Majuro
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Illas Marshall | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 30.000 (2008) (3.092,78 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 9,7 km² | ||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Altitude | 3 m | ||||
ISO 3166-2 | MH-MAJ | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Majuro (/ˈmædʒəroʊ/; Marshalés: Mājro[1]; oficialmente en xaponés: マジュロ) é mencionada ás veces como a capital e a maior cidade da República das Illas Marshall. Tamén é un gran atol de coral de 64 illas no océano Pacífico. Forma o distrito lexislativo de Ratak (Sunrise) Chain das illas Marshall. O atol ten unha superficie terrestre de 9´7 km² e encerra unha lagoa de 295 km². Do mesmo xeito que ocorre noutros atois nas Illas Marshall, Majuro está composto por estreitas masas de terra.
O principal núcleo de poboación son as comunidades de Delap-Uliga-Djarrit (DUD) localizadas no punto oriental do atol Majuro son a capital das Illas Marshall, está formado por tres motus contiguos e ten unha poboación de 20.301 persoas (2012). Majuro ten un porto, un distrito comercial e hoteis. Majuro ten un aeroporto internacional que voa a Hawai, Micronesia, Kiribati e Nauru, e serve aos destinos nacionais de todo o país.
Xeografía
[editar | editar a fonte]É un atol coralino e ten unha superficie total de aproximadamente 304,2 km² cunha masa de terra de ao redor de 9,17 km² e unha lagoa duns 295,05 km². O atol consta de preto de 64 illas e a altura máxima é de só 13 m.s.m.. Só unhas poucas illas están habitadas, pero todo o atol ten ao redor de 30.000 habitantes, que representa case a metade da poboación do país. É popular a pesca deportiva, e os mergulladores son atraídos cara a esta área. As illas máis grandes son:
Illas Orientais
"Delap, Uliga-Darrit - DUD" área metropolitana, inclúe as illas máis grandes
- Delap, distrito administrativo do edificio do parlamento "Capitolio"
- Uliga, distrito de negocios, esta tamén o "CMI" (Colexio das Illas Marshall) e o museo "Museo Nacional Alele" coa da historia da illa
- Darrit, Djarrot e Rita, distritos comerciais e residenciais.
- Rairok co aeroporto
- Enearmi
- Ejit
- Garra
- e unha serie de pequenas illas
Illas Occidentais
- Laura, a maior das illas, barrio residencial cunha fermosa praia
- Ajeltake
- Arrak
- Jelter
- Rongrong
- Woja
- e unha serie de pequenas illas
A cidade
[editar | editar a fonte]- Construída sobre un atol de 64 illas, o atol Majuro, a cidade ten porto e aeroporto internacional.
- A Universidade das Illas Marshall está no extremo oriental do atol.
Atol Majuro | |
---|---|
Datos | |
País | Illas Marshall |
Illa principal | Majuro |
Linguas | Marshalés e inglés[2] |
Poboación (2011) | 27.797 hab. |
Superficie | 9´17 km² |
Superficie lagoa | 295 km² |
Nº de illas | 64 |
Coordenadas | 7°04′N 171°16′L / 7.067, -171.267 |
Maior Altura | 13 m. |
Localización | |
Historia
[editar | editar a fonte]Os humanos habitan o atol durante polo menos 2.000 anos.[3]
O atol Majuro foi reclamado polo Imperio Alemán co resto das Illas Marshall en 1884, e os alemáns estableceron un posto comercial. Do mesmo xeito que co resto dos Marshalls, Majuro foi capturado pola Armada Imperial Xaponesa en 1914 durante a primeira guerra mundial e quedou baixo o Imperio do Xapón por mandato da Liga das Nacións en 1920. A illa pasou a formar parte do territorio xaponés de Nanyo, aínda que os xaponeses estableceron un goberno en Nanyo, os asuntos locais quedaron principalmente nas mans dos líderes locais tradicionais ata o comezo da segunda guerra mundial.
O 30 de xaneiro de 1944, as tropas dos Estados Unidos invadiron o atol, pero descubriron que as forzas xaponesas evacuaran as fortificacións de Kwajalein e Enewetak aproximadamente un ano antes. Só quedaba un suboficial xaponés como coidador. Coa súa captura, aseguraron as illas. Isto deu á armada dos Estados Unidos un dos maiores ancoradoiros no Pacífico central. A lagoa converteuse nunha gran base naval de operacións e foi a maior e máis activa do mundo ata que a guerra se desprazou cara ao oeste cando substituíuse por Ulithi (Yap, Estados Federados de Micronesia).[4]
Despois da segunda guerra mundial, Majuro quedou baixo o control dos Estados Unidos como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico. Suplantou ao Atol de Jaluit como o centro administrativo das Illas Marshall, un status que mantén despois da independencia das Illas Marshall en 1986.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "M". trussel2.com. Consultado o 29 May 2015.
- ↑ Islas Marshall campusvirtual.unex.es
- ↑ "The Natural history of Enewetak Atoll". Internet Archive. Oak Ridge, Tenn. : U.S. Dept. of Energy, Office of Energy Research, Office of Health and Environmental Research, Ecological Research Division. 1987. Consultado o 29 de maio de 2015.
- ↑ "Eastern Mandates". army.mil. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2013. Consultado o 29 May 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Majuro |