Saltar ao contido

Ludvig Müller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLudvig Müller

Ludvig Müller en 1868
Biografía
Nacemento(da) Carl Ludvig Müller Editar o valor en Wikidata
9 de xuño de 1809
Copenhague, Dinamarca Editar o valor en Wikidata
Morte6 de setembro de 1891 (82 anos)
Copenhague.
Dinamarca Dinamarca
País de nacionalidadeDinamarquesa.
Educación Universidade de Copenhague
Actividade
Campo de traballoNumismática e historiografía.
Ocupaciónhistoriador, numismático, teólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorMuseu Thorvaldsen (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeEleonore Frederikke Vilhelmine Gregersine Levetzau (1839). Editar o valor en Wikidata
FillosPeter Erasmus Müller, Sophus Müller Editar o valor en Wikidata
PaiPeter Erasmus Müller Editar o valor en Wikidata
Premios
(1891): Medalla da RNS.

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Carl Ludvig Müller, nado o 9 de xullo de 1809 en Copenhague e finado o 6 de setembro de 1891 na mesma cidade, foi un numismático, teólogo, historiador e museólogo dinamarqués.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Carl Lidvig Müller naceu en Copenhague o 9 de xullo de 1809, fillo do bispo Peter Erasmus Müller (1776-1834) e de Augusta L. Stub (1788-1852),[1] irmán de Adam e de Otto Müller e pai de Peter Erasmus e de Sophus Müller.[2][3]

Müller cursou o seu ensino secundario na Afterslægtselskabets Realskole e posteriormente na Metropolitanskolen, da súa cidade natal, onde aprendeu latín, grego, hebreo e historia.[1]

En 1826 aprobou o acceso á universidade e, por desexo do seu pai, fixo estudos de Teoloxía, dos que se graduou en 1832 e se licenciou en 1836. Simultaneamente preparou un certame de filoloxía oriental da Universidade de Copenhague, do que resultou gañador da medalla de ouro en 1834.[1][2][3][4]

En 1855 acadou o doutoramento en Filosofía, logo da presentación dunha tese sobre as cuñaxes de Filipo III de Macedonia, publicado ese mesmo ano dentro dunha obra máis ampla que lle mereceu, entre outros recoñecementos, o premio numismático da Académie des inscriptions et belles-lettres, de París, en 1856.[2][3][4][5][6]

Logo dos seus estudos pasou tres anos (1836-1839) no estranxeiro, visitando Berlín, Múnic, Gotinga, París, Roma e Viena para estudar arte, antigüidades e lingua árabe, e despois especializouse en numismática.[1][2][3]

Á súa volta a Copenhague, en 1839 casou con Eleonore Frederikke Vilhelmine Gregersine Levetzau, proveniente dunha familia moi desenvolvida economicamente.[1][3]

Neses anos, Müller mantivo tamén contacto co rei Cristián VIII, quen o invitou a estudar as moedas gregas e romanas, e outras antigüidades do Gabinete Real de Moedas, do que foi nomeado director adxunto en 1841 e director titular en 1865. Desde 1866 dirixiu tamén a colección real de antigüidades.[3][4][7]

Nunha visita ao seu irmán Adam en Roma, Müller coñecera a Bertel Thorvaldsen, quen lle encomendara en 1838 a catalogación das súas obras de arte e das súas antigüidades, con vistas ao establecemento dun museo. O Museo Thorvaldsens foi finalmente inaugurado en Copenhague en 1849, e un ano antes Müller fora designado como o seu inspector.[2][3][4][8]

Ludvig Müller era membro da Real Academia Sueca de Letras, Historia e Antigüidades, e da Sociedade Dinamarquesa de Ciencias (1856).[3][9]

Noutros aspectos da visa social, Ludvig Müller foi presidente da Sociedade para o Uso Adecuado da Liberdade de Prensa, entre 1841 e 1844.[8]

Logo do falecemento da súa esposa o 3 de febreiro de 1865, Müller foise retirando progresivamente da vida académica e limitouse a facer algunhas viaxes para manter os contactos establecidas ao longo da súa carreira. Logo dunha breve doenza, faleceu en Copenhague aos 82 anos, o 6 de setembro de 1891.[10]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • (1846): Cabaleiro da Orde de Dannenberg.[2]
  • (1856): Premio numismático da Académie des inscriptions et belles-lettres, de París.[3]
  • (1889): Comendador da Orde de Dannenberg.[2][9]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis representativos publicados por Ludvig Müller ao longo da súa carreira:[12][13]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Galster, G. (2021). "Ludvig Müller". En Dansk Biografisk Leksikon (Biografiskleksikon.lex.dk).
  • Jörgensen, C. (1891). "C. Lud. Müller". En Revue numismatique francaise. Páxinas 485-491.
  • Jörgensen, C. (1897). "Müller, Carl Ludvig". En Dansk Biografisk Leksikon. Vol. XI. 568-572.
  • Kjaer, H. A. (1924). "Müller, Car Ludvig". En Salmonsens Konversationsleksikon. ^Páxina 494.
  • "Мюллер, Карл Людвиг". En Энциклопедический словарь Брокгауза и Ефрона ("Dicionário Enciclopédico Efron & Brockhaus"). T. XX. 1897.
  • "Müller, 2. Karl Ludvig". En Nordisk familjebok. 1913. Páxinas 20-21.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy