Saltar ao contido

Carmen Arnold-Biucchi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarmen Arnold-Biucchi
Biografía
NacementoLugano, Suíza Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeSuíza
Educación Universidade de Friburgo.
Q89547790Estudos de iconografía numismática.
Actividade
Campo de traballoNumismática
Ocupaciónnumismático Editar o valor en Wikidata
Influencias
Premios
2012: Medalla Gunnar Holst.
2014: Jeton de Vermeil (SFN).
2022: Medalla da RNS.

Carmen Arnold-Biucchi, nada en Lugano, cantón de Tesino, é unha arqueóloga e numismática suíza, afincada nos EEUU e vinculada á American Numismatic Society.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Arnold-Biucchi estudou Arqueoloxía Clásica na Universidade de Friburgo, onde acadou o seu grao de mestrado en 1971 e o seu doutoramento en 1976, baixo a dirección de Lilly Kahil, cunha tese acerca das terracotas chipriotas, cuxa preparación a obrigou a pasar estadías en Heidelberg, Alemaña.[1][2]

O seu interese pola numismática xurdiulle durante un seminario en Friburgo impartido por Herbert Cahn.[1]

Entre 1974 e 1977 formou parte do equipo de numismáticos que se encargaron da elaboración do Lexicon Iconographicum Mythologiae Classicae (LIMC), en Basilea, no que se encargou da iconografía numismática. Este proxecto levouna a desprazarse aos EEUU, para traballar no LIMC US Center, da Universidade Rutgers, de Nova Jersey.[1]

En Nova York, Carmen Arnold-Biucchi accedeu en 1982 ao posto de conservadora axudante de moeda da Antiga Roma e da Antiga Roma na American Numismatic Society (ANS), e en 1989 foi nomeada conservadora de moeda da Antiga Grecia.[2] Na ANS, compaxinou este labor co de profesora nos seus seminarios de verán desde 1982 ata 1999.[1]

Así mesmo, foi profesora adxunta na Universidade Columbia (1995-1999), no Bryn Mawr College, de Pensilvania (2000) e na Universidade da Cidade de Nova York (2001), e profesora visitante en diversas institucións europeas, como a Universidade de Padua (1993) ou a Sorbona, en París (2007). Desde 2002 é profesora de Numismática na Universidade Harvard, onde tamén desempeña o papel de conservadora, foi a primeira, da colección de moedas antigas do Harvard Art Museum;[1][2][3] cargo do cal se retirou en 2019.[4]

En 2003 foi elixida membro do Consello Internacional de Numismática, organismo do que foi secretaria ata 2009 e presidenta entre ese ano e 2015.[1][2] En tal condición, encargouse da organización do XV Congreso Internacional de Numismática, que tivo lugar en Taormina, Sicilia, en 2015.[1][2][5]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Carmen Arnold-Biucchi é autora de ducias de artigos publicados en diversas revistas científicas sobre historia e numismática. Esta é unha selección dos seus traballos monográficos máis significativos:[9][10]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 "Arnold-Biucchi, Carmen". CoinsWeekly (en inglés). 2016-02-17. Consultado o 2023-06-14. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Carmen Arnold-Biucchi". scholar.harvard.edu (en inglés). Consultado o 2023-06-14. 
  3. "Carmen Arnold-Biucchi". En Harvard Magazine. Setembro-outubro de 2003.
  4. Walsh, Colleen (11 de setembro de 2019). "The Harvard Art Museums’ first curator of ancient coins retires after 17 years". The Harvard Gazette (en inglés). Consultado o 14 de xuño de 2023. 
  5. "Messina/Taormina 2015 Arquivado 03 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". International Numismatic Council.
  6. "Carmen Arnold-Biucchi får Gunnar Holstmedaljen 2012". En Svensk Numismatisk Tidskrift. Setembro de 2012. Páxina 114.
  7. "Médaille et jeton de vermeil – Société française de numismatique" (en francés). Consultado o 2023-06-14. 
  8. "The Society’s Medal". The Royal Numismatic Society (en inglés). 2014-05-23. Consultado o 2023-06-14. 
  9. "Carmen Arnold-Biucchi. Publications". Harvard University.
  10. "Carmen Arnold-Biucchi". id.oclc.org. Consultado o 2023-06-14. 
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy