Saltar ao contido

Álvaro Cunqueiro

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaÁlvaro Cunqueiro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Álvaro Cunqueiro Mora Editar o valor en Wikidata
22 de decembro de 1911 Editar o valor en Wikidata
Mondoñedo, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de febreiro de 1981 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
O Grove, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio vello de Mondoñedo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, novelista, xornalista, gastrónomo, poeta Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía, novela, drama
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeElvira González-Seco Seoane [1] Editar o valor en Wikidata
Fillos2: César (1941)[2] e Álvaro (1944) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0192487 BNE: XX894064 Bitraga: 298 AELG: 407 BUSC: cunqueiro-alvaro-1911-1981 Dialnet: 2145765 WikiTree: Cunqueiro-24 Editar o valor en Wikidata

Álvaro Patricio Cunqueiro Mora[3] (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro[4]) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e da literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963[5]. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965. Investírono doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela en 1980 e recibiu o Pedrón de Ouro no mesmo ano. Tamén en 1980 apareceu o I volume da súa Obra completa, e postumamente os volumes II (1982) e III (1983). En 1991 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Ao longo da súa vida chegou a usar os seguintes pseudónimos: Al Farish ibn Iaquim Al Galizi, Álvaro Labrada, Ariel García, Benito Moirón, Carlos Sobrado, Cristóbal Xordán, M. Mª Seoane, Manuel da Fonte, Mark Tapley, Patricio Mindonio, Patricio Mor, X. Berenguer, Xusto Cabarcos e Filón o Mozo.[6]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu pai era Joaquín Cunqueiro Montenegro, nado en Cambados, de profesión boticario, e a nai Josefa (Pepita) Mora Moirón, filla dun militar de Cachán (Riotorto).[7] O matrimonio tivo cinco fillos, dous deles morreron precozmente. Vivían na rúa Méndez Núñez, nº 1 de Mondoñedo, e a botica estaba instalada nos mesmos baixos do pazo episcopal mindoniense.[8] Os pais souberon transmitirlle ao seu fillo un rico legado de coñecementos sobre botánica, zooloxía, farmacoloxía e natureza. Ademais a nai era recordada pola súa capacidade para a invención de contos para engaiolar os fillos.[9]

Placa da casa onde naceu.

Xa de pícaro lle gustaba ler, en especial lecturas populares da época, como noveliñas sobre Buffalo Bill e de FitzRoy, e el mesmo conta como escribiu a súa primeira novela ao xeito das do oeste na que os brancos falaban o castelán e os indios o galego (os indios vencían os brancos). Xa un pouco máis grandiño dedicaba tempo para ler poesía que lle aconsellaba o seu amigo José Ramón Santeiro.

Estudou o bacharelato no Instituto Xeral e Técnico de Lugo (1921), e na capital luguesa fixo boa amizade con Evaristo Correa Calderón e Ánxel Fole. Matriculouse na facultade de Filosofía e Letras (sección de Historia[9]) da Universidade de Santiago de Compostela en 1927, á que tivo escasa dedicación nos seis cursos nos que estivo matriculado[10] entre o 1927-1928 e 1935-1936, para dedicarse ao seu labor como xornalista e como escritor. Na súa etapa compostelá acudía regularmente aos faladoiros do café Español e entre os seus mellores amigos figuraban Francisco Fernández del Riego, Domingo García-Sabell, Gonzalo Torrente Ballester, Ricardo Carballo Calero, Carlos Maside e Xosé Eiroa. Descubriu así a obra de autores como William Butler Yeats, Rainer Maria Rilke, André Breton, Paul Verlaine e outros vangardistas que deixarán pegada nos seus primeiros poemarios.[11]

Carta de identidade de alumno da Facultade de Filosofía e Letras.[12]

Durante a Segunda República falou en Ribadeo nun mitin da Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) e afiliouse ao Partido Galeguista. En 1932 coñeceu a Federico García Lorca e librou do servizo militar por estreito de peito.[8] A sublevación dos militares en 1936 sorprendeu a Cunqueiro en Mondoñedo, e por influencia da súa familia, moi conservadora, non foi obxecto de represalias, pero mudouse a vivir a Ortigueira, onde o crego de Abadin, Daniel Pernas Nieto, amigo de seu pai, era capelán do Hospital-Asilo daquela vila. Pernas conseguíulle unha praza de profesor na Academia de bacharelato Santa Marta, que estaba dirixida polo crego vilalbés Jesús Márquez Cortiñas. Na capital do Ortegal,[13] á que chega en outubro de 1936, faríase amigo de Feliciano Crespo Bello, xefe comarcal da Falanxe, que o protexería, e nomearía xefe comarcal de Prensa e Propaganda. En Ortigueira sería redactor dun semanario falanxista local de nova creación, Era Azul.[9] pois se afiliaría á Falange Española. Os artigos en Era Azul chamaron a atención de Jesús Suevos, xefe territorial da Falanxe en Galicia e director de El Pueblo Gallego, que lle pediu en maio de 1937 que entrase na redacción do xornal, no que xa colaborara antes da guerra. Aceptou e marchou para Vigo. Durante esa estadía en Vigo tamén ensinou, durante un curto período de tempo, lingua portuguesa no instituto da cidade.

En novembro de 1938 fixou a residencia en Donostia e cando a ocupación de Madrid polo exército franquista, Cunqueiro estableceuse alí o 29 de marzo. Un desagradábel incidente co embaixador francés truncou a súa carreira de xornalista. O escritor incumpriu o seu compromiso de escribir uns artigos sobre o Camiño de Santiago, logo de percibir por iso unha cantidade.[9] A retirada do carné profesional en 1944, imposta como sanción, limitou o que viña sendo desde algúns anos o seu medio de vida.[14] Volveu a Mondoñedo en 1947 e produciuse un afastamento do pensamento franquista. Nesta década estivo no cárcere[15]. A partir de 1960 exerceu como cronista oficial de Mondoñedo e no ano seguinte estableceuse en Vigo, traballando para Faro de Vigo. O 23 de abril de 1961 a Real Academia Galega elixiuno como académico de número[16] por 23 votos a favor, 6 abstencións e 1 en contra, proposto por Ricardo Carballo Calero, Domingo García-Sabell Rivas, Aquilino Iglesia Alvariño e Ramón Otero Pedrayo. Dous anos despois leu o seu discurso de ingreso, Algunhas imaxinaciós sober tesouros[17], respondido por Francisco Fernández del Riego.

Cunqueiro, Fernández del Riego e Carballo Calero en Compostela nos anos trinta.

O primeiro Cunqueiro foi fundamentalmente poeta e despois da guerra civil española dedicouse sobre todo á narrativa e ao xornalismo. Foi un escritor polifacético e a súa extensa obra literaria abrangue os eidos xornalístico, poético, narrativo e teatral, sen esquecer os seus traballos de tradución. Segundo o Diccionario da literatura galega:[18]

"Tal capacidade integradora alcanza o esmero dunha lingua culta e vangardista que, sen embargo, parece enfornada no rexistro oral, no contar "coma quen come pan", deste gran fabulador de "felicísima memoria deformante", que revolucionou o noso panorama e é hoxe considerado como a súa figura máis importante neste século."

Segundo o portal da Lingua Galega:[19]

"A súa obra caracterízase pola superación do concepto tradicional dos xéneros. Nela harmonízanse a fantasía -da recreación de figuras e mitos- co pragmatismo, as esencias do mundo popular galego co eco intertextual. A lingua empregada, culta e vangardista, enfócase dende o punto de vista da oralidade, feito este que revolucionou o panorama literario galego. Xunto á súa actividade estritamente literaria e ao xornalismo asinou outros traballos, como conferencias, libros de viaxes e mesmo obras gastronómicas".
1933, Ourense. Banquete galeguista homenaxe a Emilia Docet e a Manuel Luís Acuña. Na foto, entre outros: Risco, Ramiro Isla, Leuter González, Cunqueiro, Otero Pedrayo, María Luz Morales, Blanco Amor, Xoán L. Ramos Colemán e Manuel Peña Rey.

Cunqueiro mantivo unha actitude crítica e escéptica co pasado celta de Galicia, cualificando o celtismo galego coma un mito.[20][21] Foi o autor da famosa cita Mil primaveras máis para a lingua galega, que figura na súa sepultura "Eiqui xaz alguén, que coa súa obra, fixo que Galicia durase mil primaveras máis", xunto con outra que reza "Loubado seña Deus que me permitiu facerme home neste grande Reino que chamamos Galicia".

Xornalismo

[editar | editar a fonte]

Na súa primeira estadía compostelá foi redactor e colaborador de diversos xornais e revistas coma El Pueblo Gallego. De volta en Mondoñedo, participou no movemento editorial dos anos trinta promovendo a aparición de varias publicacións (inseridas no ambiente vangardista da época) como Papel de color, Editorial Un, e Galiza, da que editou o primeiro número o 25 de xullo de 1930.[11]

Anos máis tarde colaborou e dirixiu en Ortigueira a publicación local falanxista Era Azul. En 1937 entrou na redacción de El Pueblo Gallego como encargado da parte literaria e colaborador de asuntos actuais. En novembro de 1938 fixou a residencia en Donostia e entrou na redacción de La Voz de España. Tamén foi subdirector de Vértice, publicación da Delegación Nacional de Prensa e Propaganda, revista na que publica La historia del caballero Rafael (1939), a súa primeira narración en castelán. Xa en Madrid o 29 de marzo e incorporouse á redacción do ABC.

Placa na casa da rúa Marqués de Valladares de Vigo na que viviu.

Desde 1961 traballou no Faro de Vigo como colaborador fixo. Desde novembro de 1964 exerceu como director de Faro de Vigo e Faro Deportivo, dirección que abandonou voluntariamente en 1970.[22] Deixou innumerábeis artigos en xornais como Vallibria, La Voz de Galicia, El Progreso e Faro de Vigo e revistas como El Escorial ou Fantasía.[23]

Cunqueiro sempre se definiu como poeta,[4] con todo, a obra poética foi descoñecida ou considerada menor ata a publicación conxunta en Obra en galego completa, I (1980), que posibilitou o acceso a uns libros non reeditados ou esquecidos perante a importancia da súa prosa. Apenas lida, a súa poesía viña sendo identificada co neotrobadorismo, nunha lectura sim­plista e fragmentaria.

Mar ao norde (1932) é a súa primeira obra cun sincretismo vangardista con algo de cubismo ou creacionismo. Son poemas breves nos que se opoñen o mar e a terra, e a illa é o centro na última parte. Segundo Xosé Ramón Pena:[24]

Díxenlle á rula: Pase, miña señora!
E foise polo medio e medio do outono
por entre as bidueiras, sobre o río.


            —   Cunqueiro. Herba aquí ou acolá.[25]
"Mais estoutro mar de Cunqueiro resulta, polo contrario, un mar situado "Máis alá", un mar abstracto, despoboado de calquera referencia que permita establecer os fíos entre a experiencia e a propia experiencia metaforizada: Mentres en Manuel Antonio o mar é suxeito da poesía (activo) ou subxectiva de quen poetiza, no de Mondoñedo, o mar é simplemente obxecto (pasivo) onde poetizar."

Poemas do si e non (1933) está na liña do surrealismo e semella un especial conto erótico, unha historia de amor (desamor, elexía do amor) que ten lugar nunha verdadeira irrealidade espazo-temporal (engade Xosé Ramón Pena). Cantiga nova que se chama Riveira (1933) achégase á tradición, converténdose no máis importante libro de poemas do neotrobadorismo galego e recuperando a forma das cantigas medievais inzada de imaxes novas. As orixes do libro están na lectura das cantigas de amigo e nas cantigas de amor de José Joaquim Nunes. Dona do corpo delgado (1950) contén poemas confidenciais, nostálxicos, herméticos e tamén neotrobadorescos. Herba aquí e acolá (1980) recolle poemas das últimas décadas. Está dividido en dúas partes: "As historias" e "Vellas sombras e novos cantos". Está considerado como un verdadeiro testamento literario do autor.[4]

O primeiro Cunqueiro foi fundamentalmente poeta, de xeito vangardista, neotrobadoresco e culturalista.

Amancio Prada puxo música a varios poemas de Álvaro Cunqueiro en A dama e o cabaleiro (1987).[26]

Narrativa

[editar | editar a fonte]

Nos anos 40 e 50 comezou a dedicarse principalmente á narrativa, publicando:

Fragmento de Merlín e Familia.

A condición de "novelas" das tres primeiras foi posta en dúbida debido ao seu carácter fragmentario e á particular estrutura baseada fundamentalmente na suma de relatos. E a cualificación de "retratos" ou de "semblanzas" das segundas minguou por veces o seu carácter narrativo encadrándoas na descrición costumista. Os relatos curtos achegan o lector á realidade especificamente galega, a dun mundo a piques de desaparecer, e son máis realistas. As novelas mesturan moitos elementos: o mundo galego, a tradición clásica greco-latina, a tradición oriental, a materia da Bretaña, a cultura en xeral.[9]

Cunqueiro fixo convivir mitos tirados de tradicións diferentes. Ademais, as súas narracións están protagonizadas por persoas cos seus soños, as súas teimas, os seus sentimentos e, por enriba de todo, a súa imaxinación.

Na súa Historia da Literatura Galega IV Xosé Ramón Pena estuda amplamente as diferentes visións dos críticos literarios sobre a obra do escritor de Mondoñedo: a literatura de evasión, a reinvención dos mitos, o posible realismo máxico...[27]

Praza do Humor (antigamente praza dos Ovos), A Coruña.

De 1932 é a breve Rúa 26 (Diálogo limiar), na que dous homes, en posición perfectamente verosímil, ollan cun anteollo de longa vista dentro dun vaso de auga. Segue Xan o bó conspirador (1933), que ofrece a confrontación, no fondo dun espello, entre o home tradicionalista, cálido e fino, e o espírito revolucionario dun home, calculador e materialista, que non ten historias que contar.[28] En Función de Romeo e Xulieta, famosos namorados (1956), que aparece entre as historias que lle acontecen ao Sochantre de Pontivy, alúdese á obra de Shakespeare e intégrase o texto na novela As Crónicas do Sochantre. A anécdota fabulada e relatada nas crónicas desenvólvese por medio dunha representación teatral all’improviso de acordo coas normas de representación da Commedia dell’ Arte.[29] Ofrécese unha visión absurda que se adianta aos principais representantes do absurdo europeo como E. Ionescu.[30] A máis salientábel é O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1958), na que Cunqueiro presenta unha versión persoal do mito de William Shakespeare. A novidade que Cunqueiro achega é o feito de considerar a Hamlet fillo do usurpador, co que as súas relacións coa nai se converten en edípicas e tócase o tema da culpa.

En 1960 acada o Premio Valle-Inclán de teatro no marco do Certame Literario do Miño coa obra A noite vai coma un río. A peza, publicada en 1965, está protagonizada polo personaxe de dona Inés de Valverde e segundo Laura Tato Fontaíña:[31]

Álvaro Cunqueiro abandona os mitos para realizar «unha pequena obra mestra» na que predomina o elemento lírico. A obra mantén a unidade coa presenza de dona Inés e da súa ama Modesta, por cuxa torre van pasando os fuxitivos dunha guerra. Estes personaxes secundarios son quen alimentan o soño de dona Inés para provocar, de súpeto, a súa decepción, pois ela decátase de que nunca atopará o seu verdadeiro amor e quedará condenada á soidade.

Palabras de víspera (1974) está protagonizada polo rei Afonso VI de León antes da Xura de Santa Gadea, coa súa irmá Urraca polo medio. Autor dalgunhas pezas máis, aínda que no seu tempo o seu teatro non foi ben comprendido, si ten mérito pola actualización de mitos e a súa vocación intemporal e universal.

Gastronomía e viaxes

[editar | editar a fonte]

Ademais da súa actividade como xornalista e como literato, hai que destacar a súa dedicación ao mundo da cultura, con múltiples conferencias, relatorios etc. Foi tamén un destacado gastrónomo con fama en toda Galicia de bo coñecedor de comidas e bebidas. O seu libro A cociña galega (1973) foi un fito na normalización do galego ao entrar en centos de fogares que non lían nada en galego. Cunqueiro foi un adiantado na consideración positiva dos escritos gastronómicos e leva o seu nome un premio de xornalismo gastronómico que, organizado polo Concello de Lalín —en colaboración coa Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña—, celebrou en 2019 a edición XXV.[32]

O seu coñecemento de Galicia permitiulle elaborar unha morea de artigos e guías turísticas das cidades e rías galegas, en castelán a maioría, dando a coñecer os puntos de interese para os viaxeiros españois en Galicia.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]
Estatua sedente, contemplando a Catedral de Mondoñedo.

Casou en 1940 con Elvira González-Seco Seoane, filla de César González-Seco Romero e da mestra Josefa Seoane. Álvaro e Elvira terían dous fillos: César (1941, notario) e Álvaro (1944).[1] Elvira finaría anos despois de Álvaro, en 1995.

Álvaro Cunqueiro morreu ás catro da madrugada do 28 de febreiro de 1981 no Hospital Xeral de Vigo, despois dunha longa enfermidade.

Obra en galego

[editar | editar a fonte]

Narrativa

[editar | editar a fonte]
Escola de menciñeiros na Biblioteca Básica da Cultura Galega.
Casa museo de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo.
A cociña galega na edición da Biblioteca Básica da Cultura Galega.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]

Tradución

[editar | editar a fonte]

Obra en castelán

[editar | editar a fonte]
A Cunqueiro en Barcelona.
  • Elegías y canciones (1940). Edit. Apolo, Col. Azor. 60 páxs. Reeditado en 2011 por Follas Novas Edicións. ISBN 978-84-694-5599-9.[83]
  • Balada de las damas del tiempo pasado (1945). Ed. Alhambra. Reeditado en 1976 por Círculo de Amigos de la Hisotoria. ISBN 978-8422506256.

Ensaio e artigos

[editar | editar a fonte]
  • Crónica de la derrota de las naciones (fragmentos) (1954). Suplemento da Revista Atlántica Nº 1. Litografía e Imprenta Roel. 10 páxs.
  • Carlos Maside (1954). Galaxia. 22 páxs.
  • La Coruña, Lugo, Orense, Pontevedra, Santiago de Compostela (1962). Publicaciones Españolas. 202 páxs.
  • El Camino de Santiago (1965). 108 páxs.[84]
  • Lugo (1968). Guías Everest. Prólogo de Manuel Fraga.
  • Rías Bajas gallegas (1975). Everets. 62 páxs. ISBN 8424148185.
  • Ver Galicia (1981). Destino. 208 páxs. ISBN 8423311732.
  • Vigo y su ría (1985). Guías Everest. ISBN 9788424144074.
  • Viajeros imaginarios y reales (1986). Tusquets. 340 páxs. ISBN 84-7223-091-0.
  • Pontevedra, Rías Bajas (1988). Guías Everest. ISBN 9788424143640.
  • Los otros caminos (1988). Tusquets Ed. 368 páxs. ISBN 9788472231016. Escolma de artigos edición César Antonio Molina.
  • El pasajero en Galicia (1989). Tusquets. 392 páxs. ISBN 9788472231184. Selección e prólogo de César Antonio Molina.
  • Cunqueiro en la radio. "Cada día tiene su historia y otras series (1991). Fundación Barrié. 675 páxs. ISBN 9788487819094.
  • Encuentros, caminos y noticias en el reino de la tierra (1992). Compostela. ISBN 84-85553-67-5.
  • Papeles que fueron vidas (1994). Tusquets. 281 páxs. ISBN 8472234398.
  • Por el camino de las peregrinaciones y otros textos jacobeos (2004). Alba. 171 páxs. ISBN 8484282074. Foto Magar.
  • Viajes y yantares por Galicia. Obra periodística olvidada en "Vida Gallega" (1954–1963) (2005). 194 páxs. Alvarellos. ISBN 84-85311-20-5.[85]
  • El laberinto habitado: los artículos de Álvaro Cunqueiro en "Destino" (1961–1976) (2007). Nigra. 616 páxs. Edición de María Liñeira.[86] ISBN 978-8495364609.
  • Viaje a Lugo: páginas sobre la ciudad (2011). Alvarellos. 197 páxs. ISBN 9788489323650.
  • Prólogos, epílogos y otros escritos dispersos (2011). Follas Novas. ISBN 978-84-695-0165-8.
  • De santos y milagros (2012). Fundación Banco Santander. 444 páxs. Edición de Xosé Antonio López Silva. ISBN 978-84-92543-32-8.
  • La cocina cristiana de Occidente (2015). Austral. ISBN 978-84-9066-165-9 (ed. de 1981: ISBN 84-7223-811-3)
  • Al pasar de los años (2020). Fundación José Antonio de Castro. 719 páxs. ISBN 978-84-15255-64-2.[87]

Narrativa

[editar | editar a fonte]
Inscricións na tumba, no antigo cemiterio de Mondoñedo.
  • San Gonzalo (1945) baixo o pseudónimo de Álvaro Labrada. Editora Nacional, Madrid. En 1968 figura en Flores del año mil y pico de ave, onde figura xa como autor Álvaro Cunqueiro. Despois da morte do mindoniense unha tradución para o galego de San Gonzalo foi publicada pola editorial Ir Indo no ano 2000. No ámbito galego, o principal interese espertado pola obra débese ao plaxio dalgúns fragmentos d´A romaría de Xelmírez de Otero Pedrayo.[88]
  • Las mocedades de Ulises (1960). Destino.
  • Fábulas y leyendas de la mar (1982). Tusquest. 288 páxs. ISBN 84-473-0516-3.[89] Edición de Néstor Luján.
  • Flores del año mil y pico de ave (1968). Reeditado en 1990 por Seix Barral. 242 páxs. ISBN 8432230774. Reeditado por Galaxia, Col. Mar Maior (2014). 280 páxs. ISBN 978-84-9865-538-4.
  • Un hombre que se parecía a Orestes (1969). Destino, Col. Áncora & Delfín.[90] Premio Nadal 1968. Reeditado por Destino en 2004 e por Austral en 2011 (ISBN 9788423345380).
  • Vida y fugas de Fanto Fantini della Gherardesca (1972). Destino. 185 páxs.[91] Reeditado por Planeta (1996). 192 páxs. ISBN 978-8408461104. En 2004 foi incluído na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia. E por Galaxia, col. Mar Maior (2014), 180 páxs. ISBN 978-84-9865-547-6
  • El año del cometa con la batalla de los cuatro reyes (1974). Destino. 237 páxs. ISBN 8423318338. Adaptado ao teatro en 2004 polo Centro Dramático Galego, con dirección de Quico Cadaval.[92] Reeditado por Galaxia, Col. Mar Maior (2014). 244 páxs. ISBN 978-8498655490.
  • Obras literarias en castellano. Tomo 1: Merlín y familia; Las crónicas del sochantre; Las mocedades de Ulises; Cuando el viejo Simbad vuelva a las islas; Flores del año mil y pico de ave (2004). Fundación José Antonio de Castro. 845 páxs. ISBN 84-96452-15-8.[93]
  • Obras literarias en castellano. Tomo 2: Un hombre que se parecía a Orestes - Vida y fugas de Fanto Fantini della Gherardesca - El año del cometa con la batalla de los cuatro reyes - La otra gente - Tertulia de boticas prodigiosas y escuela de curanderos - Las historias gallegas - Elegías y canciones - Un poema y cuatro prosas - Crónica de la derrota de las naciones (Fragmentos) - Rogelia en Finisterre (2006). Fundación José Antonio de Castro. ISBN 84-96452-16-6.[94]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
A Cunqueiro en Bouzas, por Buciños.

Ademais é autor de:

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
Hospital Álvaro Cunqueiro, 2015.

Homenaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "Ficha de Elvira González-Seco Seoane na páxina de Galaxia". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2022. Consultado o 15 de decembro de 2022. 
  2. "Cunqueiro González-Seco, César" (Mondoñedo 7/9/1941) en Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 145. ISBN 84-8064-113-4. 
  3. "Alvaro Cunqueiro - Biografía". Museo Casa Cunqueiro. Consultado o 23/7/2019. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Vilavedra (1995). Diccionario da Literatura Galega I. Autores. p. 157. 
  5. "Cunqueiro Mora, Álvaro". Real Academia Galega. 
  6. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: c". www.ogalego.eu. Consultado o 22/7/2019. 
  7. Entrevista de Joaquín Soler Serrano a Álvaro Cunqueiro no programa A Fondo de Televisión Española, 1978 (en castelán).
  8. 8,0 8,1 "Álvaro Cunqueiro Mora Real Academia de la Historia". dbe.rah.es (en castelán). Consultado o 23/7/2019. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 "Enciclopedia Historia Literatura Galega". literaturagalega.as-pg.gal. Consultado o 22/7/2019. 
  10. Arquivo Histórico da Universidade de Santiago (AHUS). Facultade de Filosofía e Letras. Expediente persoal do alumno Álvaro Cunqueiro Mora
  11. 11,0 11,1 "Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 22/7/2019. 
  12. «A Compostela se acerca uno como quien se acerca al milagro» Centro Virtual Cervantes (en castelán).
  13. López-Keller Álvarez, Carlos (2020). "«... de tan branca negra». Álvaro Cunqueiro en Santa Marta". Terras do Ortegal 7: 47–52. 
  14. "Álvaro Cunqueiro". AELG. Consultado o 22/7/2019. 
  15. Besteiro 2021.
  16. "Álvaro Cunqueiro, académico numerario de la Real Gallega". La Noche (en castelán). 24 de abril de 1961. p. 10. 
  17. Cunqueiro Mora, Álvaro (2015). Algunhas imaxinaciós sober tesouros. A Coruña: Real Academia Galega. 
  18. Vilavedra 1995, p. 160-161.
  19. "1991 - Álvaro Cunqueiro Mora - O Portal da Lingua Galega". Secretaría Xeral de Política Lingüística. Consultado o 23/7/2019. 
  20. Entrevista de Joaquín Soler Serrano a Álvaro Cunqueiro no programa A fondo, RTVE. 1978 (8'15")
  21. "A realidade histórica de Galicia" conferencia de Álvaro Cunqueiro no Centro Galego de Lisboa en 1971 (7'09").
  22. Pena 2019, p. 243.
  23. "Álvaro Cunqueiro Mora. Galegos. Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 22/7/2019. 
  24. Pena 2016, p. 267.
  25. 25,0 25,1 Dona de corpo delgado: Herba aquí e acolá; Outros poemas: poesía (1933-1981) Galaxia, 2011.
  26. "A dama e o cabaleiro (1987) – Amancio Prada" (en castelán). Consultado o 2019-08-07. 
  27. Pena 2019, p. 224-255.
  28. "José María García de Tuñón Aza, Alvaro Cunqueiro, vida y obra, El Catoblepas 130:9, 2012". nodulo.org. Consultado o 23/7/2019. 
  29. Rodríguez López-Vázquez, Alfredo. "Álvaro Cunqueiro, o la teatralización de lo literario". cvc.cervantes.es (en castelán). Consultado o 23/7/2019. 
  30. Pena 2019, p. 494.
  31. "Álvaro Cunqueiro y «A noite vai coma un río». GaliciaAberta - Secretaría Xeral da Emigración". emigracion.xunta.gal. Consultado o 23/7/2019. 
  32. "XXVº Premio nacional de periodismo gastronómico “Álvaro Cunqueiro” Lalín, quilómetro cero de Galicia". lalin.gal. Arquivado dende o orixinal o 23/07/2019. Consultado o 23/7/2019. 
  33. Iglesias, Xabier (venres, 2/9/2016). "Os libros de Ánxel Casal: Mar ao Norde". Os libros de Ánxel Casal. Consultado o 21/7/2019. 
  34. "Mar ao Norde = Mar al Norte". Biblioteca da Tradución Galega. 
  35. Quen poidera namorala No bico un cantar, Televisión de Galicia.
  36. Castro, Pilar. "CVC. Álvaro Cunqueiro. Quehacer literario. Poesía. Álvaro Cunqueiro, trovador y juglar de la nueva cantiga". cvc.cervantes.es. Consultado o 21/7/2019. 
  37. "Unha edición de Galaxia do ano 2003". 
  38. "Herba aqui ou acola - Hierba aquí o allá". Biblioteca da Tradución Galega. 
  39. "Herba aquí o allà". Biblioteca da Tradución Galega. 
  40. "Merlín y familia". Biblioteca da Tradución Galega. 
  41. "Merlín y familia y otres histories". Biblioteca da Tradución Galega. 
  42. "In Gesellschaft des Zauberers". Biblioteca da Tradución Galega. 
  43. "Merlin and Company". Biblioteca da Tradución Galega. 
  44. "Merlino e famiglia (Miranda)". Biblioteca da Tradución Galega. 
  45. "Las crónicas del Sochantre". Biblioteca da Tradución Galega. 
  46. "Cronache di un maestro di coro". Biblioteca da Tradución Galega. 
  47. "Les Chroniques du Sous-chantre". Biblioteca da Tradución Galega. 
  48. "Die Chroniken des Kantors". Biblioteca da Tradución Galega. 
  49. "Les cróniques del sochantre". Biblioteca da Tradución Galega. 
  50. "Tertulia de boticas prodigiosas y escuela de curanderos". Biblioteca da Tradución Galega. 
  51. "Escuela de melecineros y fábula de varia xente". Biblioteca da Tradución Galega. 
  52. "Ritrovo di farmacie prodigiose e Scuola di guaritori". Biblioteca da Tradución Galega. 
  53. "Ritrovo di farmacie prodigiose e Scuola di guaritori". Biblioteca da Tradución Galega. 
  54. "Cuando el viejo Sinbad vuelva a las islas". Biblioteca da Tradución Galega. 
  55. "Se il vecchio Sinbad tornasse alle isole". Biblioteca da Tradución Galega. 
  56. Cunqueiro, Álvaro (2000). Als de oude Sinbad zou terugkeren naar de eilanden. Coppens & Frenks. ISBN 9789071127687. 
  57. "Awda al-Sinbad al-'aguz ila al-guzur". Biblioteca da Tradución Galega. 
  58. "La otra gente". Biblioteca da Tradución Galega. 
  59. "Gens d'ici et de là". Biblioteca da Tradución Galega. 
  60. "Galiciens, corbeaux et parapluies". Biblioteca da Tradución Galega. 
  61. "People from Here and Beyond". Biblioteca da Tradución Galega. 
  62. "Folks from here and there". Biblioteca da Tradución Galega. 
  63. "Xente d'equí y d'acullá". Biblioteca da Tradución Galega. 
  64. "Han-hemengo jendea". Biblioteca da Tradución Galega. 
  65. "Los otros feriantes". Biblioteca da Tradución Galega. 
  66. González, Anxo Abuín; Vieites, Manuel F. (2007). Cento vinte e cinco anos de teatro en galego. Galaxia. ISBN 9788471541888. 
  67. Romero, Elena Domínguez; Álvarez, Rubén Jarazo (2011). "Breaking Boundaries and Dislocating Muths in Alvaro Cunqueiro's "Función de Romeo e Xulieta, Famosos Namorados" (1956): a Galician Adaptation of Shakespeare's "Romeo and Juliet in the 20th Century"". ES: Revista de filología inglesa (32): 179–202. ISSN 0210-9689. 
  68. López Hortas, Paula. "La realidad soñada de «O incerto Señor Don Hamlet príncipe de Dinamarca»" (en castelán). Centro Virtual Cervantes. Consultado o 21/7/2019. 
  69. "CDG: Temporada". Centro Dramático Galego. Consultado o 21/7/2019. 
  70. "El incierto señor don Hamlet y otras piezas dramáticas". Biblioteca da Tradución Galega. 
  71. "Don Hamlet y otres pieces de teatru". Biblioteca da Tradución Galega. 
  72. "Don Hamlet e outras pezas. Galaxia. LG3. O soportal da Literatura Galega". CCG. Consultado o 21/7/2019. 
  73. "Tesoros y otras magias". Biblioteca da Tradución Galega. 
  74. "Cocina gallega". Biblioteca da Tradución Galega. 
  75. "Universo Cunqueiro. Sotelo Blanco. LG3. O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 21/7/2019. 
  76. Alonso Girgado, L,; Cochón, L. e Domínguez Mallo, L., ed. (2011). "Álvaro Cunqueiro. Remuíño de prosas". Cadernos Ramón Piñeiro (Centro Ramón Piñeiro) (XX). ISBN 978-84-453-5028-7. 
  77. "O mundo que teño de meu". Editorial Galaxia. Consultado o 21/7/2019. 
  78. "No obradoiro do fabulador. Artigos en lingua galega. Faro de Vigo, 1963-1971". Galaxia. 
  79. "No obradoiro do fabulador. Artigos en lingua galega. Faro de Vigo, 1972-1981". Galaxia. 
  80. López Silva, Xosé A. (abril, maio, xuño 2022). "Polos vieiros cunqueirianos". Grial LX (234): 94–95. ISSN 0017-4181. 
  81. O mundo e outras vésperas no sitio web da Editorial Galaxia.
  82. Tamén navegar : escolma de poesía galega sobre carpintería de ribeira e embarcacións tradicionais (1ª ed ed.). Noia: Toxosoutos. 2011. ISBN 978-84-92792-95-5. OCLC 796293364. 
  83. Mandía, Diana (22/12/2011). "Reeditados 19 poemas de juventud y 20 prólogos de Álvaro Cunqueiro". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 21/7/2019. 
  84. "Catálogo de la Biblioteca Nacional de España -". catalogo.bne.es (en inglés). Consultado o 25/7/2019. 
  85. "Viajaes y yantares por Galicia de Álvaro Cunqueiro". Viajes y yantares por Galicia de Álvaro Cunqueiro …. Arquivado dende o orixinal o 24/09/2020. Consultado o 21/7/2019. 
  86. Mejía Ruíz, Carmen. "Álvaro Cunqueiro en las páginas de Destino (1961-1976): Estrategias a favor de un imaginario ibérico en castellano (III)" (PDF). consellodaculura.gal. Consultado o 21/7/2019. 
  87. "Al pasar de los años". Fundación José Antonio de Castro (en castelán). 
  88. Pérez, Florentino. "Un achegamento a "San Gonzalo"" (PDF). consellodacultura.gal. Consultado o 26/07/2019. 
  89. Fábulas y leyendas de la mar - Álvaro Cunqueiro . Planeta de Libros (en castelán). 
  90. "Un hombre que se parecía a Orestes - Álvaro Cunqueiro - Limites.Leido". www.ciencia-ficcion.com (en castelán). Consultado o 21/7/2019. 
  91. "Vida y fugas de Fanto Fantini, Álvaro Cunqueiro: La búsqueda, no el encuentro". Fabulantes (en castelán). 20/10/2016. Consultado o 21/7/2019. 
  92. "CDG: Temporada". centrodramatico.xunta.gal. Consultado o 21/7/2019. 
  93. "Obras literarias en castellano, I". Fundación José Antonio de Castro (en castelán). 
  94. "Obras literarias en castellano, II". Fundación José Antonio de Castro (en castelán). 
  95. Os cinco autores son: Vítor Vaqueiro, Xosé Manuel González Reboredo, Antonio Fraguas, Francisco Fernández del Riego e Álvaro Cunqueiro.
  96. "Cunqueiro, Alvaro". www.escritores.org. Consultado o 23/7/2019. 
  97. Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos 2004. Editorial Galaxia. 16/2/2006. ISBN 9788482888941. 
  98. "Biografía español. Álvaro Cunqueiro. Escritor español. Biblioteca español. Instituto Cervantes". www.cervantes.es. Consultado o 21/7/2019. 
  99. "Austral publica la novela con la que Álvaro Cunqueiro obtuvo el Premio Nadal de 1968". www.europapress.es (en castelán). 17/12/2011. Consultado o 21/7/2019. 
  100. "Alvaro Cunqueiro: "He querido ser un jardinero del lenguaje"". El País (en castelán). 27/6/1979. ISSN 1134-6582. Consultado o 21/7/2019. 
  101. "Biografía español. Álvaro Cunqueiro. Escritor español. Biblioteca español. Instituto Cervantes". www.cervantes.es. Consultado o 21/7/2019. 
  102. Conde Muruais, Perfecto (29/1/1980). "Cela, Cunqueiro y Piel, doctores "honoris causa" de la Universidad de Santiago". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 21/7/2019. 
  103. do Río, Manolo (1/6/2011). "O retorno de Ulises". ABC. Consultado o 22/7/2019. 
  104. Rey, Noemí. "Dous mil e un poemas ao ar para homenaxear a Cunqueiro". Universidade de Vigo. Consultado o 22/7/2019. 
  105. "Home". Museo Casa Cunqueiro. Consultado o 23/7/2019. 
  106. "Un día para la historia de Mondoñedo". La Voz de Galicia (en castelán). 2/3/2019. Consultado o 3/3/2019. 
  107. "Mondoñedo inaugura la casa-museo de Álvaro Cunqueiro". El Progreso (en castelán). 1/3/2019. Consultado o 4/3/2019. 
  108. "Editorial Galaxia Antón Riveiro Coello gaña o Premio Álvaro Cunqueiro". Editorial Galaxia. 2022-12-23. Consultado o 2022-12-23. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Eduardo Lence-Santar
 Cronista de Mondoñedo 
1960 - 1981
Sucesor:
Xosé Díaz Xácome
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy