Saltar ao contido

Michael Dolley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMichael Dolley
Biografía
Nacemento6 de xullo de 1925
Oxford, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte29 de marzo de 1983 (57 anos)
Cork
Irlanda
País de nacionalidade Británica
Educación Universidade de Londres
Q89547790Estudos de numismática anglosaxoa.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónhistoriador, numismático, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorQueen's University of Belfast (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxePhyllis Mary Harris (1950). Editar o valor en Wikidata
Premios
- (1959): Medalla Sanford Saltus (BNS).
- (1965): Premio Lhotka (RNS).
- (1979): Medalla Elias Brenner (SNF.
- (1981): Medalla da RNS.
- (1982): Medalla Huntington (ANS).
- Medalla Bjørnstad (NNF).

Reginald Hugh Michael Dolley, nado en Oxford, Inglaterra, o 6 de xullo de 1925 e finado en Cork, Irlanda, o 29 de marzo de 1983, foi un numismático e historiador británico, especializado na moeda medieval británica.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Michael Dolley naceu en Oxford o 6 de xullo de 1925, fillo do funcionario A. H. F. Dolley coas súas raíces familiares no condado de Galway, e de Margaret Horgan, proveniente do condado irlandés de Limerick. Foi bautizado co nome de Reginald Hugh e na súa confirmación engadiu Michael, o nome co que se coñeceu na súa vida académica.[2][3]

Dolley cursou a súa educación secundaria no Wimbledon College e os seus estudos superiores no King's College, da Universidade de Londres, onde se graduou en Historia Antiga e Medieval.[2]

Logo da súa graduación ocupou o posto de conservador axudante no Museo Marítimo Nacional de Greenwich (1948-1951) e no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico (1951-1963).[2][3]

Posteriormente comezou a súa carreira docente na Queen's University Belfast, en Irlanda do Norte, como profesor de Historia Medieval (1963-1969) e de Historia Moderna (1969-1975), ata que finalmente foi o primeiro en ocupar a nova cátedra de Numismática Histórica (1975-1978). En 1978 trasladouse a Australia, para impartir a materia de Historia na Universidade de Nova Inglaterra, en Armidale, Nova Gales do Sur. Uns meses antes do seu falecemento en 1983, foi honrado co título de doutor honoris causa pola Universidade de Londres.[2][4]

Entre outras entidades asociativas e académicas, Dolley formou parte da Sociedade de Anticuarios de Londres (1955) e da Real Academia Irlandesa (1964), da que ocupou a vicepresidencia entre 1972 e 1973. Tamén foi membro da Royal Historical Society (1965), membro correspondente da Real Academia Sueca de Letras, Historia e Antigüidades (1970) e membro estranxeiro da Real Academia Dinamarquesa de Ciencias e Letras (1979). No ámbito numismático, foi recoñecido pola Sociedade Numismática Sueca, a Sociedade Numismática Británica, a Sociedade Numismática Norueguesa, a Royal Numismatic Society e a American Numismatic Society.[2][5]

No ámbito editorial, entre 1964 e 1977 foi editor do British Numismatic Journal, publicado pola Sociedade Numismática Británica.[3] Desde 1956 ata o seu falecemento, foi o editor xeral da serie editorial Sylloge of coins of the British Isles.[6]

Á marxe da numismática e da vida académica, Dolley formou parte do comité constituído para a conmemoración do "Alzamento de Pascua" de 1916 e afiliouse ao Grupo Nacional Demócrata, que en 1965 se converteu nun partido político. Tamén formou parte do primeiro comité da Asociación para os Dereitos Civís de Irlanda do Norte, en 1969.[2]

En 1983 desprazouse a Cork para aceptar o recoñecemento como doutor honoris causa pola Universidade Nacional de Irlanda, aínda que a súa mala saúde neses días lle impediu asistir á cerimonia, celebrada in absentia, e faleceu nesa cidade cinco días despois, o 29 de marzo. Dolley foi soterrado xunto á súa nai en Cuckfield, West Sussex.[2][5]

Vida familiar

[editar | editar a fonte]

Michael Dolley casou en 1950 con Phyllis Mary Harris, unha antiga compañeira de estudos no King's College de Londres, con quen tivo cinco fillas e dous fillos.[2][3]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Doutoramentos honoris causa

[editar | editar a fonte]
  • (1983): Doutor honoris causa pola Universidade Nacional de Irlanda.[2]
  • (1983): Dourtor honoris causa pola Universidade de Londres.[2]

Ademais destes recoñecementos, en 1986 publicouse na súa memoria un volume con colaboracións de diversos numismáticos e preparado por Mark Blackburn, baixo o título de Anglo-Saxon monetary history.[12]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Na súa vida académica, Michael Dolley foi autor de arredor de 900 artigos e colaboracións, así como once traballos monográficos:[2][13][14]

  • (1958). Some reflections on Hildebrand type A of Aethelraed II. Kungliga Vitterhets Historie och Antikvitets Akademien, Estocolmo.
  • (1961). Anglo-Saxon coins; studies presented to F.M. Stenton on the occasion of his 80th birthday, 17 May, 1960 (ed.). Methuen, Londres.
  • (1964). Anglo-Saxon Pennies. British Museum, Londres.
  • (1965). Viking coins of the Danelaw and of Dublin. British Museum, Londres.
  • (1966). The Carolingian coins in the British Museum (con K. F. Morrison). British Museum, Londres.
  • (1966). The Norman conquest and the English coinage. Spink, Londres.
  • (1971). A bibliography of coin hoards of Great Britain and Ireland, 1500-1967. Special Publications of the Royal Numismatic Society 6. Royal Numismatic Society / Spink, Londres. ISBN 9780901405012
  • (1972). Medieval Anglo-Irish coins. Queen's University Belfast / Seaby. ISBN 9780900652301
  • (1972). Anglo-Norman Ireland, c1100-1318. Gill and MacMillan, Dublín. ISBN 9780717105601
  • (1976). Some Irish dimensions to Manx history. Queen's University of Belfast. ISBN 9780853891093
  • (1983). Early Medieval Coins from Lincoln and its Shire c. 770-1100 (con M. Blackburn e C. Colyer). Council for British Archaeology, Londres. ISBN 9780906780268

Serie Sylloge of coins of the British Isles

[editar | editar a fonte]
  • (1966). The Hiberno-Norse coins in the British Museum. Sylloge of Coins of the British Isles 8. British Museum, Londres.
  • (1968). Ulster Museum, Belfast. Part I. Anglo-Irish Coins, John - Edward III. Sylloge of coins of the British Isles, 10. British Academy / Ulster Museum.
  • (1969). Anglo-Saxon and Norman Coins. Royal Coin Cabinet Stockolm. Anglo-Norman Pennies (con C. E. Blunt). Sylloge of coins of the British Isles, 11. British Academy, Londres.
  • (1972). Bristol and Gloucester Museums: ancient British coins and coins of the Bristol and Gloucestershire mints (con C. E. Blunt e L. V. Grinsell). Sylloge of coins of the British Isles, 19. British Academy, Londres. ISBN 9780197259320
  • (1975). Royal Collection of Coins and Medals. National Museum Copenhagen. Part V. Hiberno-Norse and Anglo-Irish Coins (con G. Galster e J. S. Jensen). Sylloge of coins of the British Isles, 22 . British Academy, Londres.
  1. "Michael Dolley". Lex.dk
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 Williams, F. C. (2009).
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Lyon, S. (1982). Páxina 265.
  4. Lyon, S. (1982). Páxinas 269-270.
  5. 5,0 5,1 Lyon, S. (1982). Páxina 270.
  6. "Sylloge of Coins of the British Isles: Introduction". The Fitzwilliam Museum.
  7. "Sanford Saltus Gold Medal". British Numismatic Society.
  8. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  9. "SNF:s Elias Brenner-medalj för förtjänsterinom numismatiken". Svenska Numismatiska Föreningen.
  10. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  11. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  12. Blackburn, M. A. S. (1986). Anglo-Saxon monetary history : essays in memory of Michael Dolley. Leicester University Press; Leicester. ISBN 9780718512392
  13. "Dolley, Michael". WorldCat Identities.
  14. "Dolley, Reginald Hugh Michael 1926-1983 Arquivado 20 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy