Retegal
Aparencia
Retegal | |
---|---|
Retegal en Bailadora, Ares. | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1997 |
Localización | Avda. Fernando de Casas Novoa, nº 35B, 3º C-D. 15707 Santiago de Compostela, A Coruña |
Industria | Telecomunicacións |
Produtos | Servizos de telecomunicacións |
[ editar datos en Wikidata ] |
Retegal, Redes de Telecomunicación Galegas S.A, é unha empresa pública propiedade da Xunta de Galicia con sede en Santiago de Compostela.
Historia
[editar | editar a fonte]A empresa pública creouse polo Decreto 58/1997, do 20 de decembro. Retegal xestiona e explota as infraestruturas de telecomunicacións da Xunta de Galicia. Retegal distribúe o sinal da CRTVG en Galiza. As súas infraestruturas tamén son empregadas en alugueiro por outros operadores de telecomunicacións.
Infraestrutura
[editar | editar a fonte]Retegal ten máis de 140 centros de radiodifusión. Retagal emprega tecnoloxía de Egatel.