Saltar ao contido

Théodore Reinach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaThéodore Reinach

Théodore Reinach en 1913
Biografía
Nacemento3 de xullo de 1960
Saint-Germain-en-Laye, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte28 de outubro de 1928
París.
Illa de Francia
Francia
Lugar de sepulturaCemiterio de Montmartre Editar o valor en Wikidata
Q61993568 Traducir
20 de maio de 1906 – 31 de maio de 1914
Secretario Xeral Société des études juives (en) Traducir
Presidente Société de linguistique de Paris (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaLa Motte-Servolex Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeFrancesa
RelixiónXudaísmo
Educación École Pratique des Hautes Études.
Actividade
Campo de traballoHistoria, numismática, antropoloxía, política, filoloxía, dereito, matemáticas
Lugar de traballo París Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemático, musicólogo, historiador, catedrático, avogado, historiador da arte, arqueólogo, político, antropólogo, lingüista, tradutor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCollège de France (pt) Traducir, catedrático (1924–1928)
École des hautes études en sciences sociales (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoIndependent Radicals (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Arquivos en
Familia
FamiliaReinach Family (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeCharlotte Marie Evelyne Hirsch-Kann (1886).
Fanny Thérèse Reinach (1891). Editar o valor en Wikidata
FillosHélène Claireau, Léon Reinach Editar o valor en Wikidata
IrmánsJoseph Reinach
Salomon Reinach Editar o valor en Wikidata
Premios
(1891): Premio Bordin (AF). (1916): Medalla da RNS.

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Yuzhakov
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
IMSLP: Category:Reinach,_Théodore Editar o valor en Wikidata

Théodore Reinach, nado en Saint-Germain-en-Laye o 3 de xullo de 1860 e finado en París o 28 de outubro de 1928, foi un arqueólogo, numismático, historiador, xurista, filólogo, epigrafista, musicólogo e político francés.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

Théodore Reinach foi o máis novo dos tres fillos de Hermann-Joseph Reinach e de Julie Büding, unha familia xudía de banqueiros orixinaria de Argovia, en Suíza, que fixera fortuna coa explotación dunha empresa ferroviaria. Os tres irmáns, Joseph, Salomon e Théodore, foron destacados eruditos en diversas áreas do coñecemento,[2] motivo polo cal foron alcumados como os irmáns Je-Sais-Tout ("Seino Todo"), tendo en conta que as súas iniciais formaban "J S T".[3]

Logo de recibir a primeira educación dun preceptor, na súa adolescencia estudou no Lycée Condorcet, coas mellores cualificacións da súa promoción, e posteriormente ingresou na Facultade de Dereito da Universidade de París, onde acadou os títulos de doutor en Dereito (1885) e en Letras (1890).[4] Tamén completou os seus estudos como alumno da Escola Práctica de Altos Estudos.[2][5]

Carreira académica

[editar | editar a fonte]
Autorretrato de Théodore Reinach arredor dos 20 anos.

De 1881 a 1886 foi un avogado adscrito ao Colexio de Avogados de París. En 1890 foi enviado a Constantinopla nunha misión arqueolóxica e a partir desa viaxe especializouse na historia da Antiga Grecia.[2] En Delfos descifrou a notación musical dun antigo himno a Apolo, de cuxa transcrición en partitura se ocupou o seu amigo Gabriel Fauré.[6][7][8]

Entre 1888 e 1907 foi redactor xefe da revista Revue des études grecques.[2][9]

Como docente, entre 1894 e 1896 impartiu clases de Numismática na Sorbona, e a partir de 1903 ensinou Historia das Relixións na École pratique des hautes études desa universidade. En 1924 ingresou como profesor de Numismática no Colexio de Francia.[3][10]

Entre outras institucións académicas, en 1905 presidiu a Sociedade de Lingüística de París e en 1909 foi elixido membro da Académie des inscriptions et belles-lettres. Tamén foi membro honorario da Royal Numismatic Society, de Londres, e da American Numismatic Society, de Nova York.[11][12]

O seu interese pola historia dos xudeus levouno a ingresar na Sociedade de Estudos Xudeus, da que foi secretario xeral en 1899. Reinach traduciu as obras do historiador xudeu-grego Flavio Xosefo[13][14] e publicou unha historia do pobo xudeu titulada Histoire des Israélites. Tamén foi un dos fundadores da Unión Liberal Israelita.[3][15]

Carreira política

[editar | editar a fonte]

A partir de 1898 comezou a pasar longas tempadas en Savoia, onde decidiu instalarse, e en 1901 adquiriu un castelo do século XVIII preto de La Motte-Servolex, que restaurou e decorou con estilo Lois XIII. Esta vasta propiedade foille legada ao Departamento de Savoia en 1936 e desde entón coñécese como Domaine Reinach, dedicada a escola pública de agricultura.[16]

Desde a súa nova residencia de Savoia 1903 lanzou un xornal para dar voz á súa tendencia política a favor dos republicanos, titulado Le Démocrate savoisien, e en 1922 cambiou a súa cabeceira a Réveil des Gauches. En 1906 foi elixido deputado por Savoia (primeira circunscrición de Chambéry) baixo as siglas do Bloque Republicano e resultou reelixido nas eleccións de 1910, aínda que non foi así en 1914. Neste período como deputado na Asemblea Nacional preocupouse destacadamente polos temas culturais, na súa condición de membro da Comisión de Ensino e Belas Artes.[17][12]

Retrato de Fanny Thérèse Reinach, segunda muller de Théodore Reinach.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

O 16 de marzo de 1886, Théodore Reinach casou con Charlotte Marie Evelyne Hirsch-Kann (1863-1889), con quen tivo dúas fillas. Logo do falecemento da súa primeira esposa casou en segundas nupcias o 31 de xaneiro de 1891 con Fanny Thérèse Reinach (1870-1917), con quen tivo catro fillos varóns.[2]

A residencia Villa Kérylos

[editar | editar a fonte]

Xa á fin da súa carreira política, Reinach trasladouse coa súa familia a Beaulieu-sur-Mer, nos Alpes Marítimos, preto da propiedade dos Ephrussi de Rothschild, en Saint-Jean Cap Ferrat, onde vivía Maurice Ephrussi, casado cunha das súas curmás. Alí, Reinach encargoulle ao arquitecto Emmanuel Pontremoli a construción, entre 1902 e 1908, de Villa Kérylos, a recreación dun luxoso palacio da Grecia Antiga. O conxunto arquitectónico tivo un custo de nove millóns de francos. Á súa morte o 28 de outubro de 1928, Théodore Reinach legou a Villa Kérylos ao Instituto de Francia.[18]

Un dos corredores de Villa Kérylos.

Os seus fillos e netos residiron alí ata a súa transformación en museo en 1967. Un dos seus fillos, Léon (1893-1943) converteuse en conservador de Villa Kérylos. El e a súa familia foron vítimas dos nazis, que asaltaron a propiedade e roubaron os cadros, a biblioteca e os arquivos relativos á construción do edificio.[18]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha listaxe dos traballos monográficos publicados por Théodore Reinach ao longo da súa carreira:[21][22]

Director editorial

[editar | editar a fonte]
  1. "Reinach, Théodore". Deutsche Biographie.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Charle, C.; Telkès, E. (1988). Páxina 209.
  3. 3,0 3,1 3,2 "Reinach Salomon et Théodore". Académie des inscriptions et belles-lettres.
  4. "Nom de l'auteur: REINACH (Théodore)". Ressources numériques en histoire de l'éducation.
  5. Glotz, G. (1928). Páxina 321.
  6. Reinach, T.; Fauré, G. (1894). Hymne á Apollon. Bornemann, París.
  7. "Théodore Reinach". Discography of American Historical Recordings.
  8. "Reinach, Théodore". IMSLP. Petrucci Music Library.
  9. Glotz, G. (1928). Páxina 325.
  10. Charle, C.; Telkès, E. (1988). Páxinas 209-210.
  11. "Théodore Reinach". The British Museum.
  12. 12,0 12,1 12,2 Charle, C.; Telkès, E. (1988). Páxina 210.
  13. Flavius Josephe. Contre Apion. Texte établi et anoté par Thèodore Reinach. Les Belles Letres, París. 1930.
  14. Véxase (1900-1929) en "Publicacións - Director editorial".
  15. Véxase (1885) en "Publicacións".
  16. "Présentation du parc et du Château Reinach". Reinach.fr
  17. "Théodore Reinach". Assemblée Nationale.
  18. 18,0 18,1 Von Bothmer, D. (1998). "La villa grecque Kérylos, domaine d’un collectionneur". En Comptes rendus de l'Académie des inscriptions et belles-lettres. Páxinas 527-553
  19. "Théodore Reinach". Académie Française. Prix de l'Académie.
  20. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  21. "Reinach, Théodore 1860-1928 Arquivado 09 de novembro de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  22. "Reinach, Théodore 1860-1928". WorldCat Identities.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy