Saltar ao contido

Edda prosaica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Edda prosaica
Portada da Prose Edda do manuscrito do século XVIII que amosa a Odín, Heimdallr, Sleipnir e outras figuras da mitoloxía nórdica.
Título orixinalProse Edda
Autor/aSnorri Sturluson
OrixeIslandia Islandia
Linguaislandés antigo
Xénero(s)Poesía
EditorialVarios
Data de pub.Arredor do 1220
editar datos en Wikidata ]

A Edda prosaica, coñecida tamén como Edda menor ou a Edda de Snorri é un manual de poética islandés escrito por Snorri Sturluson que contén moitas historias da mitoloxía nórdica. O seu propósito foi permitir ós poetas e lectores islandeses entender a sutileza do verso aliterativo, e comprender o significado agochado dos moitos kenningars que eran empregados na poesía escáldica.

Foi escrita arredor do ano 1220 e sobreviviu en sete manuscritos principais, escritos entre o 1300 e o 1600.

A Edda prosaica contén tres seccións diferentes: Gylfaginning (preto de 20.000 palabras), Skáldskaparmál (50.000 palabras) e Háttatal (20.000 palabras). Ademais ten unha introdución chamada Bragarædur.

A primeira (Bragarædur) é unha introdución evemerista, a segunda (Gylfaginning) expón baixo a forma da visión dun imaxinario rei Gylfi un tratado de mitoloxía, a terceira (Skáldskaparmál), que forma en volume a metade da obra e a cuarta (Háttatál) son compendios de metros escáldicos e recursos de expresión. Snorri Sturluson usou non só a Edda poética senón diversas fontes que nos son descoñecidas e parece claro que coñecía versións diversas dunha mesma lenda.

Edda prosaica do Codex Trajectinus, versión tamén coñecida como Edda de Utrecht.
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy