Saltar ao contido

Ian Stewart, Barón Stewartby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras persoas tamén chamadas Ian Stewart, véxase a páxina de homónimos Ian Stewart
Modelo:BiografíaIan Stewart, Barón Stewartby
Nome orixinal(en) Ian Stewart, Baron Stewartby Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de agosto de 1935 Editar o valor en Wikidata
Morte3 de marzo de 2018 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Membro da Cámara dos Lords
20 de xullo de 1992 – 12 de novembro de 2015
Membro do 50º Parlamento do Reino Unido
11 de xuño de 1987 – 16 de marzo de 1992 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: North Hertfordshire (en) Traducir

Economic Secretary to the Treasury (en) Traducir
19 de outubro de 1983 – 11 de xuño de 1987
← John Moore, Baron Moore of Lower MarshPeter Lilley →
Membro do 49º Parlamento do Reino Unido
9 de xuño de 1983 – 18 de maio de 1987 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: North Hertfordshire (en) Traducir

Membro do 48º Parlamento do Reino Unido
3 de maio de 1979 – 13 de maio de 1983 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Hitchin (en) Traducir

Membro do 47º Parlamento do Reino Unido
10 de outubro de 1974 – 7 de abril de 1979 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Hitchin (en) Traducir

Membro do 46º Parlamento do Reino Unido
28 de febreiro de 1974 – 20 de setembro de 1974 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Hitchin (en) Traducir

Membro do Consello Privado do Reino Unido
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónJesus College Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Londres Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, numismático Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Conservador Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeDeborah Charlotte Buchan (1966–) Editar o valor en Wikidata
FillosLydia Barbara Rose Stewart, Dorothy Louisa Charlotte Amabel Stewart, Henry Ernest Alexander Halley Stewart Editar o valor en Wikidata
PaisHarold Charles Stewart Editar o valor en Wikidata  e Dorothy Irene Lowen Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Bernard Harold Ian Halley Stewart, Baron Stewartby, coñecido tamén como Lord Stewartby, nado o 10 de agosto de 1935 e finado o 3 de marzo de 2018, foi un político membro do Partido Conservador e un numismático británico. Foi membro do Parlamento desde 1974 a 1992, e da Cámara dos Lords entre 1992 e 2015.[1][2][3][4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Stewart era fillo do profesor Harold Charles Stewart FRSE e de Dorothy Irene Lowen, e tomou o seu primeiro nome do seu avó, Bernard Halley Stewart. [1]

Cursou o ensino secundario no Haileybury College e posteriormente graduouse no Jesus College, da Universidade de Cambridge, onde se graduou en estudos clásicos e despois fixo un mestrado de artes. En 1994 acadou o recoñecemento como membro honorario dese colexio universitario.[1][5]

Carreira política

[editar | editar a fonte]

Stewart foi membro do Parlamento polo distrito electoral de Hitchin desde febreiro de 1974 ata 1983, e polo de North Hertfordshire desde 1983 ata que abandonou esta cámara en 1992. Nese período exerceu os cargos como viceministro de Defensa, secretario económico do Tesouro e Ministro das Forzas Armadas.[1]

Logo de abandonar a Cámara dos Comúns, ingresou na Cámara dos Lords, tomando o título de Barón Stewartby, de Portmoak, no distrito de Perth e Kinross, o día 20 de xullo de 1992.[6] Permaneceu na Cámara dos Lords ata o seu retiro o 12 de novembro de 2015.[1][7]

Relevancia na numismática

[editar | editar a fonte]

O interese de Stewartby na moeda escocesa comezou xa na súa etapa escolar. Comezou a confeccionar unha colección de moeda escocesa mais, consciente da ausencia dunha obra completa de referencia acerca deste tema (exceptuando a xa desfasada Coinage of Scotland, publicada por Edward Burns en 1887), decidiuse a elaborala el mesmo. O resultado foi The Scottish Coinage, publicada pola editora Spink and Son en 1955.[2]

Ese interese pola numismática foi o que levou a Academia Británica a elixilo como un dos seus membros en 1981, recoñecendo as súas contribucións á numismática británica. As súas áreas de interese, ademais da moeda escocesa, foron a moeda anglosaxoa e as emisións baixomedievais inglesas. As súas publicacións acerca destes temas convertéronse de camiño en obras de referencia, aínda que Stewar non chegou a ocupar, ao longo da súa carreira, ningún posto académico.[2]

En xullo de 2007, Stewartby sufriu o roubo da súa colección de moedas escocesas, con exemplares que databan desde o século XII e que tiñan un valor estimado de 500.000 libras. Malia ofrecerse unha recompensa de 50.000 libras, as moedas non foron recuperadas.[2][8][9][10]

Vida familiar

[editar | editar a fonte]

Casou con Debora Charlotte Buchan o 8 de outubro de 1966, e xuntos tiveron dúas fillas e un fillo.[1]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 "Bernard Harold Ian Halley Stewart, Baron Stewartby". The Peerage.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Bateson, D. (2019). "Ian Stewart". En Biographical Memoirs of Fellows of the British Academy. The British Academy. Páxinas 217-240.
  3. "Ian Stewart, Baron Stewartby (1935-2018)". En Coins Weekly. 14 de marzo de 2018.
  4. Steven, A. (2018). "Obituary - Lord Stewartby, pre-eminent expert on Scottish coins who donated his collection to the Hunterian". En The Herald. 8 de marzo.
  5. "Stewartby". Who's Who 2020.
  6. "Issue: 52998. Page: 12418". The Gazette. 23 de xullo de 1992.
  7. "Lord Stewartby. Parliamentary career". UK Parliament.
  8. "Rare coins worth £500,000 stolen". En BBC News. 9 de xullo de 2007.
  9. "£50,000 reward in coin theft hunt". En BBC News. 3 de novembro de 2008.
  10. "New evidence in 'Lord Stewartby Collection case'". En Coins Weekly. 16 de febreiro de 2012.
  11. "The Parkes Weber Prize". The Royal Numismatic Society.
  12. "Ian Howard Stewart Arquivado 07 de xuño de 2020 en Wayback Machine.". Society of Antiquaires of London.
  13. "Sanford Saltus Gold Medal". British Numismatic Society.
  14. "The Rt Hon Lord Bernard Harold Ian Halley Stewartby RD FBA FRSE". Royal Society of Edinbourgh
  15. "Issue: 52563. Page: 2". The Gazette. 14 de xuño de 1991.
  16. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy