Saipan
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2015.) |
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Área insular | Illas Marianas do Norte | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 48.220 (2010) (417,92 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 115,38 km² | |||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Altitude | 1 m | |||
Punto máis alto | Mount Tapochau (en) (474 m) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 96950 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 670 | |||
Código de departamento INSEE | 69110 | |||
Identificador GNIS | 1390583 | |||
Saipán é a illa máis grande e a capital do territorio insular estadounidense das Illas Marianas do Norte, un arquipélago de 15 illas situado no océano Pacífico occidental. Cunha extensión de 115,39 km², ten como poboación a 52.263 habitantes segundo o censo do ano 2017. Amais do inglés, ao redor dun 20% fala o chamorro.
A 200 km do norte de Guam, ten uns 20 km de longo e 9 de ancho. O seu punto máis alto é o monte Tapochau (474m), considerado por algúns un volcán extinguido.
Historia
[editar | editar a fonte]Descubrimento e anexión a España
[editar | editar a fonte]Saipan, xunto aos seus veciños Guam, Rota, Tinian e pequenas illas ao norte foron habitadas por primeira vez cerca do ano 2000 a. C.[Cómpre referencia]. O navegante portugués ao servizo da coroa española Fernão de Magalhães foi o primeiro europeo que divisou a illa e que se atopou cos Chamorros en 1521. A illa foi anexionada a España como parte das Illas Marianas. Preto de 1815, moitos habitantes de Satawal asentáronse en Saipán durante un período no que os Chamorros estaban prisioneiros en Guam, o que resultou nunha perda de terras e de dereitos para os nativos.CNMI: Tanapag - Arrival: Come Ashore Carolinian-Marianas Voyaging, Continuing the Tradition
Dominio do Imperio xaponés
[editar | editar a fonte]En 1899, logo da Guerra Hispano-Estadounidense, España decidiu vender as Marianas, as Carolinas e as Marshall aos Estados Unidos, pero o goberno de William McKinley considerou elevada a suma de diñeiro solicitada. Todas estas illas, incluíndo a Saipán, foron vendidas finalmente ao Imperio Alemán por uns 4 millóns de dólares estadounidenses da época. O dominio alemán prolongouse ata o final da primeira guerra mundial e en 1922 o Imperio xaponés tomou o control da illa baixo o Mandato do Pacífico Sur da Liga de Nacións. Os xaponeses desenvolveron as industrias pesqueiras e do azucre.
Durante o mandato xaponés, os nenos nativos foron obrigados a asistir a escolas xaponesas durante seis anos, e despois podían optar por seguir unha carreira de especialización agrícola. A principal produción agrícola da illa foi a cana de azucre. A Compañía de Desenvolvemento do Mar do Sur, de orixe xaponesa, controlaba a maior parte da produción da illa, e moitos empregados xaponeses asentáronse nela.
Nos anos 30 encheron a illa de guarnicións que albergaron ás tropas que chegaron despois e que en 1941 eran preto de 30.000. En 1935 construíron unha pista de aterraxe ao sur de Saipán. Pouco despois agregouse unha base para hidroavións ao oeste e unha pista para cazas ao norte. Algúns oficiais estadounidenses declararon publicamente que o Xapón estaba convertendo a Saipán nunha base militar, algo que non estaba permitido no mandato. En 1937, ao desaparecer Amelia Earhart e Fred Noonan, algunhas testemuñas aseguraban habelos vistos apresados polos xaponeses por espiar instalacións militares. levou a cabo unha investigación estadounidense ao terminar a segunda guerra mundial, pero non se atopou evidencia concluínte.
Segunda guerra mundial
[editar | editar a fonte]O 15 de xuño de 1944, durante a segunda guerra mundial, os marines dos Estados Unidos de América desembarcaron nas praias do suroeste da illa e pelexaron durante tres semanas na Batalla de Saipán para liberala dos xaponeses. A batalla foi levada ao cine por John Woo na película Windtalkers.
En marzo de 1943, durante a segunda guerra mundial, Saipán converteuse nos cuarteis xerais da Segunda Frota de Escoltas de convois, uns 16 destrutores, 5 fragatas costeiras e 5 torpedeiros. O 3 de marzo de 1944, o America maru partiu cara ao Xapón levando a 1700 pasaxeiros, a maioría familiares de empregados da Compañía de Desenvolvemento do Mar do Sur. Abandonaban a illa seguindo unha orde de repatriación de todos os anciáns, mulleres e nenos. Tres días despois, o submarino estadounidense USS Nautilus torpedeou o cargueiro e como resultado morreron 655 persoas.
Unión aos Estados Unidos de América
[editar | editar a fonte]As Illas Marianas uníronse aos EUA en novembro de 1986. Durante as negociacións entre ambas as partes acordouse que as Illas Marianas estarían eximidas de certas leis federais, incluíndo algunhas sobre o traballo e sobre inmigración. Un resultado foi un aumento do número de hoteis e do turismo. Con todo, ducias de fábricas de roupa abriron e a fabricación de pezas de vestir converteuse na industria máis importante das illas, empregando por centos de traballadores estranxeiros, ao mesmo tempo que etiquetan as pezas con "made in the USA". Estas pezas de baixo custo véndense maioritariamente no mercado estadounidense e están exentas de aranceis.
Demografía
[editar | editar a fonte]En 1941 vivían en Saipán 30.000 persoas e menos de 4.000 deles eran nativos; a poboación aumentou ata as 62.392 persoas segundo o censo do ano 2000, dos cales case 12.000 son nativos. Habitan na illa gran número de estranxeiros (debido á alta contratación de traballadores) da China, Bangladesh, Filipinas, Tailandia, Vietnam e Camboxa. Ademais, unha alta porcentaxe da poboación da illa inclúe inmigrantes de primeira xeración do Xapón, China e Corea, así como doutros estados de Micronesia. A distribución por sexos indica que o 54,8% son mulleres e o 45.2% son homes. A media de idade dos habitantes da illa é de 28,7 anos, que é maior que na maioría de rexións pacíficas debido ao seu volume de traballadores estranxeiros. O idioma máis falado é o inglés aínda que unha minoría (ao redor dun 20%) tamén fala chamorro, lingua tamén oficial no país.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Saipan |