Saltar ao contido

Midgard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As runas a:miþkarþi do antigo nórdico à Miðgarði significa "en Midgard" - "na Terra Media", na Pedra de Fyrby (Sö 56) en Condado de Södermanland, Suecia.

Na mitoloxía nórdica Midgard foi unha das construcións efectuadas polos deuses (Odín e os seus irmáns: Vili e Ve) trala guerra contra os xigantes do xeo.

Trala batalla, Odín e os seus irmáns tomaron o cadáver do xigante Ymir e levárono ao grande abismo para comezaren a creación dun mundo habitable. Así, coa súa pel crearon a terra, co seu sangue e suor os océanos, cos seus osos as rochas e as montañas, co seu vello a vexetación, cos seus dentes os acantilados, onde tamén colocaron as cellas do xigante para faceren de fronteira co mar. Para concluíren a obra os deuses pensaron pechar este mundo coa bóveda cranial do derrotado encargando a catro ananos a súa subxección. Estes chamábanse Nordri, Sudri, Austri e Westri, e simbolizaban os catro puntos cardinais. Ao colocaren a bóveda do ceo co cranio do vencido, os seus miolos espalláronse polo ar dando lugar ás nubes.

Porén, aínda este novo territorio estaba escuro, así que os deuses decidiron ir a Muspells para roubaren as faíscas da espada de Surtr. Coas dúas máis grandes crearon o Sol e a Lúa, e co resto as estrelas. O Sol e a Lúa foron colocadas sobre dous carros que xirarían sen pararen sobre Midgard, alternándose no firmamento para crearen o día e a noite. Para manteren vivo o xiro perpetuo das carrozas fixeron que os lobos Skoll e Hati as perseguisen, tratando de alcanzalas sen conseguilo, salvo en ocasións excepcionais, cando se producen as eclipses. Os dous lobos simbolizaban a "repulsión" e o "odio" respectivamente. A carroza do sol era tirada polo branco corcel Skin, que co seu trotar producía a brillante luz do día, mentres que a outra carruaxe era tirada por Hrim, cabalo negro que ao seu paso producía o orballo e máis o carazo.

Unha vez que os deuses contemplaron a súa obra, tan só engadiron as estacións de inverno e verán e pensaron que estaba lista para recibir os primeiros humanos.

Tamén é coñecida co nome de Xardín Central e é a terra onde habitan os humanos.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy