Saltar ao contido

Sydney P. Noe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSydney P. Noe
Biografía
Nacemento4 de abril de 1885
Woodbridge, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte6 de abril de 1969 (84 anos)
País de nacionalidadeEstadounidense
Educación Universidade Rutgers.
Actividade
Campo de traballoNumismática
Ocupaciónbibliotecario, conservador, numismático Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios
- 1937: Medalla Huntington (ANA).
- 1949: Medalla da RNS.
- 1965: Medalla de ouro (ANA).

BNE: XX1257299

Sydney Philip Noe, nado o 4 de abril de 1885 en Woodsbridge, Nova Jersey, e finado o 6 de abril de 1969, foi un bibliotecario e numismático estadounidense especializado na moeda da Antiga Grecia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Noe naceu o 4 de abril de 1885 en Woodbridge Township, un municipio do condado de Middlesex en Nova Jersey. En 1913 graduouse cun mestrado en Enxeñaría na Universidade Rutgers. Durante a súa estadía na universidade compaxinou os seus estudos cun traballo a tempo parcial na biblioteca, na que se lle pediu que clasificase unhas moedas procedentes dunha doazón, e esa foi a orixe do seu interese pola numismática.[1][2]

Noe ingresou na American Numismatic Society (ANS), de Nova York, en 1915, onde traballou como bibliotecario ata 1938. Nesa institución ocupou o posto de conservador (1938-1947) e foi ascendido en 1947 a conservador, e nomeado en 1953, cando se xubilou, conservador xefe emérito. Na ANS foi tamén secretario (1917-1947) e editor (1921-1945), nunha época en que a Sociedade lanzou dúas importantes series editoriais: Numismatic Notes and Monographs e Numismatic Studies.[1][2][3]

Nas súas investigacións, Noe especializouse na moeda da Antiga Grecia, aínda que tamén amosou interese por outros aspectos da numismática, como as moedas de Massachusetts da época colonial, as fichas comerciais das facendas mexicanas ou achados monetarios nos Estados Unidos, como o do tesouro de Castine.[4]

En 1953 foi nomeado membro honorario da Comisión Internacional de Numismática.[5]

Sydney Philip Noe faleceu o 6 de abril de 1969 nun hospital de New Brunswick, en Nova Jersey.[2]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]
The medallic work of A. A. Weinman (1921), obra de Sydney P. Noe

Noe foi autor de máis de 40 publicacións, entre monografías e artigos, maioritariamente relativas á numismática grega. Esta é unha escolma das súas monografías máis salientables:[1][9][10]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Noe, Sydney P. (Sydney Philip), 1885-1969". American Numismatic Society.
  2. 2,0 2,1 2,2 Smith, P. (2020).
  3. "Profiles in Numismatics, Sydney P. Noe 1885-1969 Arquivado 01 de abril de 2021 en Wayback Machine.". En The Celator. Vol. 13. Nº 7. Xullo de 1999. Páxina 28.
  4. Véxase a sección "Publicacións".
  5. "Les membres honoraires de la CIN, vivants ou défunts Arquivado 13 de xullo de 2020 en Wayback Machine.". En Compte rendu 55. 2008. Comission Internationale de Numismatique. Páxina 114.
  6. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  7. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  8. "Sydney P. Noe Medal (1965)". En Miller, S. H. (2015). Medallic Art of the American Numismatic Society, 1865–2014. American Numismatic Society. Páxina 132. ISBN ISBN 978-0-89722-335-5
  9. "Noe, Sydney Philip 1885-1969 Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  10. "Noe, Sydney P. (Sydney Philip) 1885-1969". WorldCat Identities.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy