Saltar ao contido

Fimbulvetr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na mitoloxía nórdica, Fimbulvetr (ou fimbulvinter), tamén coñecido pola forma inglesa Fimbulwinter, é o preludio dos eventos do Ragnarok.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Fimbulvetr ven do antigo nórdico, que significa "grande inverno terrible". O prefixo "fimbul" significa "o gran", polo que a correcta interpretación da palabra é "o grande inverno".[1]

Fimbulvetr é o inverno rigoroso que precede a fin do mundo e pon fin a toda a vida na Terra. Fimbulwinter son tres invernos sucesivos no que a neve procede de tódalas direccións, sen intervención do verán. Durante este tempo, haberá guerras e nin sequera os lazos de sangue serán máis respectados: o parentes máis próximos enfrontaranse, e os irmáns mataranse entre si.[2]

O evento é descrito principalmente na Edda poética. No poema Vafþrúðnismál, Odín pregúntalle a Vafþrúðnir se a humanidade podería sobrevivir ó Fimbulwinter. Vafþrúðnir respóndelle que Líf e Lífþrasir sobrevivirán e que vivirán no bosque de Hoddmímis holt.

En Dinamarca, Noruega, Suecia e outros países nórdicos, o termo fimbulvinter aínda é empregado para referirse a un inverno moi longo e frío.[1]

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy