Krai de Altai
Алтайский край (ru) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Rusia | ||||
Capital | Barnaul | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.115.308 (2024) (12,51 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua rusa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 169.100 km² | ||||
Altitude | 202 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 28 de setembro de 1937 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe | Victor Tomenko (en) | ||||
Órgano lexislativo | Altai Krai Legislative Assembly (en) , (Escano: 68) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | RU-ALT | ||||
Identificador OKTMO | 01000000 | ||||
Identificador OKATO | 01 | ||||
Páxina web | altairegion22.ru |
O krai de Altái (en ruso: Алтайский край, tr.: Altaiski krai) é un dos nove krais que, xunto cos corenta e sete óblast, vinte e unha repúblicas, catro distritos autónomos e dúas cidades federais, conforman os oitenta e tres suxeitos federais de Rusia.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A súa capital e cidade máis poboada é Barnaúl. Está situado no distrito Siberia, limitando ao norte co óblast de Novosibirsk, ao leste co óblast de Kémerovo, ao sueste coa república de Altai e ao sur e ao oeste con Casaquistán.
Ten unha superficie de 167 996 km². A súa altitude media é de 202 msnm, e o seu clima é continental-temperado
Nesta rexión nace o río Obi —o segundo río máis longo do país tras o Ienisei— pola confluencia dos ríos Biya e Katun, moi preto da cidade de Bisk.
Poboación
[editar | editar a fonte]No censo do 1 de xaneiro de 2018 a súa poboación era de 2 350 080 habitantes (o 1,8 % da poboación da Federación Rusa), o que facía nese ano unha densidade de poboación de 14,28 hab./km². O 53,2 % da poboación é urbana.
Ano | 1939 | 1959 | 1970 | 1979 | 1989 | 2002 | 2010 | 2013 | 2016 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Poboación | 249 8597 | 268 3231 | 267 0261 | 268 6196 | 282 2092 | 260 7426 | 241 9755 | 239 8751 | 237 6774 |
Etnias
[editar | editar a fonte]No censo de 2002 reflicten as seguintes porcentaxes da súa poboación:
- Rusos,92 %.
- Alemáns, 3 %.
- Ucraínos, 2 %.
- Casacos, 0,4 %
- Tártaros, 0,35 %
- Belarusos, 0,32 %
- Armenios e xentes doutras nacionalidades, 0,31 %.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Bandeira
-
Escudo de armas
-
Edificio deo goberno en Barnaúl
-
Catedral
-
Montaña do Demo, no distrito de Altai
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Krai de Altai |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |