Saltar ao contido

Iggy Pop

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIggy Pop
Nome orixinal(en) James Osterberg Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) James Newell Osterberg Editar o valor en Wikidata
21 de abril de 1947 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Muskegon, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesIggy Pop Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Míchigan
Pioneer High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, compositor de cancións, guitarrista, actor, artista discográfico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1965 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock, hard rock, Protopunk, garage rock, punk rock, Glam rock, post-punk e rock alternativo Editar o valor en Wikidata
TesituraBarítono Editar o valor en Wikidata

InstrumentoGuitarra, Instrumento de percusión, guitarra acústica, teclado e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoArista
Virgin Records
RCA
Elektra Records
Fat Possum Records
A&M Records
Chrysalis
I.R.S. Records
Virgin Music (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeNina Alu (2008–)
Suchi Asano (1984–1999)
Wendy Weissberg (1968–1968) Editar o valor en Wikidata
FillosEric Benson
 () Paulette Benson Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webiggypop.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0006563 Allocine: 13105 Allmovie: p57341 TV.com: people/iggy-pop
Facebook: iggypop Twitter: IggyPop Youtube: UCRkrwxsHkK5pY8es61J5oGg BNE: XX877631 Bandcamp: iggypop Spotify: 33EUXrFKGjpUSGacqEHhU4 iTunes: 13622 Last fm: Iggy+Pop Musicbrainz: f37b3f31-b1f8-4b88-8cb5-b34f709b17d7 Songkick: 170739 Discogs: 11073 Allmusic: mn0000926548 WikiTree: Osterberg-50 Deezer: 868 Genius: Iggy-pop Editar o valor en Wikidata

James Newell Osterberg, Jr., nado en Muskegon (Míchigan) o 21 de abril de 1947, é un cantante estadounidense de punk rock, máis coñecido polo seu nome artístico, Iggy Pop. É considerado un dos maiores innovadores no punk rock e estilos relacionados.

Iggy Pop foi o cantante e líder de The Stooges, unha pioneira banda de fins dos 60 e principio dos 70 moi influente en desenvolvemento do punk. The Stooges fíxose famosa polas súas actuacións en vivo, onde Iggy saltaba do escenario (inventando así o stage diving ou salto ao público), tirábase carne crúa e manteiga de cacahuete sobre o peito e cortábase con botellas rotas. Moitos outros imitaron as travesuras de Iggy.

Iggy Pop tivo distinto grao de éxito nos seus 25 anos de carreira como solista. Temas coñecidos seus son "Search & Destroy", "Lust for Life", "I'm Bored", "The Passenger", "I Wanna Be Your Dog" e "Candy".

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Creceu en Ann Arbor, e comezou no mundo da música como batería en varias bandas de instituto; entre elas estaba The Iguanas, onde recibiu o seu nome artístico Iggy. Gran fan do blues, de cando en vez escapábase da universidade e ía a Chicago (Illinois) para aprender máis do blues. Inspirado por iso, do mesmo xeito que The Doors, formaron The Psychedelic Stooges e alcumouse a el mesmo Iggy Stooge, e despois Iggy Pop. Logo de dous anos de ensaios, a banda fixo o seu debut en Ann Arbor, Míchigan.

O seu debut, considerado o primeiro disco de The Stooges, editouse en 1968. Os dous primeiros álbums, The Stooges e Fun House, non tiveron repercusión nas listas de vendas, aínda que estes discos foron unha grande influencia no nacente movemento punk. Despois de que os novos membros se unisen á banda, separáronse pola adicción de Iggy á heroína.

David Bowie produciulles un álbum en Inglaterra, o famoso Raw Power («Poder cru», literalmente), considerado un dos primeiros álbums punk rock da historia, un disco cargado de provocación e contidos sexuais.

Nel atópase o seu clásico "Search and Destroy", posiblemente unha das súas cancións máis populares. O disco non estivo exento de problemas e polémica desde a súa xestación: a portada foi escollida por Tony DeFries (representante de Bowie), e a mestura fíxose nos Ánxeles, lonxe do alcance de Iggy, quen proxectaba para o álbum un son máis cru do que finalmente resultou.

Iso provocou unha polémica que durante anos marcou a historia do álbum, chegando a circular, en forma de Bootleg ou Disco pirata, unha versión titulada Rough power, coas mesturas de Iggy; este viu editada en 1997, a través de Sony, unha versión remezclada persoalmente por el, e que representaba a súa visión sobre como debería soar o disco no seu día, dándolle unha maior presenza ás guitarras e á batería, en busca dun son máis agresivo; a nova remestura espertou tanto adhesións incondicionais como rexeitamentos entre os seus seguidores.

Con James Williamson como guitarrista, tiveron problemas para buscar sección rítmica. E tiveron grandes problemas para atopar os membros, así que decidiron reunir aos Stooges. Non era tecnicamente unha auténtica reunión, pois Dave Alexander non ía tocar no álbum, polos seus problemas co alcol. Debido a iso morreu en 1975. Tamén, Ron Asheton cambiou a guitarra polo baixo para deixar a James Williamson o seu lugar. Logo da saída do álbum engadiuse un membro á banda e Bowie seguiu co seu apoio, pero os problemas tóxicos de Iggy persistiron. O último concerto dos The Stooges acabou nunha pelexa entre a banda e un grupo de moteiros documentado no Bootleg Metallic KO. A drogadicción de Iggy puxo unha paréntese na súa carreira por varios anos.

Como solista; de Kill City a Blah Blah Blah

[editar | editar a fonte]

En 1977, Iggy gravaría o álbum Kill city, con outro ex-Stooge, James Williamson; o disco incluiría temas inéditos que formaron parte do repertorio dos Stooges, como "I got nothin", e orientaría o clásico son dos Stooges cara a un campo que recordaría ao estilo de The Rolling Stones; as letras do disco falan de decadencia, vicio e desesperación: «Til you wind up in some bathroom, overdosed and on your knees» («Ata que acabas nalgún váter, con sobredose e de xeonllos»), diría no tema "Kill City", que dá título ao álbum. Este disco, a pesar de ser un traballo de Iggy e Williamson, é a miúdo considerado como un disco máis de The Stooges, por conter parte do material que formaba parte do seu repertorio, e gran parte da esencia da banda.

David Bowie e Iggy instaláronse en Berlín para desengancharse da gran cantidade de cocaína que tomaban ao día; neses tempos Bowie só se mantíña de leite e cocaína. Pop asinou con RCA e Bowie axudou a compor e producir os álbums The Idiot e Lust for Life, que foron considerados como dous dos seus mellores traballos por moitos dos seus fans. Entre 1979 e 1982 editaría unha serie de álbums con escasa repercusión, como Party ou Zombie Birdhouse e unha certa tendencia pop lixeiramente naif e psicodélica.

Volveu en 1983 logo de tres anos de pausa, nos que se desintoxicou da heroína e casou, cun novo disco no mercado influenciado polo New Wave Blah Blah Blah.

O retorno ó rock: de Instinct a American Caesar

[editar | editar a fonte]

O seu seguinte disco, Instinct, supuxo o seu celebrado regreso ao rock, acompañado á guitarra de Andy McCoy, ex guitarrista de Hanoi Rocks, co cal emprendería unha exitosa xira; no disco podíase apreciar unha certa influencia do hard rock que se escoitaba naqueles anos.

Pero sería con Brick by Brick, considerado por moitos dos seus fans como un dos seus mellores e máis completas obras, co que Iggy tomaría o primeiro plano da actualidade rockeira. O disco contou coa colaboración dos entón membros de Guns N' Roses Slash e Gabriel F. Yapur, que aparecerían no videoclip de "Home", unha canción que se convertería nun dos grandes éxitos de Iggy xunto co "Hit Candy", un medio tempo melódico cargado de dramatismo, que se convertería nun dos seus maiores éxitos; nel, Iggy cantaría a dúo coa vocalista de The B-52's, Kate Pierson. "Main street eyes", "I Won't crap out" ou "The Undefeated" son outros temas recordados deste álbum, que suporía un achegamento ao rock americano máis clásico, e un afondamento a nivel lírico e compositivo dun Iggy máis maduro e reflexivo, emulando aos cronistas sociais do rock americano como John Hiatt, músico do cal incluiríase unha composición, o tema "Something Wild".

American Caesar (1993), seguiría a liña marcada por Brick by brick, combinando potentes temas de rock and roll, como "Wild America", un dos éxitos do disco, que contaría coa colaboración de Henry Rollins, "Beside you", un medio tempo que contaría cun vídeo musical moi publicitado na MTV, e unha versión que Iggy levaba anos interpretando en directo, pero que xamais gravara; o hit dos '50 "Louie Louie".

De Naughty Little Doggie a The Weirdness; a reunión de The Stooges

[editar | editar a fonte]
Iggy Pop en 2006.

Naughty little doggie, o seu disco de 1996, retomaría unha liña rockeira máis básica, apartándose da madurez e eclecticismo das súas dous anteriores discos. Durante os anos de Instinct, Brick by brick e American Caesar, Iggy viviría unha das épocas de maior éxito comercial da súa carreira, en parte grazas ao auxe do rock que se viviu a finais dos 80, con bandas como Guns N' Roses, e posteriormente coa chegada do Grunge

En 1997 remezcló Raw Power para darlle un son máis duro, levado en parte polas queixas dos fans pola pouca consistencia da remesturas de Bowie. Coproduciu en 1999 Avenue B con Don Was, e Beat 'Em Up en 2001, un traballo que se achegaba lixeiramente ao Nu-Metal, aínda que cun enfoque máis cru, nalgúns dos seus arranxos, apartándose dos clásicos patróns nos que viña movendo o seu son. No seu traballo de 2003, Skull Ring colabora con Sum 41 e Green Day, e cos irmáns Asheton, no que na práctica supuxo a reunión dos Stooges, que interpretaron varias cancións do disco, como "Little Electric Chair"; iso levou á organización dunha xira como The Stooges, e a consolidar a reunificación da mítica banda.

Tras varios anos de xira, nos que o grupo interpretou fundamentalmente material dos seus dous primeiros discos The Stooges e Funhouse, ademais dos temas gravados para Skull Ring, obviando deste xeito Raw Power, por consideralo máis un disco de Iggy que un traballo da «auténtica» formación de The Stooges, o grupo edita en 2007 The Weirdness, o primeiro traballo que asinan The Stooges desde 1973, ano da edición de Raw Power.

Curiosidade: homenaxe a Madonna

[editar | editar a fonte]

De xeito sorprendente, Iggy participou nunha homenaxe a Madonna o 11 de marzo de 2008, con motivo da inclusión desta no Museo do Rock. Se Justin Timberlake se axeonllou ante Madonna, Iggy interpretou ao seu xeito dous éxitos dela ("Burning Up" e "Ray of Light"), e terminou gritándolle un xogo de palabras sobre "Like a Virgin".

Iggy actuou en contadas películas tanto como actor como autor de bandas sonoras. Ata a data, fixo 15 películas, entre elas Cry Baby, Sid and Nancy, A cor do diñeiro, The Crow 2, Hardware, Rugrats, Snow Day, Coffee and Cigarettes, e Dead Man. Así mesmo, protagonizou unha película española, dirixida por Oscar Aibar, chamada Atolladero. Saíu en cinco series de TV: Corrupción en Miami, Historias da cripta, As aventuras de Pete e Pete e Star Trek: Deep Space Nine.

Aínda que Iggy non teña que ver coa película, un ambiguo Ewan McGregor, drogado en Velvet Goldmine, está considerado ser modelado á súa imaxe. Do mesmo actor, en Trainspotting é o ídolo do protagonista e aparece na BSO. A súa música tamén sae en Crocodilo Dundee, así como puxo voz á música de Goran Bregovic na BSO de Arizona Dream.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Con The Iguanas

[editar | editar a fonte]

Con The Stooges

[editar | editar a fonte]

Como solista

[editar | editar a fonte]

Disco homenaxe

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy