Ioannis Touratsoglou
Nome orixinal | (el) Ιωάννης Τουράτσογλου |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1940 Tesalónica, Grecia |
Morte | 13 de setembro de 2021 (80/81 anos) |
País de nacionalidade | Grega |
Educación | Universidade de Tesalónica |
Q89547790 | Director de: - Museo Numismático de Atenas. - Museo Arqueolóxico de Atenas. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e arqueoloxía |
Ocupación | numismático, arqueólogo |
Empregador | Museo Numismático de Atenas |
Profesores | Geōrgios Bakalakēs (en) |
Premios | |
- (2001): Medalla Gunnar Holst. - (2002): Jeton de Vermeil. - (2012): Medalla Huntington. |
Ioannis Touratsoglou (en grego: Ιωάννης Τουράτσογλου; tamén transcrito como Giannēs e Giánnīs)[1], nado en 1940 en Tesalónica, e finado o 13 de setembro de 2021,[2] foi un numismático e arqueólogo grego, especialista na moeda grega e bizantina.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ioannis Touratsoglou estudou Arqueoloxía Clásica na Universidade Aristóteles de Tesalónica, onde tivo profesores como Georgios Bakalakis, Manolis Andronikos ou Ioannis Kakridis. En 1967 ingresou no Servizo Arqueolóxico de Grecia.[3]
De 1982 a 1993 foi conservador do Museo Numismático de Atenas e en 1994 foi nomeado director desta institución. En 1999 accedeu, así mesmo, á dirección do Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas, e compaxinou ambos os cargos ata a súa xubilación en 2002.[4]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 2009, os seus colegas numismáticos honrárono polos seus 35 anos de dedicación ao Servizo Arqueolóxico, coa publicación dunha obra conxunta en dous volumes titulada Κέρματα Φιλίας.Κέρματα φιλίας. Τιμητικός τόμος για τον Ιωάννη Τουράτσογλου ("Moedas de amizade. Volume na honra de Ioannis Touratsoglou").[5][4]
O día 25 de maio de 2017 foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade Aristóteles de Tesalónica.[3]
Premios
[editar | editar a fonte]- (2001): Medalla Gunnar Holst, da Fundación Numismática Gunnar Holst, de Gotemburgo, Suecia.
- (2002): Jeton de Vermeil, da Société française de numismatique.[6]
- (2012): Medalla Huntington, da American Numismatic Society.[4][7][8]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma das monografías e dos artigos numismáticos e arqueolóxicos máis salientables da traxectoria académica de Touratsoglou.[9][10][11]
Monografías
[editar | editar a fonte]- (1988). Die Münzstätte von Thessaloniki in der römischen Kaiserzeit (32/31 v. Chr. bis 268 n. Chr.). De Gruyter. ISBN 978-3110111743
- (1993). The coin circulation in Ancient Macedonia (ca. 200 BC -268-286 AD). The Hoard Evidence. Hellenic Numismatic Society, Atenas. ISBN 9789602203743
- (1995). Macedonia: History, Monuments, Museums. A Complete Guide with Maps and Plans. Ekdotike Athenon, Atenas. ISBN 978-9602133309
- (2000). The Alexander of the coins. Bank of Cyprus Cultural Foundation. ISBN 978-9963420872
- (2006). Greece and the Balkans before the End of Antiquity. Hellenic Numismatic Society, Atenas. ISBN 9789608745728
- (2008). The Kratigos, Mytilene treasure : coins and valuables of the 7th centure AD (con E. Chalkie et al.). Byzantine & Christian Museum, Atenas. ISBN 9789602147351
- (2010). A Contribution to the Economic History of the Kingdom of Ancient Macedonia (6th-3rd cent. BC). Lydia Lithos, Atenas. ISBN 9789608898516 [12]
Artigos
[editar | editar a fonte]- (1968). "Une « Aréthuse » et autres figurines de Chalcidique du musée de théssalonique". En Bulletin de Correspondance Hellénique. 92-1. Páxinas 37-71.
- (1977). "Les émissions de couronnement dans le monnayage byzantin du XIIIe siècle" (con P. Protonotarios). En Revue numismatique. Société française de numismatique. 19. Páxinas 68-76.
- (1999). "The Numismatic Museum of Athens Arquivado 08 de outubro de 2020 en Wayback Machine.". En Compte Rendu. 46. International Numismatic Council. Páxinas 69-73.
- (1987). "Macedonia". En Burnett, A. M. The coinage of the Roman World in the Late Republic. Páxinas 53-78.
- (2002). "La monnaie byzantine aux XIIe-XIIIe siècles et le témoignage des trouvailles de Grèce : à propos d'un ouvrage récent". En Revue numismatique. Société française de numismatique. 158. Páxinas 385-404.
- (2006). "Les Galates sous les pentes de l'Olympe : le trésor IV de Néos Pantéléïmon, lieu-dit Krania, 2000". En Revue numismatique. Société française de numismatique. 162. Páxinas 99-116.
- (2010). "Coin production and coin circulation in roman Peloponnese". En Rizakis, A. D. et al. (eds). Roman Peloponnese III. Society, Economy and Culture under the Roman Empire: Continuity and Innovation. Atenas. Páxinas 235-251.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tourátsoglou, Giánnīs". Catalogue général BnF.
- ↑ Touratsoglou
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Kontrarou, Ninetta. (2017).
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Thermou, M. (2013).
- ↑ "ΚΕΡΜΑΤΙΑ ΦΙΛΙΑΣ – Studies in Honour of Ioannis Touratsoglou (2 vols)". Aegeus. Society for Aegean Prehistory.
- ↑ "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
- ↑ "2012 and 2013 Huntington Awards for excellence in numismatic scholarship". Coins Weekly. 28 de marzo de 2013.
- ↑ "Touratsoglou, Ioannis Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Touratsoglou, Jean". Persée.
- ↑ "Touratsoglou, Giannēs" e "Touratsoglou, Ioannis". WorldCat.
- ↑ "Important book of the economic history of the Kingdom of Ancient Macedonia". En Coins Weekly. 23 de marzo de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kontrarou, Ninetta. (2017). "Επίτιμος διδάκτορας του ΑΠΘ ο αρχαιολόγος Ιωάννης Τουράτσογλου" (Doutor honorario da Universidade Aristóteles de Tesalónica, arqueólogo Ioannis Touratsoglou). En Enetpress. 22 de maio.
- Thermou, M. (2013). "Διεθνής βράβευση στον νομισματολόγο Ιωάννη Τουράτσογλου" (Premio internacional ao numismático Ioannis Touratsoglou). En Το Βήμα. 9 de maio.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Nados en 1940
- Finados en 2021
- Nados en Tesalónica
- Numismáticos de Grecia
- Arqueólogos de Grecia
- Galardoados coa medalla Huntington
- Galardoados co Jeton de Vermeil
- Galardoados coa medalla Gunnar Holst
- Alumnos da Universidade Aristóteles de Tesalónica
- Doutores honoris causa pola Universidade Aristóteles de Tesalónica
- Directores de museos