Content-Length: 193735 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Gran_Premio_do_Brasil_de_1997

Gran Premio do Brasil de 1997 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Gran Premio do Brasil de 1997

Modelo:Competición deportivaGran Premio do Brasil de 1997
Nome oficialXXVI Grande Prêmio do Brasil Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio do Brasil Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1997 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento72 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónAutódromo José Carlos Pace (Cidade Dutra) 23°42′04″S 46°41′50″O / -23.701111111111, -46.697222222222 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude4,309 km Editar o valor en Wikidata
PaísBrasil Editar o valor en Wikidata
Data30 de marzo de 1997 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoJacques Villeneuve Editar o valor en Wikidata
Pole positionJacques Villeneuve Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaJacques Villeneuve Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio do Brasil de 1997 foi unha carreira de Fórmula 1 disputada o 30 de marzo de 1997 no Autódromo José Carlos Pace, São Paulo, Brasil. Foi a segunda carreira da tempada 1997 da Fórmula Un. A carreira de 72 voltas gañouna o piloto Jacques Villeneuve de Williams despois de que comezase desde a pole position. Gerhard Berger terminou segundo para o equipo Benetton e o piloto de Prost Olivier Panis foi terceiro.

Pre-carreira

[editar | editar a fonte]

O equipo Lola chegou a Brasil aínda sen recibir diñeiro do principal patrocinador MasterCard. Con varios millóns de dólares en débedas, o equipo volveu á base sen completar unha volta ao circuíto. Algúns días despois, o equipo retirouse oficialmente do campionato.[1]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Jacques Villeneuve logrou a súa terceira pole position consecutiva, e a quinta da súa carreira, despois de facer un tempo de 1:16.004, máis de medio segundo máis rápido que Michael Schumacher, segundo. Gerhard Berger e Mika Häkkinen completaron a segunda liña.

A carreira viu unha bandeira vermella despois de varios incidentes na primeira saída. Como en Australia, Jacques Villeneuve saíuse da pista na primeira curva. Logo, un incidente implicou varios pilotos como Damon Hill, Eddie Irvine, Giancarlo Fisichella e Jan Magnussen. Irvine levou a culpa do incidente. Adicionalmente, o coche de Rubens Barrichello fallou na liña de saída, e o bloqueo da pista foi o que finalmente causou a bandeira vermella. Na seguinte saída Barrichello reiniciou no Stewart de reposto, facendo que Magnussen perdérase a carreira.

A carreira reiniciouse coas 72 voltas que aínda faltaban. Villeneuve fixo un comezo limpo, igual que o resto dos participantes. Ao final da primeira volta, Villeneuve pasou a Michael Schumacher para retomar o liderado. Máis tarde, antes do primeiro pit stop, Berger tamén pasaría a Schumacher na recta de boxes antes da primeira curva. Irvine entrou aos pits a mediados de carreira, sufrindo unha enorme dor debido a que os seus cintos tensabannse demais na cabina.

Damon Hill novamente se viu afectado por problemas de fiabilidade, o seu motor fallou a catro voltas do final. Corría en cuarto lugar nese momento, pero caeu na pista antes de retirarse aos boxes cun incendio no motor causado por unha fuga de aceite.[2] O gañador da carreira anterior, David Coulthard, estivo fóra de ritmo e terminou en décimo lugar.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Cualificación

[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Construtor Tempo Diferenza
1 3 Jacques Villeneuve Williams-Renault 1:16.004
2 5 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 1:16.594 +0.590
3 8 Austria Gerhard Berger Benetton-Renault 1:16.644 +0.640
4 9 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:16.692 +0.688
5 14 Francia Olivier Panis Prost-Mugen-Honda 1:16.756 +0.752
6 7 Francia Jean Alesi Benetton-Renault 1:16.757 +0.753
7 12 Italia Giancarlo Fisichella Jordan-Peugeot 1:16.912 +0.908
8 4 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Williams-Renault 1:16.971 +0.967
9 1 Damon Hill Arrows-Yamaha 1:17.090 +1.086
10 11 Alemaña Ralf Schumacher Jordan-Peugeot 1:17.175 +1.171
11 22 Rubens Barrichello Stewart-Ford 1:17.259 +1.255
12 10 David Coulthard McLaren-Mercedes 1:17.262 +1.258
13 16 Johnny Herbert Sauber-Petronas 1:17.409 +1.405
14 6 Eddie Irvine Ferrari 1:17.527 +1.523
15 15 Shinji Nakano Prost-Mugen-Honda 1:17.999 +1.995
16 2 Pedro Diniz Arrows-Yamaha 1:18.095 +2.091
17 21 Italia Jarno Trulli Minardi-Hart 1:18.336 +2.332
18 20 Ukyo Katayama Minardi-Hart 1:18.557 +2.553
19 17 Italia Nicola Larini Sauber-Petronas 1:18.644 +2.640
20 23 Dinamarca Jan Magnussen Stewart-Ford 1:18.773 +2.769
21 18 Países Baixos Jos Verstappen Tyrrell-Ford 1:18.885 +2.881
22 19 Finlandia Mika Salo Tyrrell-Ford 1:19.274 +3.270
Fonte:[3]
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 3 Jacques Villeneuve Williams-Renault 72 1:36:06.990 1 10
2 8 Austria Gerhard Berger Benetton-Renault 72 +4.190 3 6
3 14 Francia Olivier Panis Prost-Mugen-Honda 72 +15.870 5 4
4 9 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 72 +33.033 4 3
5 5 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 72 +33.731 2 2
6 7 Francia Jean Alesi Benetton-Renault 72 +34.020 6 1
7 16 Johnny Herbert Sauber-Petronas 72 +50.912 13
8 12 Italia Giancarlo Fisichella Jordan-Peugeot 72 +1:00.639 7
9 4 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Williams-Renault 72 +1:15.402 8
10 10 David Coulthard McLaren-Mercedes 71 +1 volta 12
11 17 Italia Nicola Larini Sauber-Petronas 71 +1 volta 19
12 21 Italia Jarno Trulli Minardi-Hart 71 +1 volta 17
13 19 Finlandia Mika Salo Tyrrell-Ford 71 +1 volta 22
14 15 Shinji Nakano Prost-Mugen-Honda 71 +1 volta 15
15 18 Países Baixos Jos Verstappen Tyrrell-Ford 70 +2 voltas 21
16 6 Eddie Irvine Ferrari 70 +2 voltas 14
17 1 Damon Hill Arrows-Yamaha 68 Motor 9
18 20 Ukyo Katayama Minardi-Hart 67 +5 voltas 18
Ret 11 Alemaña Ralf Schumacher Jordan-Peugeot 52 Eléctrico 10
Ret 22 Rubens Barrichello Stewart-Ford 16 Suspensión 11
Ret 2 Pedro Diniz Arrows-Yamaha 15 Suspensión 16
NTS 23 Dinamarca Jan Magnussen Stewart-Ford 0 Colisión 20
Fonte:[4]

Notas da carreira

  • A carreira detívose tras o primeiro accidente na primeira volta e reiníciase coa distancia orixinal total.
  • Jan Magnussen non reiniciou a carreira.
  • Ambos Lola retiráronse por motivos económicos e non participaron máis na tempada.

Fitos: Eddie Irvine 50ª participación nun Gran Premio; Damon Hill 75ª participación nun Gran Premio; Rothmans Williams - Renault 100ª participación nun Gran Premio e 25ª vitoria.

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de Australia de 1997
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1997
Carreira seguinte:
Gran Premio da Arxentina de 1997
Carreira anterior:
Gran Premio do Brasil de 1996
Gran Premio do Brasil Carreira seguinte:
Gran Premio do Brasil de 1998
  1. Matthew Teaters (2009). Formula One Famous Failures. Trafford Publishing. p. 78. Modelo:Self-published inline
  2. Henry, Alan, ed. (1997). Autocourse 1997–98. Richmond, Surrey: Hazleton Publishing. ISBN 1-874557-47-0. 
  3. "1997 Brazilian GP Qualifying". Chicane F1. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2018. Consultado o 2007-08-03. 
  4. "1997 Brazilian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2014. Consultado o 24 de decembro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Detalles da carreira: "1997 Brazilian GP". Chicane F1. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2018. Consultado o 2007-08-03. 









ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Gran_Premio_do_Brasil_de_1997

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy