Saltar ao contido

Lockheed Martin F-22 Raptor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
F-22 Raptor
Dous F-22 Raptor en voo
Tipocaza
FabricanteBoeing e Lockheed Martin
Primeiro voo29 de setembro de 1990
Introducido15 de decembro do 2005
Estadoen servizo
Produción1997-2011
Unidades construídas195 (8 de probas e 187 operacionais)[1]

O F-22 Raptor é un avión de combate de alta manobrabilidade de quinta xeración con tecnoloxía de sixilo construído por Lockheed Martin Aeronautics e Boeing Defense, Space & Security. Foi deseñado como caza de superioridade aérea da Forza Aérea dos Estados Unidos (USAF), pero pode levar a cabo máis tipos de misións, tales como ataque a terra ou guerra electrónica. O primeiro prototipo (YF-22) voou por vez primeira o 29 de setembro de 1990.

Lockheed Martin é o contratista principal e o responsable da maior parte da estrutura, do sistema de armas e da ensamblaxe final do F-22. O socio do programa é Boeing Integrated Defense Systems e proporciona as ás, a parte traseira da fuselaxe, a integración de aviónica e todos os sistemas de adestramento dos pilotos e do persoal de mantemento.

O avión foi designado tanto F-22 como F/A-22 durante os anos anteriores á súa entrada en servizo na Forza Aérea dos Estados Unidos en decembro de 2005 como F-22A. A pesar dun período de desenvolvemento prolongado e custoso, a USAF considera o F-22 como un compoñente fundamental no futuro poder aéreo táctico do seu país, e afirma que o avión non é comparable con ningún caza coñecido nin proxectado, mentres que Lockheed Martin reivindica que a combinación de furtividade, velocidade, axilidade, precisión e conciencia situacional do Raptor, combinadas coas súas capacidades de combate aire-aire e aire-superficie, deberían facer del un dos mellores cazas do mundo actualmente.

Con todo, a verdade é que o raptor ten uns custos altos de mantemento e unha serie de problemas técnicos importantes[2] (coma corrosión en partes da fuselaxe, problemas na computadora de a bordo etc.[3]) e de mantemento[4], polo cal en 2009 se votou no senado dos EEUU parar a construción de máis F-22[5].

  1. Combat Aircraft (ed.). "Final F-22 delivered". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2018. Consultado o 2 de xullo de 2018. 
  2. "F22 Raptor Exposed - Why the F22 Was Cancelled". 
  3. "F-22 Raptor: Incidentes". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2014. Consultado o 01 de setembro de 2014. 
  4. "F/A-22 Raptor (Having Maintenance Problems)". 
  5. "Senate votes to stop making more F-22 Raptor fighter jets". 
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy