Michael Matzke
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de outubro de 1966 |
Morte | 20 de maio de 2020 (53 anos)) Friburgo. Baden-Württemberg. |
País de nacionalidade | Alemán. |
Educación | Universidade de Tubinga. Universidade de Pisa. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismáticae historiografía. |
Ocupación | numismático, medievalista, historiador da arte, escritor de non ficción |
Familia | |
Cónxuxe | Gerhild Löffler. |
Premios | |
2017: Premio da GIG. |
Michael Matzke, nado o 28 de outubro de 1966 e finado en Friburgo, Baden-Württemberg, o 20 de maio de 2020, foi un numismático e medievalista alemán, especialista na moeda da Idade Media.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Michael Matzke cursou estudos superiores de Historia Medieval, Historia da Arte, Estudos Culturais Empíricos e Ciencias Auxiliares da Historia na Universidade de Tubinga e na Universidade de Pisa.[1][2][3]
Logo da súa graduación, de 1991 a 1995 foi asistente de investigación no Instituto de Xeografía Histórica e Ciencias Auxiliares Históricas, así como no Centro de Investigación de Numismática Islámica de Tubinga e no Instituto de Arqueoloxía Clásica da universidade desta cidade.[1][2][3]
En maio de 1995 acadou o seu doutoramento en Historia Medieval cunha tese acerca do arcebispo Dagoberto de Pisa, focalizado nos seus aspectos económicos e numismáticos.[2] Entre 1996 e 1999 foi asistente de investigación no Instituto de Estudos Históricos Rexionais da Universidade de Tubinga para o proxecto "A moeda medieval nas rexións mineiras",[1] compaxinando este posto coa docencia na Facultade de Historia da mesma universidade.[3]
De 1999 a 2001, Michael Matzke foi profesor na Facultade de Clásicas da Universidade de Cambridge e traballou no gabinete numismático do Museo Fitzwilliam desta universidade, inicialmente no marco dun proxecto sobre a cuñaxe medieval europea e logo como conservador de moedas antigas e medievais. Nesta institución colaborou coa confección do volume número 12 da serie Medieval European Coinage, centrado na moeda do Norte de Italia.[2][3][4] Entre 2001 e 2006 foi asistente de investigación de Historia Medieval e Ciencias Auxiliares Históricas na Universidade de Marburgo.[1][3]
O 1 de febreiro de 2006 accedeu ao posto de conservador do Gabinete Numismático do Museo de Historia de Basilea, en Suíza, que ocupou ata o seu falecemento.[5] Entre 2007 e 2018 tamén exerceu como profesor temporal na Universidade de Friburgo,[1] e desde 2015 colabora nun proxecto de inventariación de moedas achadas en Suíza.[2][3]
Michael Matzke foi membro de diversas entidades asociativas e académicas, entre elas o Grupo de Traballo Suízo de Achados Monetarios (SAF), a Sociedade Suíza de Numismática, o Grupo Interuniversitario para a Historia da Europa Mediterránea, a Sociedade Histórica de Pisa, a Sociedade de Historia Monetaria Internacional e a Royal Numismatic Society.[1]
Michel Matzke faleceu o 20 de maio de 2020.[6][7][8]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (2017): Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional, de Frankfurt.[9]
- (2018): Premio Duchalais, da Académie des Inscriptions et Belles-Lettres, de París.[1][10]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables dos publicados por Michael Matzke ao longo da súa carreira:[11][12][13][14]
- (1998). Daibert von Pisa. Zwischen Pisa, Papst und erstem Kreuzzug. Thorbecke, Sigmaringen. ISBN 3-7995-6754-2
- (1998). Sylloge Nummorum Graecorum. Deutschland. Sammlung der Universität Tübingen. Heft 6: Phrygien - Kappadokien. Römische Provinzprägungen in Kleinasien (con D. Mannsperger). Hirmer, Múnic. ISBN 3-7774-7460-6
- (2004). Dirham und Rappenpfennig 2: Mittelalterliche Münzprägung in Südwestdeutschland (con W. Heß e B. Breyvogel). Habelt, Bonn. ISBN 3-7749-3299-9
- (2010). Der Basler Schatzfund von 1854 und das Rätsel der Salomon-Denare. Baumann & Cie. Basilea. ISBN 978-3-9523739-0-3
- (2012). Cantone Ticino. Ritrovamenti monetali da chiese (con J. Diaz Tabernero e H-U. Geiger). Berna. ISBN 978-2-940086-09-2
- (2014). Survey of Numismatic Research 2008-2013: Deutschland (con H. Mäckeler). Uppsala.
- (2015). Stadt im S(p)iegel. Basels älteste Stadtsiegel. Baumann & Cie. Basilea. ISBN 978-3-9524338-3-6
- (2016). Medieval European Coinage. Vol. 12. Italy I: Northern Italy. (con W. R. Day e A. Saccocci ). ISBN 978-0521260213
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Matzke, Michael". En Coins Weekly. 16 de agosto de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Kampmann, U. (2020).
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Curriculum von Dr. Michael Matzke". Albert-Ludwigs-Universität Freiburg.
- ↑ Campmann, U. (2017). "Ein 'Muss' für jede Mittelalter-Bibliothek". En Coins Weekly. 21 de xuño.
- ↑ "Neuer Konservator für das Münzkabinett des Historischen Museums Basel". En Schweizer Münzblätter. 221. Marzo de 2006. Páxina 31.
- ↑ Esquelas Arquivado 12 de setembro de 2022 en Wayback Machine. en Tages Anzeiger. 3 de xuño de 2020.
- ↑ "Nachruf auf Michael Matzke". Historisches Museum Basel.
- ↑ Fehlmann, M. (2020).
- ↑ "GIG-Ehrenpreisträger". Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte.
- ↑ "Palmarès 2018". Académie des Inscriptions et Belles-Lettres.
- ↑ "Matzke, Michael Arquivado 12 de setembro de 2022 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Matzke, Michael". WorldCat Identities.
- ↑ "Michael Matzke (1966-2020) Arquivado 12 de setembro de 2022 en Wayback Machine.". Coingallery.de
- ↑ "Publikationsliste Matzke". Albert-Ludwigs-Universität Freiburg.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fehlmann, M. (2020). "Die ordnende Hand im Basler Münzschatz". En Basler Zeitung. 2 de xuño de 2020.
- Kampmann, U. (2020). "Michael Matzke (1966-2020)". En Coins Weekly. 4 de xuño de 2020.