Saltar ao contido

Ya'akov Meshorer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaYa'akov Meshorer
Biografía
Nacemento14 de agosto de 1935.
Xerusalén Editar o valor en Wikidata
Morte23 de xuño de 2004 (69 anos)
Xerusalén.
Israel
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeIsraelí.
RelixiónXudaísmo.
Educación Universidade Hebrea de Xerusalén.
Q89547790Estudos de numismática da Terra Santa.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónarqueólogo clásico, arqueólogo, numismático, profesor universitario, museólogo Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAdaya Weiss (1956). Editar o valor en Wikidata
Premios
- (2001): Medalla Huntington (ANS).
- (2001): Premio Yad Ben-Zvi.
- (2002): Irene Levi-sala Book Prize.

Ya'akov Meshorer, nado o 14 de agosto de 1935 en Xerusalén e finado o 23 de xuño de 2004 na mesma cidade, foi un numismático israelí, conservador xefe de arqueoloxía do Museo de Israel.[1][2][3][4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orixe familiar e formación

[editar | editar a fonte]

Meshorer naceu en 1935 no seo dunha familia de orixe Mani asentada na zona de Xerusalén durante séculos. Tanto el coma o seu irmán xemelgo, Asher, adoitaban procurar moedas antigas nos arredores da cidade, que estaba urbanizándose naquelas datas. En 1949, cando tiñan 14 anos, acordaron doar as moedas que conseguiran ao Departamento de Antigüidades de Israel.[5][6]

Ya'akov ingresou nas Forzas de Defensa de Israel en 1954 para facer o seu servizo militar e, antes de completalo, en 1956 fíxose membro de kibbutz Hatzerim, dentro do cal casou, ese mesmo ano, con Adaya Weiss. Meshorer fundou un museo nese kibbutz antes de trasladarse a Xerusalén en 1960, para cursar os seus estudos superiores de Arqueoloxía e Historia Xudía na Universidade Hebrea de Xerusalén, onde se graduou en 1966. Na mesma universidade acadou o doutoramento en Numismática en 1971, cunha tese sobre a moeda nabatea que se publicou en 1975.[5][6][7]

Carreira académica

[editar | editar a fonte]

Meshorer ingresou no Museo de Israel e nel estableceu a División de Numismática en 1969, da que foi o seu director ata 1993. Simultaneamente exerceu como conservador xefe de Arqueoloxía na Universidade Hebrea de Xerusalén en dous períodos: 1975-1982 e 1990-1996. Na mesma universidade comezou a impartir docencia de Numismática en 1983. Meshorer retirouse do seu posto no Museo de Israel en 2000.[8]

Tamén foi membro do Consello Arqueolóxico da Autoridade de Antigüidades de Israel e supervisou o establecemento de dous museos dedicados á arqueoloxía bíblica: o Centro Comunitario Xudeu de Cleveland en 1976 e o Museo Hecht da Universidade de Haifa en 1984. Así mesmo, formou parte da Dirección da Sociedade Israelí para as Medallas e as Moedas, no seo da cal participou na escolla dos deseños das moedas do moderno Estado de Israel, moitas delas baseadas noutras moedas da antigüidade xudía.[5][9]

Ademais do seu labor docente principal en Xerusalén, Meshorer foi tamén profesor invitado en diversas entidades de todo o mundo, como a American Numismatic Society, de Nova York, a Universidade Duke, o Museo Británico, o Seminario Teolóxico Xudeu de Nova York ou a Biblioteca Nacional de Francia, en París.[9]

En paralelo á súa traxectoria académica, Meshorer serviu como reservista nas Forzas Armadas de Israel e en 1967 resultou levemente ferido na Guerra dos Seis Días. Posteriormente actuou tamén como oficial da unidade de enlace da ONU.[6]

Meshorer finou como consecuencia do cancro en Xerusalén aos 69 anos, en 2004.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Premio Numismático Ya'akov Meshorer

[editar | editar a fonte]

En 2002 o Museo de Israel estableceu na súa honra o Premio Numismático Ya'akov Meshorer, que conta entre os seus premiados con numismáticos tan sobranceiros como Andrew Burnett, Michel Amandry ou Michael Metcalf.[9][10][11]

Premios acadados

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Meshorer publicou case unha vintena de libros e máis dun cento de artigos, a maioría deles acerca das moedas da Terra Santa:[5][13][14]

Monografías

[editar | editar a fonte]
  • (1967). Jewish Coins of the Second Temple Period. Am Hassefer, Tel Aviv.
  • (1970). The production of coins in the ancient world. Israel Museum, Xerusalén.
  • (1972). Inscriptions reveal: documents from the time of the Bible, the Mishna and the Talmud. Israel Museum, Xerusalén.
  • (1975). Nabataean coins. Institute of Archaeology, Hebrew University of Jerusalem.
  • (1980). Coins of the Ancient World. Lerner Pub, Minneapolis. ISBN 9780822508359
  • (1981). Palestine-South Arabia. Serie Sylloge Nummorum Graecorum. American Numismatic Society. ISBN 0-89722-187-7
  • (1982). Ancient Jewish Coinage. Anfora Books. Nova York.
    • Volume I: Persian Period Through Hasmonaeans.
    • Volume II: Herod the Great Through Bar Cochba.
  • (1985). City-Coins of Eretz-Israel and the Decapolis in the Roman Period. The Israel Museum, Xerusalén. ISBN 9789652780362
  • (1988). The coins of ancient Meiron (con J. Rainor). ASOR/Eisenbrauns Winona Lake, Indiana. ISBN 9780897572088
  • (1989). The Coinage of Aelia Capitolina. Israel Museum, Xerusalén. ISBN 9789652780768
  • (1991). The Coinage of Samaria in the Fourth Century BCE (con Shraga Qedar). Numismatics Fine Arts International. ISBN 9780962698712
  • (1999). Samarian coinage (con Shraga Qedar). Israel Numismatic Society, Xerusalén. ISBN 9789652229656
  • (2000). Testimoney. Israel Museum, Xerusalén. ISBN 9789652782564
  • (2001). A Treasury of Jewish Coins From the Persian Period to Bar-Kochba. Yad Ben-Zvi Press, Xerusalén. ISBN 9789652171894
  • (2001). A Treasury of Jewish Coins. Amphora Books. ISBN 0-9654029-1-6
  • (2006). Coins of the Holy Land (con G. Bijovsky et al.). American Numismatic Society. ISBN 9780897222839
  1. Gitler, H. (2004) Arquivado 12 de maio de 2022 en Wayback Machine..
  2. Gitler, H. (2005).
  3. ANS (2004) Arquivado 26 de febreiro de 2021 en Wayback Machine..
  4. Krmnicek, S. (2014).
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gitler, H. (2005). Páxina 339.
  6. 6,0 6,1 6,2 Gitler, H. (2004) Arquivado 12 de maio de 2022 en Wayback Machine.. Páxina 36.
  7. Véxase (1975) en "Publicacións".
  8. Gitler, H. (2004) Arquivado 12 de maio de 2022 en Wayback Machine.. Páxinas 36-37.
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 Gitler, H. (2004) Arquivado 12 de maio de 2022 en Wayback Machine.. Páxina 38.
  10. 10,0 10,1 10,2 Gitler, H. (2005). Páxina 340.
  11. 11,0 11,1 "The Ya'akov Meshorer Numismatic Prize". The Israel Museum, Jerusalem.
  12. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  13. "Meshorer, Ya'akov 1935-2004 Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  14. "Meshorer, Yaʻaḳov 1935-2004". WorldCat Identities.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy