Saltar ao contido

Sebastian Steinbach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSebastian Steinbach
Biografía
Nacemento1978
Berlín, Alemaña Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeAlemaña Alemán
EducaciónUniversidade Humboldt de Berlín.
Universidade de Paderborn.
Actividade
Campo de traballoNumismática e historiografía.
Lugar de traballo Osnabrück (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónhistoriador, medievalista, numismático, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
Premios
2018: Premio Walter Hävernick.

Sebastian Steinbach, nado en Brelín en 1978, é un historiador medievalista e numismático alemán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación

[editar | editar a fonte]

Entre 1998 e 2003, Sebastian Steinbach estudou Historia Medieval, Literatura e Lingua Alemá Antiga, así como Socioloxía na Universidade Humboldt de Berlín,[1] onde tivo como profesor a Bernd Kluge. Alí acadou o seu mestrado cun traballo titulado "As cuñaxes de Henrique II (1002-1024): estrutura, política e efecto do réxime de cuñaxe de moedas no período otoniano tardío".[2][3]

En 2004 ingresou no Instituto de Investigación Interdisciplinaria da Idade Media (IEMAN), da Universidade de Paderborn, onde acadou o douroramento en 2006,[1] cunha tese que levaba por título "Dereito da moeda: cuñaxe e circulación monetaria nos mosteiros franco-alemáns orientais no período otoniano-saliano (ca. 911-1125)".[2][3]

Carreira académica

[editar | editar a fonte]

De 2006 a 2016 traballou na casa de poxas numismáticas Fritz Rudolf Künker, de Osnabrück, como experto de moedas e medallas medievais e dos inicios da Idade Moderna. Nese mesmo período tamén asumiu diversos labores docentes de Historia Medieval e de Ciencias Auxiliares da Histoira,[1] nas Universidades de Paderborn, Osnabrück, de Münster e de Hagen.[2][3]

En 2015, Steinbach acadou a súa habilitación para a docencia de Historia Medieval na Universidade de Osnabrück,[1] cun traballo sobre o sistema monetario e a cuñaxe de moeda como fonte para a identidade étnica e a organización do dominio no Imperio Visigodo español (ca. 572-714).[4] A partir dese momento foi profesor visitante de Historia Medieval e de Ciencias Históricas Auxiliares da Historia nas Universidades de Münster (2016) e de Heidelberg (2018-2019), e de Historia Económica e Social na Universidade de Osnabrück (2016-2018), e posteriormente exerceu como profesor a título particular na Universidade de Gotinga e na de Osnabrük.[2][3]

Entre 2019 e 2021 foi conservador do gabinete numismático do Landesmuseum Hannover, na Baixa Saxonia.[3] Tamén foi representante deste Estado na Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña.[2]

En 2021 asumiu a dirección do Museo da Abadía de Liesborn, no distrito de Warendorf.[1][2]

No ámbito asociativo, Sebastian Steinbach é membro da Asociación de Medievalistas, da Sociedade de Historia Monetaria Internacional, da Sociedade Numismática de Berlín, entre outras entidades.[3]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Sebastian Steinbach publicou un bo número de artigos en diverssas revistas especializadas e opbras colectivas. Esta é unha escolma dos seus traballos monográficos máis salientables:[8][9][10][11][12]

  • (2007). Das Geld der Nonnen und Mönche. Münzrecht, Münzprägung und Geldumlauf der ostfränkisch-deutschen Klöster in ottonisch-salischer Zeit (ca. 911–1125). Winter Industries, Berlín. ISBN 978-3866242333
  • (2017). Imitation, Innovation und Imperialisierung. Geldwesen und Münzprägung als wirtschaftshistorische Quellen zur ethnischen Identität und Herrschaftsorganisation des spanischen Westgotenreiches (ca. 572–714). LIT Verlag, Berlín. ISBN 978-3643136404
  • (2021). Einführung in die Wirtschaftsgeschichte. 3: Mittelalter. W. Kohlhammer, Stuttgart. ISBN 978-3170367166
  • (2021). Numismatik. Eine Einführung in Theorie und Praxis. W. Kohlhammer, Stuttgart. ISBN 978-3170410084
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Brüggenthies, B. (2021).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Steinbach, Sebastian". En Coins Weekly. 2 de novembro de 2016.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "PD Dr. Sebastian Steinbach". Universität Osnabrük.
  4. 4,0 4,1 Klose, D. O. A. "Walter-Hävernick-Preis 2018". Muenzen-online.com
  5. "Steinbach, Sebastian". En Coins Weekly. 2 de novembro de 2016.
  6. "GIG-Ehrenpreisträger". No sitio web da Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte -GIG-.
  7. "Osnabrücker Historiker Dr. Sebastian Steinbach erhält Ehrenpreis der Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte (GIG)". En Osnabrücker Geschichtsblog. 25 de abril de 2018.
  8. "Steinbach, Sebastian 1978- Arquivado 12 de xullo de 2022 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  9. "Steinbach, Sebastian". WorldCat Identities.
  10. "Sebastian Steinbach". Academia.edu
  11. "Sebastian Steinbach". Regesta Imperii.
  12. "Publikationsverzeichnis (in Auswahl) Dr. phil. habil. Sebastian Steinbach". Universität Osnabrük.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy