado e colocado no medio da pista completamente consciente, pero con graves lesións nas pernas. Pasaron 20 minutos antes de que chegara a asistencia médica. Brambilla, que quedara inconsciente ao ser golpeado na cabeza por unha roda voadora, e Peterson foron levados ao hospital Niguarda próximo a Milán.

A carreira reiniciouse case tres horas máis tarde, durante a volta de formación para a segunda carreira, o Wolf de Jody Scheckter perdeu unha roda e estrelouse na segunda curva de Lesmo, dobrando o gardarail que estaba situado xusto á beira da pista. Andretti, Hunt, Lauda, Carlos Reutemann e Emerson Fittipaldi foron ao lugar onde se estrelou Scheckter e logo dunha inspección do estado da barreira, se negaron a comezar ata que fora reparada, polo que causaron máis demoras. Debido á cantidade de tempo entre a primeira e segunda carreira, a distancia acurtouse a 40 voltas. A segunda saída produciuse case as 18:00 horas, Villeneuve superou a Andretti no reinicio, pero os dous pilotos foron penalizados cun minuto por adiantarse na saída. Andretti retomou a dianteira a só cinco voltas para o final. Con Jabouille retirado, Lauda foi terceiro por diante de John Watson (Brabham), Carlos Reutemann (Ferrari), Jacques Laffite ( Ligier-Matra) e Patrick Tambay (McLaren- Ford). Dado que todos os que terminaron a menos dun minuto atrás, Andretti e Villeneuve caeron ao sexto e sétimo lugar. Andretti gañara o campionato, pero con Peterson no hospital, as celebracións foron silenciadas.

Logo da cirurxía, Peterson desenvolveu complicacións e morreu ao día seguinte dunha embolia.

Clasificación

[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1 Austria Niki Lauda Brabham-Alfa Romeo 40 1:07:04.54 4 9
2 2 John Watson Brabham-Alfa Romeo 40 +1.48 segs 7 6
3 11 Carlos Reutemann Ferrari 40 +20.47 segs 11 4
4 26 Francia Jacques Laffite Ligier-Matra 40 +37.53 segs 8 3
5 8 Francia Patrick Tambay McLaren-Ford 40 +40.39 segs 19 2
6 5 Mario Andretti Lotus-Ford 40 +46.33 segs 1 1
7 12 Gilles Villeneuve Ferrari 40 +48.48 segs 2
8 14 Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 40 +55.24 segs 13
9 29 Nelson Piquet McLaren-Ford 40 +1:06.83 24
10 22 Derek Daly Ensign-Ford 40 +1:09.11 18
11 4 Francia Patrick Depailler Tyrrell-Ford 40 +1:16.57 16
12 20 Unión Sudafricana Jody Scheckter Wolf-Ford 39 +1 volta 9
13 27 Australia Alan Jones Williams-Ford 39 +1 volta 6
14 33 Italia Bruno Giacomelli McLaren-Ford 39 +1 volta 20
NC 17 Suíza Clay Regazzoni Shadow-Ford 33 +7 voltas 15
Ret 35 Italia Riccardo Patrese Arrows-Ford 28 Motor 12
Ret 7 James Hunt McLaren-Ford 19 Distribuidor 10
Ret 37 Italia Arturo Merzario Merzario-Ford 14 Motor 22
Ret 15 Francia Jean-Pierre Jabouille Renault 6 Motor 3
Ret 6 Ronnie Peterson Lotus-Ford 0 Accidente mortal 5
Ret 3 Francia Didier Pironi Tyrrell-Ford 0 Accidente 14
Ret 16 Alemaña Hans Joachim Stuck Shadow-Ford 0 Accidente 17
Ret 30 Brett Lunger McLaren-Ford 0 Accidente 21
Ret 19 Italia Vittorio Brambilla Surtees-Ford 0 Accidente 23
NSC 25 Héctor Rebaque Lotus-Ford
NSC 10 Austria Harald Ertl ATS-Ford
NSC 9 Países Baixos Michael Bleekemolen ATS-Ford
NSC 18 Italia Gimax Surtees-Ford
NSCP 23 Austria Harald Ertl Ensign-Ford
NSCP 32 Finlandia Keke Rosberg Wolf-Ford
NSCP 36 Alemaña Rolf Stommelen Arrows-Ford
NSCP 38 Italia Alberto Colombo Merzario-Ford

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio dos Países Baixos de 1978
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1978
Carreira seguinte:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1978
Carreira anterior:
Gran Premio de Italia de 1977
Gran Premio de Italia Carreira seguinte:
Gran Premio de Italia de 1979
  • Líderes por volta: Jean-Pierre Jabouille 5 voltas (1-5); Niki Lauda 35 voltas (6-40).
  • Debido á longa demora para limpar os restos do accidente da primeira volta, a carreira acurtouse a 40 voltas das 52 iniciais, para evitar a escuridade.
  • Harald Ertl non puido pre-cualificar o seu Ensign pero tivo outra oportunidade cando o piloto alemán Jochen Mass resultou ferido.
  • Última carreira: McLaren M23 (pilotado por Nelson Piquet)
  • O accidente de Peterson garantiu a Andretti o Campionato de Pilotos a falta de dúas carreiras.
  • Última carreira gañada por Alfa Romeo na Fórmula 1, xa sexa como construtor ou como fornecedor de motores.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Gran_Premio_de_Italia_de_1978

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy