Saltar ao contido

Shin'ichi Sakuraki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaShin'ichi Sakuraki
Biografía
Nacemento1953 Editar o valor en Wikidata (70/71 anos)
País de nacionalidadeXapón Xaponés.
EducaciónUniversidade de Keiō.
Q89547790Estudos de numismática xaponesa.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónnumismático, arqueólogo, académico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Asahi.
Premios
2022: Medalla da Royal Numismatic Society.

Shin'ichi Sakuraki, nado en 1953, é un numismático xaponés, profesor universitario e autor de diversos estudos sobre a historia da moeda xaponesa e doutros países orientais.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sakuraki cursou estudos superiores de Comercio na Universidade de Keiō entre 1973 e 1977, e posteriormente un mestrado en Comercio, entre 1977 e 1979. En 2010 acadou o doutoramento en Historia pola mesma universidade.[1]

Xunto a Nobuhisa Furuta e Lyce Jankowski, Sakuraki catalogou a colección de moedas de Asia oriental no Museo Ashmolean, e tamén doou material ao Museo Fitzwilliam.[2] Ademais, o seu traballo sobre a moeda xaponesa anterior á era Meiji no Museo Británico,[3][4] en edición bilingüe en inglés e xaponés, foi descrito como de "inconmensurable utilidade para os eruditos e os coleccionistas que non len xaponés".[5]

Entre 1999 e 2018, Sakuraki foi profesor na Facultade de Economía da Universidade de Shimonoseki, e en 2019 comezou a impartir docencia no departamento de Administración de Empresas da Universidade de Asahi.[1][6]

Entre 2020 e 2024, Sakuraki participou nun proxecto de elaboración dun inventario de moedas xaponesas antigas a partir dos materiais conservados en museos de Europa.[1] Tamén formou parte dunha rede de investigadores que estudaro achados monetarios no norte de Vietnam.[7]

Sakuraki participou no XVI Congreso Internacional de Numismática celebrado en Varsovia en 2022, cun relatorio acerca das moedas xaponesas do Museo Nacional de Dinamarca.[1][8]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Escolma de publicacións

[editar | editar a fonte]
  • (2002). "New Developments in Japanese Numismatic History". En Amandry , M. et al. A Survey of Numismatic Research 2002-2007. International Numismatic Commission, Glasgow. Páxinas 578-581.
  • (2005). Kaheinimiru Dynamism: Ou Chu Nichi Hikakuno Shitenkara (Dynamism in Coinage: Europe, China and Japan, Comparative Viewpoints), Dai 12 kai Shutsudosenkakenkyukai Houkokuyoushi in Fukuoka 2005 / Proceedings of the 12th Conference of the Coin Finds Research Group held in Fukuoka 2005. Ed. Shinichi Sakuraki, Fukuoka (bilingüe en xaponés e inglés)
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "教員情報 - 櫻木 晋一 | 学校法人朝日大学". gyoseki.asahi-u.ac.jp
  2. "Details for Sakuraki, Shinichi". The Fitzwilliam Museum. Cambridge.
  3. "Catalogue of the Japanese Coin Collection (pre-Meiji) at the British Museum (with special reference to Kutsuki Masatsuna". The British Museum (Britishmuseum.uk).
  4. Véxase (2010) en "Publicacións".
  5. Crafter, T. (2012). "Review of Catalogue of the Japanese Coin Collection (pre-Meiji) at the British Museum: With Special Reference to Kutsuki Masatsuna. (British Museum Research Publication No. 174)". En Journal of the Royal Asiatic Society. Vol 22. Nº 2. Páxinas 484-486.
  6. "Sakuraki Shinichi  櫻木 晋一". En Kaken Researcher (Nrid.nii.ac.jp).
  7. Kikuchi, Y. (2021). A History of Maritime Trade in Northern Vietnam, 12th to 18th Centuries: Archaeological Investigations in Vandon and Phohien. Springer. Páxina 7. ISBN 978-981-16-4633-1
  8. XVI International Numismatic Congress in Warsaw. Book of Abstracts. International Numismatic Council. 2022. Páxina 131.
  9. "The Society’s Medal". The Royal Numismatic Society (en inglés). Consultado o 04-01-2024. 
  10. "British Museum publishes Catalogue of the Japanese Coin Collection". En Coins Weekly. 12 de abril de 2011.
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy