Saltar ao contido

Robert James Eidlitz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRobert James Eidlitz
Biografía
Nacemento25 de marzo de 1864
Morte18 de maio de 1935 (71 anos)
Nova York.
Estados Unidos de América Estados Unidos.
País de nacionalidadeestadounidense.
RelixiónXudaísmo.
Educación Universidade Cornell.
Universidade Técnica de Berlín.
Actividade
Campo de traballoNumismática e arquitectura.
Premios
(1917): Medalla Huntington (ANS).

Robert James Eidlitz, nado o 25 de marzo de 1864 en Nova York e finado o 18 de maio de 1935 na mesma cidade, foi un numismático e arquitecto estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Robert J. Eidlitz naceu en Nova York o 25 de marzo de 1864, nunha familia de ascendencia xudía de Bohemia.[1] Cursou os seus estudos superiores inicialmente na Universidade Cornell, onde se graduou en 1885, e posteriormente na Universidade Técnica de Berlín, onde estudou Arquitectura.[2][3][4]

Eidlitz arquitecto e construtor

[editar | editar a fonte]

Eidlitz comezou a súa vida laboral na empresa de construción propiedade do seu pai, Marc Eidlitz & Son, Inc.,[3] encargada de construír algúns dos edificios máis destacados de Nova York, como o do Banco da Reserva Federal, o Museo Cloisters, a Academia de Medicina de Nova York, o Yale Club, a Astor Library, o edificio AT&T ou un anexo do edificio da Bolsa de Nova York en Wall Street. En 1928 foi nomeado presidente da compañía, logo do falecemento do seu irmán máis vello.[2][4]

Eidlitz numismático

[editar | editar a fonte]

Paralelamente á súa dedicación á arquitectura, Eidlitz foi un entusiasta numismático e coleccionista de medallas de temática arquitectónica, asunto sobre o que publicou un manual en 1927.[2][5] En 1910 ingresou na American Numismatic Society (ANS) e desde 1916 ata a súa morte en 1935 formou parte do seu consello de dirección.[4] Nesta institución promoveu a emisión dunha serie de medallas conmemorativas e participou na comisión que estableceu un dos galardóns máis destacados dos que ofrece a ANS: o premio Sanford Saltus de Medalla.[4]

Tamén como construtor, a empresa de Eidlitz encargouse da construción na década de 1920 dunha nova á do edificio Audubon Terrace, que foi a sede da American Numismatic Society ata 2008.[3] Tras a súa morte, a ANS estableceu en 1955 o Fondo Eidlitz para o Mantemento de Edificios, a partir dun legado que deixara para tal fin o propio Eidlitz.[6] De igual xeito, tamén doou á Sociedade a súa colección de medallas sobre arquitectura.[3][4]

Robert Eidlitz faleceu en Nova York o 18 de maio de 1935, aos 71 anos.[4]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Estes son traballos monográficos sobre medallística publicados por Robert James Eidlitz:[8]

  1. Rechcigl, M. (2018).
  2. 2,0 2,1 2,2 Rechcigl, M. (2021).
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Smith, P. (2012).
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "Eidlitz, Robert J. (Robert James), 1864-1935". American Numismatic Society.
  5. Véxase (1927) en "Publicacións".
  6. Adelson, H. L. (1958). The American Numismatic Society 1858-1958. American Numismatic Society, Nova York. Páxina 283.
  7. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  8. "Eidlitz, Robert James 1864-1935". WorldCat Identities.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Rechcigl, M. (2018). "Robert James Eidlitz". En American Jews with Czechoslovak Roots. Páxina 219.
  • Rechcigl, M. (2021). "Robert James Eidlitz (1864-1935)". En American Men and Women in Medicine, Applied Sciences and Engineering with Roots in Czechoslovakia. Authorhouse, Bloomington. ISBN 978-1-6655-1598-9
  • Smith, P. (2012). "Eidlitz, Robert James". En American Numismatic Biographies. Páxina 114.
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy