Saltar ao contido

Silo (rei)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSilo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VIII Editar o valor en Wikidata
Pravia, España Editar o valor en Wikidata
Morte783 Editar o valor en Wikidata
Pravia, España Editar o valor en Wikidata
Monarca do Reino de Asturias
774 – 783
← AurelioMauregato → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguerreiro, gobernante Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei de Asturias Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía ástur-leonesa Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAdosinda Editar o valor en Wikidata
FillosAdelgaster Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Asturias-16

Silo (Silo Silonis), finado en Pravia (Asturias) no 783, cítase como rei de Galicia nas fontes documentais árabes[1][2] e cristiáns[3]. Gobernou gran parte da Galicia altomedieval desde 774 a 783. Accedeu ao trono polo seu casamento con Adosinda, filla do rei Afonso I e mudou a corte de Cangas de Onís a Pravia (Asturias). O seu reinado está marcado pola paz con Al-Andalus, sendo coetáneo do rei franco Carlomagno e do emir Omeia de Córdoba Abderramán I.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A orixe de Silo é totalmente descoñecida, datos básicos como o seu nacemento, o seu lugar de procedencia ou incluso os nomes dos seus pais son un enigma. Os escasos datos históricos do seu curto reinado -de apenas 9 anos- están baseados case unicamente en tres crónicas escritas máis de cen anos despois do reinado de Silo, nas chamadas Crónicas de Afonso III, redactadas pouco antes do ano 900 por orde do rei Afonso III o Magno.

Á xa diferenza temporal entre os supostos feitos de Silo (774-783) e a descrición destas Crónicas (ano 888-900), hai que sumar o feito de que estas foron redactadas co obxectivo político de presentar a Afonso III como lexítimo e indiscutible monarca dunha suposta liñaxe real que pretendía facelo herdeiro dos visigodos. Debido a isto, a veracidade destas crónicas é seriamente discutida entre os académicos, e os datos deben ser interpretados en clave histórica.

Acceso ao trono

[editar | editar a fonte]

A documentación ao respecto non só é escasa senón incluso contraditoria. Para a versión Rotense da Crónica de Afonso III, tras a morte de Aurelio, Silo tomou en matrimonio á filla de Afonso I, -de nome Adosinda- o que lle tería propiciado o acceso ao trono. Porén, a Crónica Albeldense fai fincapé no feito de que "no tempo de Aurelio, Silo tomou por esposa a Adosinda, irmá do rei Froila, coa que máis tarde alcanzaría o trono". Se ben as crónicas difiren se o casamento con Adosinda foi previo ou posterior á morte de Aurelio, o certo é que ambas coinciden en sinalar que Silo accedeu ao trono grazas a Adosinda.

Con todo, numerosos autores apuntan que a verdadeira razón do acceso de Silo ao poder fose debido ao apoio da mesma facción nobiliaria que apoiou o goberno de Aurelio, e posteriormente de Mauregato e Vermudo I, sendo posiblemente.

Traslado da Corte a Pravia

[editar | editar a fonte]

Ao acceder Silo ao trono trasladou a capital de Cangas de Onís a Pravia, xa que formaba parte da aristocracia local e posuía terras neses territorios. Ademais, o traslado da corte obedecía a motivos estratéxicos, xa que Pravia, antigo asentamento romano, estaba no fondo do Val do Nalón e preto dunha vía romana terminal de Asturica Augusta. Por último, ao terse ampliado o reino até Galicia, Cangas de Onís quedaba nun lugar demasiado excéntrico.

A súa tumba, e a da súa esposa Adosinda, encóntranse na igrexa de San Xoán (Santianes de Pravia) de estilo prerrománico na localidade de Santianes (Pravia, Asturias).

Política

[editar | editar a fonte]

Segundo as redaccións Rotense e Sebastianense da Crónica de Afonso III, tamén o monarca Silo tivo que enfrontarse no seu reinado a unha revolta daqueles que se opoñían ao seu poder na Galicia altomedieval, continuación sen dúbida das habidas contra os reis Froila I e Aurelio, con todo a Crónica Albeldense non fai mención algunha a este suposto feito. A confrontación das tropas de Silo contra os rebeldes foi a batalla de Montecubeiro, con todo é moi posible que a natureza desta revolta fose, como as anteriores, a oposición á integración forzosa nunha estrutura estatal superior.[4].

Ao no ter descendencia, todo parecía indicar que Afonso, fillo de Froila I e polo tanto sobriño de Adosinda (o futuro Afonso II), sería o seu inmediato sucesor, pero unha revolta deu o trono ao seu tío Mauregato, fillo natural de Afonso I cunha serva de orixe musulmán. Esta relación que dificultou o ascenso ao trono de Afonso II levou a unha posterior difamación sobre el e o seu reinado:

debería interpretarse como parte da damnatio memoriae emprendida contra Silo, Mauregato e Vermudo I, cuxa causa non estriba en absoluto nas boas relacións cos musulmáns, pois estas foron se cadra aínda máis intensas en épocas posteriores e por parte de monarcas supostamente reconquistadores, senón no simple feito de ditos "reis" obstaculizaren o ascenso ao trono de Afonso II, personaxe claramente favorito da construción historiográfica do ciclo de Afonso III e os seus continuadores[5]

O diploma do rei Silo

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Celeiro (documento).

O máis antigo pergameo do estado trata dunha doazón privada do rei a uns monxes de Trabada para construír un templo, do ano 775, chamado Diploma do rei Silo ou Celeiro.

O Celeiro ou o diploma de Silo, princeps ou rei de Galiza, é o documento considerado máis antigo conservado na Península Ibérica no cal o monarca fai unha doazón a uns monxes para construíren un templo entre Eo/Xove e Masma. Está confirmado polos tamén reis de Galiza Afonso II, Ramiro I, Ordoño I e Afonso III.


  1. Carballeira Debasa, Ana María (2007). Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales. CSIC. p. 131. Rei de Galicia (Yilliqiya) (citando a Ibn al-Athir, Ibn Khaldun, Ibn Al-Khatib, al-Qalqashandi e El-Hajji) 
  2. Ibn El-Atir. Fagnan, ed. Annales du maghreb & de l'espagne (en francés) (1897 ed.). mourut Chîloûn (Silon), roi de Galice, que l'on remplaça par Alphonse 
  3. Amoenitatum juris canonici semestria duo 1. p. 132. Ovetum urbs Gallaeciae (..) fundata regnante Sylone, Rege Gallaeciae (doc. papal Honorio III) 
  4. López Teixeira, 2003, pp 75-76
  5. Anselmo López Carreira: O reino medieval de Galicia. Promoción culturais Galegas 2005, páxina 178.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Os reis e as raíñas da Galiza.
Aurelio, Silo, Mauregato e Vermudo I. Os príncipes galaicos polas armas (768-791)
(Nós Diario, 21.09.2022)

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Asturianos universales 11 : Silo, Juan Uría Riu, Alonso de Quintanilla, Luis Fernández de la Vega, Alfonso Marañón de Espinosa. Ediciones Páramo, S.A. 1997 ISBN 84-87253-30-X
  • García Leal, Alfonso: El diploma del rey Silo. Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa 2008 ISBN 978-84-95892-36-2
  • Anselmo López Carreira, Tucho Fernández Calo, Os reis de Galicia, Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1.
  • Xosé Antonio López Teixeira, Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910), Editorial Toxosoutos, S.L. 02/2003.
  • Anselmo López Carreira, O reino medieval de Galicia, Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A., 2005, ISBN 84-96403-54-8.
  • Nogueira, C. (2001): A Memoria da nación: o reino da Gallaecia. Xerais, Vigo.
  • Barbosa Álvarez, José Manuel, Atlas histórico da Galiza, Ediçons da Galiza, ISBN 978-84-936218-1-
Reino de Galicia

Segue a:
Aurelio
Silo (rei)
Precede a:
Mauregato
Reis usurpadores
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy