Hendrik Mäkeler
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1979. Rinteln, Alemaña |
País de nacionalidade | Alemá |
Educación | Universidade de Kiel. |
Q89547790 | Director do Gabinete Numismático da Universidade de Uppsala. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | numismático, historiador |
Influencias | |
Premios | |
- (1995): Eligiuspreis (categoría xuvenil). - (2011): Premio da GIG. | |
Sitio web | hendrik.maekeler.eu… |
Hendrik Mäkeler, nado en 1979 en Rinteln, na Baixa Saxonia, é un numismático alemán.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Hendrik Mäkeler cursou entre 1999 e 2004 os seus estudos superiores de Historia Medieval e Moderna, de Arqueoloxía Nórdica e de Filoloxía Nórdica na Universidade Christian Albrechts de Kiel. Entre 2002 e 2004 foi beneficiario dunha das bolsas á excelencia da fundación Studienstiftung des Deutschen Volkes.[1]
O seu traballo de fin de mestrado en 2004 titulouse The accounting book of the Speyer printer Peter Drach (around 1450-1504)" e foi publicado en 2006.[3] En 2008 acadou o seu doutoramento na mesma universidade coa tese Imperial coinage in the late middle ages, publicada en 2010.[1][4]
Entre 2008 e 2017 foi director do Gabinete Numismático da Universidade de Uppsala.[1] A partir de novembro de 2017 é o director de Numismática e Historia Monetaria do Deutsche Bundesbank.[2][5]
Ademais, en 2012 foi profesor invitado no Instituto Histórico da Universidade de Mannheim.[1]
Desde 2007 é membro correspondente da Sociedade Numismática Sueca.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 1995: Eligiuspreis (categoría Jugendpreis), da Sociedade Numismática Alemá.[6]
- 2011: Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional. [7]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma do máis salientable das publicacións de Hendrik Mäkeler:[8][9]
Monografías
[editar | editar a fonte]- (2006-a-). Das Rechnungsbuch des Speyerer Druckherrn Peter Drach d. M. (um 1450–1504). St. Katharinen 2006. ISBN 978-3-89590-163-8
- (2006-b-). Münzkabinett der Universität Uppsala. Deutsche Münzen der Wikingerzeit sowie des hohen und späten Mittelalters (con P. Berghaus). Uppsala. ISBN 91-554-6603-6
- (2006-c-). Deutsche Münzen der Wikingerzeit sowie des hohen und späten Mittelalters (con P. Berghaus). Uppsala. ISBN 978-9155466039
- (2010). Reichsmünzwesen im späten Mittelalter. Teil 1: Das 14. Jahrhundert. Stuttgart. ISBN 978-3-515-09658-4
- (2014). Survey of Numismatic Research 2008-2013: Deutschland (con M. Matzke). Uppsala.
- (2015-a-). Förkortningar: Glossarium till medeltidslatinet i Sverige / Abkürzungen : Glossarium mediae latinitatis Sueciae. Uppsala.
- (2015-b-). Om utställningen i Uppsala universitets myntkabinett (con H. Nilsson). Uppsala.
Artigos
[editar | editar a fonte]- (2001). "Der Münzfund 'Hünenburg' bei Todenmann und der Sachsenaufstand unter Heinrich IV". En Berghaus, P. et al. (eds.). Westfalia numismatica 2001. Münster. Páxinas 25-45.
- (2005-a-). "Wikingerzeitlicher Geldumlauf im Ostseeraum. Neue Perspektiven". En Quaestiones Medii Aevi Novae. 10. Páxinas 121-149.
- (2005-b-). "Bemerkungen zu den Anfängen der Stempelvergleichenden Methode". En Geldgeschichtliche Nachrichten. 223. Maio. Páxinas 128-132
- (2009-a-). "Carl Säve, der Fund von Kättilstorp und die karolingischen Münzen im Münzkabinett der Universität Uppsala" (con P. Berghaus). En Nilssson, H. (ed.). Opus mixtum: uppsatser kring Uppsala universitets myntkabinett. Uppsala. Páxinas 157-200. ISBN 978-91-554-7562-8
- (2009-b-). "Carl von Linné, pengarna och Uppsala universitets myntkabinett". En Ekström, C. et al. (eds.). Samlad glädje 2009: Numismatiska Klubben Uppsala 1969-2009. Uppsala. Páxinas 155-165. ISBN 978-91-9780-1-4
- (2012). "Peter Berghaus (1919-2012)". En Compte Rendu. 59. International Numismatic Council. Páxinas 78-82.
- (2018). "Gold als Zahlungsmittel". En Thiele, C-L. (ed.). Das Gold der Deutschen. Páxinas 25-59. Múnic. ISBN 978-3-7774-3074-4
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Hendrik Mäkeler". Web persoal de Mäkeler.
- ↑ 2,0 2,1 Redacción (11 de abril de 20119). "Hendrik Mäkeler". swr.de (en alemán). Consultado o 27 de outubro de 2020.
- ↑ Véxase (2006-a-) en "Publicacións. Monografías".
- ↑ Véxase (2010) en "Publicacións. Monografías".
- ↑ Berger, F. (2018). "Hendrik Mäkeler neuer Leiter der Numismatik und Geldgeschichte bei der Deutschen Bundesbank". En Geldgeschichtliche Nachrichten. 53-297. Páxina 177.
- ↑ "Eligiuspreis 1978-1995". numismatische-gesellschaft.de (en alemán). Consultado o 27 de outubro de 2020.
- ↑ "GIG-Ehrenpreisträger Arquivado 03 de marzo de 2020 en Wayback Machine.". No sitio web da SHMI.
- ↑ "Mäkeler, Hendrik 1979- Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Mäkeler, Hendrik". Regesta Imperii.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hendrik Mäkeler |