Escudo das Illas Marshall
Aparencia
O escudo das Illas Marshall é de forma redonda. Ten como elemento central un anxo coas ás estiradas. Darredor do anxo, comezando por arriba e seguindo o sentido das agullas do reloxo temos:
- unha estrela de 24 puntas, representando os concellos da República, con catro puntas principais que simbolizan os atois de Majuro (a capital), Jaluit, Wotje e Kwajalein;
- os raios representan a bandeira;
- unha rede de pesca, xa que o peixe é o alimento principal das illas;
- unha canoa de vela que navega sobre o océano, que ocupa a parte inferior esquerda do escudo; acompañada de fragatas, paxaros típicos do arquipélago;
- baixo o anxo, hai unha carta náutica tradicional das Marshall, e baixo esta a verba Seal ('selo', en inglés) nunha fita;
- logo hai unha illa plana con cocos;
- e finalmente, entre a á dereita do anxo e o raio que sal del, atópase un deka in nin, cacharro feito dunha cuncha xigante que a poboación das illas empregaba para traballar as follas de Pandanus.
Arrodeando o selo, na súa parte superior lese en inglés Republic of the Marshall Islands ('República das Illas Marshall'),[1] e na parte inferior está escrito en marshalés Jepilpin ke Ejukaan(Logro por Medio do Esforzo Conxunto) O contorno exterior está formado por dúas cadeas unidas, que simbolizan as dúas cadeas de illas de Ratak e Ralik.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Anteriormente poñía Government of the Marshall Islands ('Goberno das Illas Marshall')
- ↑ "Pàgina del Govern de les Illes Marshall – El Segell". Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2009. Consultado o 03 de abril de 2012.