Saltar ao contido

Pere Pau Ripollès Alegre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPere Pau Ripollès Alegre
Biografía
Nacemento1953
Castelló de la Plana, España Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidade Española
EducaciónUniversidade de Valencia
Q89547790Estudos de numismática antiga
Actividade
Campo de traballoNumismática e arqueoloxía
Ocupaciónarqueólogo, historiador, numismático, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Valencia Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Martín Almagro-Gorbea
Obra
DoutorandoTomás Hurtado, Núria Lledó, Manuel Gozalbes, Rosario Cebrián, Marivi Gomis, María M. Llorens, Carmen Delegido, David Martínez Chico [1]
Premios
- 1998: Jeton de Vermeil, da SFN .
- 2016: Medalla da Royal Numismatic Society.

Sitio webuv.es… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1723374

Pere Pau Ripollès Alegre, nado en Castelló de la Plana en 1953, é un recoñecido arqueólogo e numismático español, catedrático da Universidade de Valencia.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ripollès concluíu na Universidade de Valencia os seus estudos superiores de Historia e Xeografía en 1978, e posteriormente doutorouse en Arqueoloxía, cunha tese titulada La circulación monetaria en la Tarraconense Mediterránea(1982), dirixida por Martín Almagro-Gorbea e centrada nas emisións monetarias na cidade ibera de Saetabis (Xàtiva).[3]

Nesa universidade desenvolveu a súa actividade académica entre 1980 a 1984 como profesor axudante no Departamento de Prehistoria e Arqueoloxía, posteriormente como profesor asociado (1984-1986) e finalmente como profesor titular, posto que ocupa desde (1986).[4]

Malia a súa estreita vinculación á universidade valenciana, os seus estudos numismáticos estendéronse por todo o mundo; Ripollès foi profesor e investigador visitante en diversos centros científicos e de ensino superior como a Universidade de Oxford, a Universidade de Boloña, A Escuela Española de Historia y Arqueología de Roma, o Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, o Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, a American Numismatic Society ou o Kungliga Myntkabinettet ("Gabinete Real de Moedas") de Estocolmo.[5]

Ademais da súa dedicación académica, é moi salientable a súa actividade dentro da comunidade numismática internacional, fundamentalmente como membro correspondente da Real Academia de la Historia (Madrid) desde 2000, como editor do Internacional Numismatic e-Newsletter do Consello Internacional de Numismática (2009-2015) e, desde 2015 a 2022, como vicepresidente desta institución.[6][7][8]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Roman Provincial Coinage

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Roman Provincial Coinage.

Xunto con outros autores, Ripollès participa no proxecto Roman Provincial Coinage, da Universidade de Oxford e apoiado polo Museo Británico e a Biblioteca Nacional de Francia. Este proxecto estuda e cataloga as moedas provinciais romanas desde a morte de César ata o século II d. de C. Algúns dos seus volumes previstos (e os seus suplementos de actualización) están publicados e outros aínda en proceso, aínda que accesibles a través da web.[9][10]. Estes son os volumes publicados da serie Roman Provincial Coinage coa participación de Ripollès:[11]

Outras publicacións

[editar | editar a fonte]

Ademais, a Ripollès débenselle centos de artigos e colaboracións en obras colectivas sobre tema numismático. Esta é unha escolla, non exhaustiva, das súas obras monográficas máis salientables:[12][13][14][15]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Pere Pau Ripollès foi galardoado en 1998 co Jeton de Vermeil, recoñecemento outorgado pola Société Française de Numismatique.[16]

Foi recoñecido tamén, en 2016, coa prestixiosa medalla da Royal Numismatic Society, da que foron merecedores no seu día numismáticos da relevancia internacional de Ernest Babelon, Barclay Head, Harold Mattingly, Humphrey Sutherland ou Robert Carson.[17][18][19][20]

  1. Procura de teses dirixidas por Ripollès. Servei de Biblioteques i Documentació. Universidade de Valencia.
  2. Ficha de Pere Pau Ripollès. Universidade de Valencia.
  3. Ficha da tese de doutoramento Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine.. Servei de Biblioteques i Documentació. Universidade de Valencia.
  4. "Pere Pau Ripollès Alegre". En Numismatic Who's Who.
  5. "Curriculum Vitae. Pere Pau Ripollès Alegre Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.". Consello Internacional de Numismática (CIN).
  6. "Académicos Correspondientes en España". Real Academia de La Historia.
  7. "Committee of the INC Arquivado 05 de xullo de 2018 en Wayback Machine.". Consello Internacional de Numismática (CIN).
  8. "El professor Pere Pau Ripollès, nou vicepresident del Consell Internacional de Numismàtica”. Universitat de València.
  9. "Team Arquivado 28 de marzo de 2019 en Wayback Machine.". Roman Provincial Coinage Online.
  10. "Project". Roman Provincial Coinage Online.
  11. "Roman Provincialo Coinage volumes and contributors". Roman Provincial Coinage Online.
  12. Libros de Pere Pau Ripollès. Academia.edu
  13. "Pere Pau Ripollês Alegre. Curriculum". Universidade de Valencia.
  14. "Pere Pau Ripollès Alegre. Publicaciones Online". Universidade de Valencia.
  15. "Pere Pau Ripollès". En Dialnet. Universidade da Rioxa.
  16. "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique.
  17. "El catedràtic Pere Pau Ripollès rep a Londres la medalla de The Royal Numismatic Society". Universidade de Valencia.
  18. "The Society's Medal". The Royal Numismatic Society.
  19. "Pere Pau Ripollès recibe mañana en Londres la medalla de la The Royal Numismatic Society". En ElPeriodic.com.
  20. "RNS Medallist: Pere Pau Ripollès 2016". The Royal Numismatic Society.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy