Content-Length: 73923 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Narbasos

Narbasos - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Narbasos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os narbasos (latín: narbasi) eran un pobo galaico da Gallaecia, situado dentro do convento xurídico bracarense. A súa situación actual é difícil de precisar, mais deberon ocupar a zona oriental dos Tras-os-Montes, Portugal.

As fontes acerca deles son escasas, pois só son citados por Tolomeo, Geographia, 6, 49, que nomea á par o Forum Narbasorum, como o seu centro. Na orde de citación seguida por Tolomeo, son indicados despois dos lubenos, citando, a continuación dos narbasos, un pobo xa celtibero: os vacceos.

Redución xeográfica

[editar | editar a fonte]

O feito de que fosen citados antes dos vacceos, levou a unha boa parte dos historiadores (Contador de Argote, Manuel Murguía, Cortés López), a situalos no extremo oriental do Norte portugués, en boa medida nos arredores de Braganza. Só Jorge de Alarcão os sitúa nas proximidades da serra do Gerês (o Xurés dos galegos).

En Hidacio cítanse uns montes Nerbasos, posibelmente relacionados, onde libran combate suevos e vándalos asdingos, no ano 420, pero con datos imprecisos.

As fontes epigráficas, practicamente nulas, non axudan a mellorar as tentativas para localizalos mellor.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Narbasos

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy