Wolfram Weiser
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de maio de 1954 Mönchengladbach, Alemaña |
Morte | 6 de febreiro de 2022 (67 anos)) Colonia. Renania do Norte-Westfalia. |
País de nacionalidade | Alemán. |
Educación | Universidade de Colonia. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Lugar de traballo | Colonia |
Ocupación | numismático |
Premios | |
1999: Premio da GIG. |
Wolfram Weiser, nado en Mönchengladbach o 5 de maio de 1954 e finado en Colonia o 6 de febreiro de 2022, foi un numismático alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Wolfram Weiser cursou o seu ensino secundario no Arndt-Gymnasium de Krefeld, no seu Estado natal, e logo de concluír o seu servizo militar realizou os seus estudos superiores de Historia, Economía, Latín e Grego na Universidade de Colonia. En 1982 acadou o seu doutoramento cunha tese acerca das moedas bitinias de bronce de Nikaia durante o Imperio Romano,[1] baixo a dirección de Reinhold Merkelbach.[2]
O primeiro interese das súas investigacións posteriores seguiron a ser as emisións monetarias da Asia Menor e do Oriente de fala grega na Antigüidade, aínda que tamén se ocupou intensamente na cuñaxe de moeda romana en Occidente e en diversos aspectos na numismática posterior á Antigüidade. Tamén ten varios centrados acerca das emisións do emperador Póstumo en Colonia.[1]
En 1997 foi nomeado profesor honorario de Historia Antiga, cunha énfase especial na umismática, na Universidade de Colonia.[1][2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma dos principais traballos monográficos publicados por Wolfram Weiser ao longo da súa carreira:[4][5][6]
Monografías
[editar | editar a fonte]- (1983). Katalog der Alexandrinischen Kaisermünzen der Sammlung des Instituts für Altertumskunde der Universität zu Köln. Westdeutscher Verlag, Opladen.
- Vol. 4: Claudius Gothicus - Bleimünzen. ISBN 978-3531099170
- Vol. 5: Indices zu den Bänden 1-4. ISBN 978-3531099187
- (1983). Katalog der Bithynischen Münzen der Sammlung des Instituts für Altertumskunde der Universität zu Köln. Band 1: Nikaia – mit einer Untersuchung der Prägesysteme und Gegenstempel. Westdeutscher Verlag, Opladen. ISBN 978-3531099194
- (1995). Katalog Ptolemäischer Bronzemünzen der Sammlung des Instituts für Altertumskunde der Universität zu Köln. Westdeutscher Verlag, Opladen. ISBN 978-3531099378
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Offermann, B.; Breternitz, P. "Prof. Dr. Wolfram Weiser verstorben". Numismatische Gesellschaft Kölner Münzfreunde. Febreiro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Möller-Weiser, D. (2022).
- ↑ "GIG-Ehrenpreisträger". Ehrenpreis der Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte.
- ↑ "Weiser, Wolfram Arquivado 12 de setembro de 2022 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Weiser, Wolfram". WorldCat Identities.
- ↑ "Weiser, Wolfram". Regesta Imperii.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Möller-Weiser, D. "Prof. Dr. Wolfram Weiser (1954-2022"). En Münzen Woche. 17 de febreiro de 2022.