Saltar ao contido

Illas Marshall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIllas Marshall
Aolepān Aorōkin M̧ajeļ (mh) Editar o valor en Wikidata

HimnoForever Marshall Islands Editar o valor en Wikidata

Lema«Accomplishment through joint effort»
«Постижения чрез обединени усилия»
«Jepilpilin ke ejukaan»
«Cyflawniad trwy ymdrech ar y cyd» Editar o valor en Wikidata
EpónimoJohn Marshall (navegador) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 9°49′N 169°17′L / 9.82, 169.29
ProtectoradoNova Guinea alemá Editar o valor en Wikidata
CapitalMajuro Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación53.127 (2017) Editar o valor en Wikidata (292,82 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa
Lingua marshalesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie181,43 km² Editar o valor en Wikidata
Auga0 % Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoAtol Likiep (10 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Pacífico (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación 21 de outubro de 1986Tratado de Livre Associação (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoGovernment of the Marshall Islands (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Presidente das Illas Marshall Editar o valor en WikidataHilda Heine (2024–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoLegislature of the Marshall Islands (en) Traducir , (Escano: 33) Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialSupreme Court of the Marshall Islands (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal259.538.700 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
Moedadólar estadounidense Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.mh Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+692 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia911 Editar o valor en Wikidata
Código de paísMH Editar o valor en Wikidata

BNE: XX459610

A República das Illas Marshall,[1] oficialmente a República das Illas Marshall (marshalés: Aolepān Aorōkin Ṃajeḷ), en inglés Republic of the Marshall Islands) é un estado insular do Pacífico. Está composta maiormente por atois coralinos nos que a elevación non supera os nove metros como máximo. Os principais atois son: Kwajalein, Jaluit, Majuro, Bikini e Enewetak. O clima é ecuatorial, con temperaturas entre 35 e 22 graos Celsius.

Xeograficamente, o país forma parte do grupo de illas máis grande de Micronesia. A poboación do país é de 58.413 persoas (no Censo do Banco Mundial de 2018[2]) está distribuído por cinco illas e 29 atois de coral,[3] que comprende 1.156 illas e illotes individuais. A capital e cidade máis grande é Majuro. Ten a maior parte do seu territorio composto por auga de calquera estado soberano, cun 97,87%. As illas comparten límites marítimos coa Illa Wake ao norte,[a] Kiribati ao sueste, Nauru ao sur e os Estados Federados de Micronesia ao oeste. Ao redor do 52,3% dos habitantes das Illas Marshall (27.797 no censo de 2011) viven en Majuro.[3] En 2016, o 73,3% da poboación definiuse como "urbana". A ONU tamén indica unha densidade de poboación de 293.0 hab./km², e a súa poboación estimada para 2022 era de 61,988[4] habitantes.

Os primeiros habitantes micronesios chegaron ás Illas Marshall usando canoas ao redor do II milenio a. C., coa navegación entre as illas posibilitada mediante os gráficos en pau tradicionais. Finalmente instaláronse alí.[5] As illas do arquipélago foron exploradas por primeira vez polos europeos na década de 1520, comezando por Fernando de Magalhães, un explorador portugués ao servizo de España, Juan Sebastián Elcano e Miguel de Saavedra. O explorador español Alonso de Salazar informou de avistar un atol en agosto de 1526.[5] Seguiron outras expedicións de barcos españois e ingleses. As illas derivan o seu nome de John Marshall, que visitounas en 1788, as illas toman o nome en honra a el. Na lingua nativa dos deus habitantes coñécense como "jolet jen Anij" (Agasallos de Deus). España reclamou as illas en 1592, e as potencias europeas recoñeceron a súa soberanía sobre as illas en 1874. Formaban parte formalmente das Indias Orientais Españolas desde 1528. Máis tarde, España. vendeu algunhas das illas ao Imperio Alemán en 1885, e pasaron a formar parte da Nova Guinea alemá ese ano, dirixida polas compañías comerciais que realizaban negocios nas illas, especialmente a Compañía Jaluit.[5] Na primeira guerra mundial, o Imperio do Xapón ocupou as Illas Marshall, que, en 1920, a Sociedade de Nacións combinou con outros antigos territorios alemáns para formar o Mandato dos Mares do Sur. Durante a segunda guerra mundial, os Estados Unidos tomaron o control das illas na campaña das Illas Gilbert e Marshall en 1944 e incorporáronas ao Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico (que incluía moitas outras illas da rexión). Entre 1946 e 1958 os Estados Unidos probaron nelas 67 armas nucleares, incluíndo a maior proba nuclear levada a cabo polo goberno estadounidense. Esta proba, coñecida como Castle Bravo realizada no Atol de Bikini causoulle envelenamento por radiación a 236 marxaleses. Séguense facendo reclamacións polas probas nucleares así coma sentíndose os efectos na saúde dos habitantes.

O goberno dos Estados Unidos formou o Congreso de Micronesia en 1965, un plan para aumentar o autogoberno das illas do Pacífico. O Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico en maio de 1979 proporcionou a independencia ás Illas Marshall, cuxa constitución e presidente (Amata Kabua) foron recoñecidos formalmente polos Estados Unidos s plena soberanía ou autogoberno conseguiuse nun Tratado de Libre Asociación cos Estados Unidos. As Illas Marshall son membro da Comunidade do Pacífico (SPC) desde 1983 e un estado membro das Nacións Unidas desde 1991.[5] Politicamente, as Illas Marshall son unha república parlamentaria con presidencia executiva en libre asociación cos Estados Unidos, os cales proporcionan defensa, subvencións e acceso a axencias con sede nos Estados Unidos como a Comisión Federal de Comunicacións e o Servizo Postal dos Estados Unidos.

En 1976 a República das Illas Marshall estableceuse cun acordo de libre asociación que tería vixencia a partir de 1986, a independencia completa de acordo coa legalidade internacional deuse en 1990, cando as Nacións Unidas oficialmente deron por terminado o fideicomiso sobre o territorio.

Goberno e política

[editar | editar a fonte]

O presidente marxalés é xefe de estado e xefe de goberno. O presidente, que é elixido de entre os membros do Nitijela (Parlamento) polos seus pares, nomea o seu propio gabinete.

As eleccións para o parlamento, que ten 33 escanos, son cada catro anos.

Organización político-administrativa

[editar | editar a fonte]

As Illas Marshall non teñen unha división administrativa formal, pero divídense en 26 distritos lexislativos que tamén corresponden ás illas deshabitadas e atois do país:

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O país consiste de vinte e nove atois e cinco illas. As illas e atois máis importantes forman dous grupos: a cadea Ratak e a cadea Ralik (significan "amencer" e "atardecer" en marxalés). Dúas terceiras partes da poboación nacional viven na capital Majuro e na cidade de Ebeye. As illas exteriores son pouco poboadas debido á escaseza de oportunidades de emprego e desenvolvemento económico. A vida nos atois externos é xeralmente aínda bastante tradicional e a nutrición da poboación rural que cultiva e caza, é superior á dos residentes urbanos que comen arroz.

Os atois deshabitados son:

O clima é cálido e húmido, cunha estación seca desde maio a novembro. Ocasionalmente sofre tifóns. O goberno do país realizou reclamacións territoriais fronte aos Estados Unidos pola soberanía da Illa Wake, ao norte do arquipélago.

Economía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Economía das Illas Marshall.

Con poucos recursos naturais, a riqueza das illas baséase nunha economía de servizos, así como na pesca e na agricultura, a axuda dos Estados Unidos representa unha gran porcentaxe do produto interior bruto das illas, pero a maioría da axuda financeira do Pacto de Asociación Libre caduca en 2023.[6] Modelo:Asof, negociacións sobre unha ampliación do período de axuda estaban en curso.[7] O país usa o dólar dos Estados Unidos como moeda. En 2018, tamén anunciou plans para que unha nova criptomoeda se use como curso legal.[8][9]

A produción agrícola está concentrada en pequenas granxas e os cultivos comerciais máis importantes son os cocos, os tomates, os melóns e a árbore do pan. A industria de pequena escala está limitada á artesanía, a transformación do peixe e a copra. A industria turística, agora unha fonte pequena de intercambio estranxeiro dando emprego a menos do 10% da forza laboral, permanece como a mellor esperanza para ingresos engadidos futuros. As illas ten poucos recursos naturais e as importacións exceden de longo ás exportacións.

En 2005 Aloha Airlines cancelou os seus servizos de voo ás Illas Marshall como parte da súa retirada de varios mercados na rexión. Aínda que outras aerolíneas internacionais seguen aterrando en Majuro, isto é un revés nos desexos do país de aumentar os ingresos do turismo.

Baixo os termos do emendado Pacto de Libre Asociación, os Estados Unidos proporcionarán millóns de dólares cada ano ás Illas Marshall ata 2023, cando un fondo de fideicomiso creado polas contribucións dos Estados Unidos e a República das Illas Marshall comezarán a facerse efectivo anualmente.

Non estando entre os 179 países membros da OIT, as Illas Marshall están entre o puñado de países non obrigados a cumprir cos estándares laborais básicos (eliminación de traballos forzados, traballo de menores e discriminación e respecto pola liberdade de asociación e o dereito de contratación colectiva) como é requirido polos membros da OIT.

Demografía

[editar | editar a fonte]

De acordo con estatísticas do ano 2011, a poboación do arquipélago ascende a 53,158[10] persoas das cales a maioría practica o cristianismo protestante e o 93,7% sabía ler e escribir. Con todo, a esperanza media de vida é moi baixa en comparación co resto dos países, pois non supera os 67 anos e medio para os homes nin os 71 anos e medio para as mulleres, ademais de ter unha taxa de fertilidade bastante alta (4,12 fillos por muller). A taxa de natalidade non tivo un impacto importante na poboación (cuxo crecemento anual é da orde do 2,3%) debido á alta porcentaxe de migración cara á illa de Guam ou cara ao estado de Hawai, os cales forman parte dos Estados Unidos de América.

Aínda que é unha actividade actualmente en declive, os marshaleses foron algunha vez hábiles navegantes, que para orientarse usaban as estrelas e mapas de cunchas. Tamén grande experiencia na construción de canos e ata a data existe unha competición anual que inclúe un tipo único de canoa oceánica, chamada proa.

Tamén no pasado estaba moi presente a arte da tatuaxe nas illas Marshall: cubrían unha gran parte do corpo ata o punto que en outubro do 1529 cando a expedición de Álvaro de Saavedra, á volta das illas Filipinas desembarcou nun arrecife ao noroeste das illas: os españois foron tan impresionados polas tatuaxes que chamaron ás illas "Illas dos Pintados" e levaron con eles algúns indíxenas para mostralos na Corte española.

  1. A Illa Wake é reclamada como un territorio das Illas Marshall, pero tamén se reclama como un territorio non organizado e non incorporado dos Estados Unidos, cun control de facto conferido á Oficina de Asuntos Insulares (e todas as defensas militares xestionadas polo exército dos Estados Unidos).
Referencias
  1. "Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente" (PDF). Portal das Palabras. Consultado o 16 de agosto de 2016. 
  2. "Population, total - Marshall Islands". data.worldbank.org. Arquivado dende o orixinal o 2019-12-02. Consultado o 2019-12-02. 
  3. 3,0 3,1 "Marshall Islands Geography". CIA World Factbook. Arquivado dende o orixinal o 2021-02-04. Consultado o 2021-01-24. 
  4. "Marshall Islands population (2022) live — Countrymeters". Countrymeters.info. Consultado o 2022-07-24. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Marshall Islands profile - Timeline". Bbc.com. 31 de xullo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2017. Consultado o 22 de agosto de 2017. 
  6. "Republic of the Marshall Islands country brief". Department of Foreign Affairs and Trade Australia. Arquivado dende o orixinal o 2021-05-16. Consultado o 2021-06-09. 
  7. Martina, Michael; Brunnstrom, David (2022-06-17). "U.S. and Marshall Islands seek economic assistance deal this year". Reuters (en inglés). Consultado o 2022-08-01. 
  8. Liao, Shannon (2018-05-23). "The Marshall Islands replaces the U.S. dollar with its own cryptocurrency". The Verge. Arquivado dende o orixinal o 2019-01-16. Consultado o 2019-01-16. 
  9. Chavez-Dreyfuss, Gertrude (2018-02-28). "Marshall Islands to issue own sovereign cryptocurrency". Technology News. Reuters (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2019-01-17. Consultado o 2019-01-16. 
  10. "Republic of the Marshall Islands 2011 Census Report" (PDF). Prism.spc.int. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de setembro de 2016. Consultado o 22 de agosto de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Información xeral

[editar | editar a fonte]

Medios informativos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy