Saltar ao contido

República dos Buriatos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRepública dos Buriatos
Республика Бурятия (ru)
Буряад Улас (bxr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoAnthem of the Republic of Buryatia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 53°48′N 109°20′L / 53.8, 109.33
EstadoRusia Editar o valor en Wikidata
CapitalUlan-Ude (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación975.922 (2024) Editar o valor en Wikidata (2,78 hab./km²)
Lingua oficiallingua rusa
Lingua buriata Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Distrito Federal Siberiano (pt) Traducir (2000–2018)
Distrito Federal Oriental (pt) Traducir (2018–) Editar o valor en Wikidata
Superficie351.300 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación21 de abril de 1992 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Head of the Republic of Buryatia (en) Traducir Editar o valor en WikidataAleksey Tsydenov (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoPeople's Khural of the Republic of Buryatia (en) Traducir , (Escano: 66) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2RU-BU Editar o valor en Wikidata
Identificador OKTMO81000000 Editar o valor en Wikidata
Identificador OKATO81 Editar o valor en Wikidata

Páxina webegov-buryatia.ru Editar o valor en Wikidata

A República dos Buriatos[1][2] (en ruso Респу́блика Буря́тия, Respúblika Buriàtia; en buriato Буряад Улас, Buriaad Ulas) é unha república (suxeito federal) asiática da Federación Rusa, situada na rexión centromeridional de Siberia, na beira oriental do lago Baikal. Segundo o censo de 2002 tiña unha poboación de 981.238 habitantes, nunha extensión de 351.300 km². A capital é Ulan-Udé.

Limita, dentro de Rusia, ao norte e ao leste coa provincia de Irkutsk e o lago Baikal, ó suroeste coa república de Tuva e ao leste coa provincia de Tchita. Ó sur limita con Mongolia.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O 80% do territorio é montañoso; ó suroeste álzanse as montañas Saian, que culminan no Munku Sardik (3.491 m), na fronteira con Mongolia. Ao leste do lago Baikal atópanse as montañas Iablonovi. As principais unidades de relevo son:

  • O altos de Selenga (Sëlëngë), ao sur (1.800–700 m).
  • Os Vostochny Saians, ao leste, co Munko-Sardyk / Münxë Sar'dag xada (3.491 m), o punto máis alto do país, e o Munku Sasan (3.164 m).
  • A rexión montañesa do Baikal, cos complexos montañosos de:
    • Hamar Daban, co Han Ula (2.371 m) e Sohon (2.316 m).
    • Ulan Burgasy.
    • Chikokorsky Hrebet, co Barun-Shabartuj (2.519 m).
    • Onon Baldzinsky Hrebet, con 1.741 m.

Os ríos principais son o Selenga (Sëlëngë müren), Barguzin (Bargazhan), Udá, Verkhnaia Angara (afluentes do Baikal), Vitim (do Lena) e Irkut, Oka e Kitoi (Süxë gol) (do Ienissei). E ademais do Baikal (Bajgal nuur), o 60% da liña de costa do cal pertence á república, hai outros lagos, como o Gusinoe Ubukun (Galuuta), Baunt, Barguzin e Severnyi Baikal. Tamén hai máis de 300 arshans (fontes de auga termal).

A temperatura media anual é de -1,6 °C,sendo a media do inverno de -22 °C e a media de verán de 18 °C.

Economía

[editar | editar a fonte]

Os recursos naturais dos Buriatos son o ouro, o tungsteno, o cinque, o uranio e outros. A economía da república está baseada en importantes produtos agrícolas e comerciais que inclúen ó trigo, ás hortalizas, á madeira, á pel, ó grafito e ós téxtiles. A pesca, a caza, a gandería, a minería e a industria alimentaria, entre outros, tamén teñen a súa importancia económica.

Poboación

[editar | editar a fonte]
  • Poboación: 981.238 (2002)
    • Urbana: 584.970 (59,6%)
    • Rural: 396.268 (40,4%)
    • Masculina: 467.984 (47,7%)
    • Femenina: 513.254 (52,3%)
  • Grupos étnicos

Segundo o censo ruso de 2002, os rusos eran arredor dos dous terzos da poboación da república, mentres que os buriatos eran tan só o 27,8%. Outros grupos son os ucraínos (1,0%), tártaros (0,8%), e outros con menos do 0,5% da poboación.

Censo de 1939 Censo de 1959 Censo de 1970 Censo de 1979 Censo de 1989 Censo de 2002
Buriatos 116.382 (21,3%) 135.798 (20,2%) 178.660 (22,0%) 206.860 (23,0%) 249.525 (24,0%) 272.910 (27,8%)
Soiots 2.739 (0,3%)
Rusos 393.057 (72,0%) 502.568 (74,6%) 596.960 (73,5%) 647.785 (72,0%) 726.165 (69,9%) 665.512 (67,8%)
Ucraínos 13.392 (2,5%) 10.183 (1,5%) 10.769 (1,3%) 15.290 (1,7%) 22.868 (2,2%) 9.585 (1,0%)
Tártaros 3.840 (0,7%) 8.058 (1,2%) 9.991 (1,2%) 10.290 (1,1%) 10.496 (1,0%) 8.189 (0,8%)
Evenkis 1.818 (0,3%) 1.335 (0,2%) 1.685 (0,2%) 1.543 (0,2%) 1.679 (0,2%) 2.334 (0,2%)
Outros 17.277 (3,2%) 15.384 (2,3%) 14.186 (1,7%) 17.630 (2,0%) 27.519 (2,7%) 19.969 (2,0%)

O buriato é a lingua oficial xunto co ruso.

  1. "Buriatos, República dos". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 374. 
  2. "Buriatos, República dos [Bur'atskaja AR] Entidade político-administrativa, situada en Siberia, Rusia, entre o lago Baikal e Mongolia..." en Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t.11. p. 41.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy